Rosendo, Siniestro Total e León Benavente encabezan a sexta edición do Festival da Luz

Rosendo, Siniestro Total, León Benavente, Mago de Oz, Rulo y la Contrabanda ou Jarabe de Palo son algúns dos artistas que pasarán polo escenario na sexta edición do Festival da Luz, que se celebra os días 8, 9 e 10 de setembro no municipio coruñés de Boimorto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Rosendo, Siniestro Total, León Benavente, Mago de Oz, Rulo y la Contrabanda ou Jarabe de Palo son algúns dos artistas que pasarán polo escenario na sexta edición do Festival da Luz, que se celebra os días 8, 9 e 10 de setembro no municipio coruñés de Boimorto.

Cartel do Festival da Luz 2017
Cartel do Festival da Luz 2017 | Fonte: Europa Press

Organizado pola artista galega Luz Casal na súa localidade natal, este evento solidario doará nesta ocasión a recadación do despacho de billetes ao Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional Oncomet, do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Deste xeito, os fondos serán destinados á contratación de persoal, instrumental e material fungible para levar a cabo o ambicioso proxecto de investigación que desenvolve este grupo no campo da biopsia líquida.

A programación do festival, ademais das actuacións de máis de corenta artistas como Guadalupe Prata, Eladio y los Seres Queridos, New Day ou De Vacas, inclúe numerosas actividades nas diferentes zonas do recinto, como a Carpa de Cinema e Teatro ou o Mercado da Luz.

ZONA INFANTIL

Ademais, habilitarase unha zona infantil na que os máis pequenos poderán gozar de espectáculos, talleres e xogos populares ao longo de todo o día.

Siniestro Total
Siniestro Total | Fonte: lainercia.com

As entradas solidarias para este evento teñen un prezo de 10 euros por día, mentres que o abono para todo o festival custa 15 euros. Poden adquirirse a través de Internet ou de forma física no Concello de Boimorto, Viaxes Galitur (A Coruña), Discos Elepé (Vigo), Carnaby (Pontevedra), Peggy Records (Ourense), Don Disco (Lugo) e na Reixa Tenda (Santiago).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta