Resistencia Galega está viva e pode atentar contra persoas, di a Fiscalía

A publicación dunha web e dun boletín son as bases da Fiscalía General del Estado para argumentar que a banda pode dar un salto cualitativo nas súas accións, malia que en 2016 nada fixo.

Por M.V. | Madrid | 06/09/2017 | Actualizada ás 09:03

Comparte esta noticia

Resistencia Galega, aínda que non realizou ningún ataque en 2016, está viva e pode reconstruírse. Esta é a opinión da Fiscalía General del Estado, incluída na súa memoria anual 2017 presentada onte. 

Pasado ataque de Resistencia Galega contra as obras do AVE
Pasado ataque de Resistencia Galega contra as obras do AVE

Do texto dedúcese que os corpos de seguridade están a vixiar a contorna independentista. Así, aínda que a Fiscalía recoñece que “en 2016 non se produciu ningunha acción terrorista nin tampouco realizouse ningunha detención da organización na clandestinidade”, si figura que se abriron dúas dilixencias de investigación por delitos de terrorismo “gallego” e unha por enaltecimento do terrorismo en base ao artigo 578 do código penal en relación a “Resistencia Gallega” (sic).

PROPAGANDA

A Fiscalía, ante a evidencia da ausencia de actividade, pon énfase na propaganda. Mesmo deduce que “apréciase unha maior radicalidade” e “determinación de uso da violencia contra as persoas como arma política lexítima”.

En que se basea esta suposta radicalización dunha organización que nunca atentou contra ningún individuo? A Fiscalía alude a “A Fouce. Voz da Resistencia Galega”, unha páxina que se pode atopar na “web oscura”, esa parte de Internet accesíbel mediante navegadores anónimos especiais como Tor.

Tamén alude a que en maio de  a banda publicou un boletín, suponse que escrito, baixo o título de “A guerrilheira”, que sería a súa segunda edición. 

Con todo, a Fiscalía saca peito e di que os “adeptos” a RG perderon convicción ante o arresto e fortes penas as que foron condenados os seus “responsables”. Segundo a súa opinión, a banda armada realizou 37 accións na súa historia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

4 Gallego

Es indudable que el grupo terrorista Resistencia Galega se encuentra activo. Para ello sólo hace falta observar su activa y permanente campaña en las redes sociales y en ciertas páginas web, sin descartar su presencia aquí, sugerida por ciertos mensajes llenos de odio y faltas de ortografía. Más todavía, determinadas organizaciones políticas legales le señalan los objetivos; luego ellos actúan. Se repite el esquema vasco y catalán. Sí, hay que vigilar el Pazo de Meirás

1 Antinostrus

Hoooooome...re-apareceu o Cipaiomononeuronal Maior da Iberia co Nick Ururguaio "Gayego".....estos bandarras do CNI xa non saben en que entreter aos seus palanganeiros de segunda fila!!.

2 Gallego

Antinostrus: ¿tienes algún argumento que aportar o es que el BNG no paga lo suficiente para contratar un pringao con la ESO terminada?

3 Xandaszocas

Gallego Que te paga la Fundación cerillita para que sueltes estupideces por esa boca. El bng no señaló ningún objetivo y el bng no es el brazo político de nadie no como el pp brazo político de los gal

3 EquisDe

Hai que pillarse un navegador de esos THOR que van moi ben... https://es.wikipedia.org/wiki/Tor_(...

2 Tuhj

Así así perdede o tempo con ciencia ficción e non adicarlle tempo o importante, menudo país de borregos fanatizados e alineados coa propaganda institucional, Catalunya nom me extraña que se queira independizar.

1 Phi Phi O'Sullivan

Despois da campaña de instigación ao odio ¿alguén pon en dúbida que os da memoria histórica se van a servir de Resistencia Galega para cometer un atentado en Meirás, como o cometeron en Baralla ou Beade?

1 Lionel messi

Macho tanto tu como el fiscal que os tomais resistencia galega no existe hace tiempo y si existe está topeada hasta el fondo 2l fiscal que se dedique a perseguir la corrupción y a explicar porque el fiscal de Baleares defendió con tanto ahínco a la infanta

2 Phi Phi O'Sullivan

Pues yo pondría a la policía cerca del Pazo de Meirás, porque todos sabemos que van a poner la bomba como en Beade y Baralla.