Ocupan o Pazo de Meirás co apoio do Bloque

Un grupo de activistas ocupou esta mañá o Pazo de Meirás, pendurando faixas a prol da súa nacionalización. Entre eles hai dirixentes e militantes do BNG e das súas mocidades, Galiza Nova.

Por Galicia Confidencial | Meirás | 30/08/2017 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

As organizacións nacionalistas están a promover a mobilización dende que empezou a acción, a media mañá, usando nas redes os cancelos  #OPazoeDoPobo  e #FranquismoNuncaMáis.

Ocupación do Pazo de Meirás
Ocupación do Pazo de Meirás

Estes mesmos slogans poden lerse nunha pancarta xigante pendurada na torre do Pazo entregado tras a Guerra Civil ao ditador Francisco Franco. Outra faixa reza “que nos devolvan o roubado! Franquismo: Nunca Máis!"

Dirixentes nacionalistas como o deputado Luis Bará, Rubén Cela (líder do BNG en Santiago) ou Anxo Louzáo (responsábel de ensino no sindicato CIG) están entre os encaramados ao tellado do polémico inmóbel.

A fronte non asumiu directamente a autoría da “ocupación simbólica”, senón que asegura que foron “activistas da memoria histórica” . Con todo, xustifícaa argumentado que “fronte ao fascismo e o espolio, un pobo en pé, que esixe reparación, verdade é devolución do roubado”. 

“A bandeira da Patria no alto da Torre de Meirás simboliza que hoxe o pazo é do pobo. Fóra franquismo da Galiza”, escribiu Néstor Rego, líder da UPG, o partido máis numeroso da fronte.

Cela (primeiro pola esquerda) e Louzao no tellado de Meirás
Cela (primeiro pola esquerda) e Louzao no tellado de Meirás | Fonte: Ruben Cela Twitter

Esta acción seguro que levantará moita polémica política. Chega nun intre no que a Xunta está nunha difícil situación, ao ceder a familia Franco a xestión das visitas a Meirás a Fundación Franco.

O colectivo fascista non se cortou xa en enarborar a cesión do Pazo para facer apoloxía do ditador e criticar aos familiares das vítimas do golpe de Estado. Ademais, neste agosto non se admitiron visitas, malia que ao ser Ben de Interese Cultural debe estar aberto polo menos certos días. A Xunta iniciou un expediente sancionador este verán á Familia Franco.

O PPdeG abriu onte a porta a tentar recuperar o Pazo para a Administración, pero de seguro que non estará de acordo coa ocupación deste mércores, por moi simbólica que sexa. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

19 Nexus 6

Esos rostros, esas expresiones entre la idiotez y la puerilidad...

18 Okupación

Habería que okupar a casa de Bieito Lobeira, Luis Bará o Cela e colgar unha esvástica do balcón para ver se lles gustaba. A final de contas levan toda a vida vivindo moi ben do diñeiro dos demais sen dar golpe

1 Leike

Pois parece que o golpe cho deron a ti!

2 undeaqui

okupación nótose que tes un nivel de intelixencia de alto a moi alto. Un robou por parte do fascismo o mesiño que a vida de lobeira...

3 Reborainalandparadaise

Eu non son de familia de esquerdas. Aclároo porque teño visto a descendentes de represaliados de esquerda xustificar ao franquismo. Algo que era entendible na época de meu avó, pero non hoxe. Coma lles podedes facer iso moitos aos vosos avós? Renegar deles? E terrible. Eu son de esquerdas, pero nunca renegarei da tradición da miña familia: carlista por un lado e democrata-cristiá por outro. O cal evidentemente non implica que eu comparta a súa ideoloxía. E sempre levarei no corazón a Bóveda e a súa derradeira carta porque nel encontro a confluencia de todas as galicias. https://www.lavozdegalicia.es/video... https://elpais.com/ccaa/2014/04/08/...

4 Reborainalandparadaise

Non podo entender coma persoas que teñen avós e avoas represaliados non fan oír as súas voces, sexa cal sexa o seu partido. Eu non tería calado se meu avó tivese sido represaliado. Que pena de terra a miña! Fago miñas as palabras de Alexandre Bóveda na espera de que todos saibamos ser fieis á xustiza e á verdade: "Eu morro tranquío; confío en que serei recibido donde todos queremos xuntarnos e fagoo con ledicia e confiando en Deus iste sacrificio. Quixen facer ben, traballei por Pontevedra, por Galicia e pola República e o trabucado xuicio dos homes (que eu perdoo e todos debedes perdoar) condéname. Sé agora máis home que endexamais porque é cando máis o precisas, polos nosos vellos e polos nenos, de quen, sin que puidéramos esperalo, vas ser un pouco pai. Confórtaos a todos e procura ser sempre bon. Non te arrepintas de canto ben teñas feito e podas ainda facer."

5 Reborainalandparadaise

A ver, entender non vos entendo aos ninistas da rama esquerda ou dereita porque a min formáronme nuns valores éticos e lin a Pasolini.

17 MANUEL 1959

parabens ao bng!

16 Sdvf

Grandes!!!!!!

15 Pacalaculona

Parabéns pola acción, xa esta ben de que os fascistas, corenta anos despois, se sigan rindo na cara de tododios.