Chega a Galicia o Pergamiño Vindel, a "biblia" do galego-portugués

Román Rodríguez: "O Pergamiño Vindel está en pé de igualdade cos orixinais de Mozart ou a biblia de Gutemberg".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2017 | Actualizada ás 20:27

Comparte esta noticia

A Biblioteca e Museo Morgan de Nova York entregou este venres o Pergamiño Vindel, o manuscrito do século XIII que recolle as cantigas de amigo do trobador galego Martín Códax, á Xunta de Galicia e á Universidade de Vigo, que organizarán unha mostra no Museo do Mar entre este outubro e marzo de 2018.

Pergamiño Vindel
Pergamiño Vindel | Fonte: Europa Press

O acto contou coa presenza do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o reitor vigués, Salustiano Mato, ademais do director da Morgan, Colin B. Bailey, e outras autoridades e representantes do consulado español e portugués. Tras dous anos de negociación entre a institución académica viguesa e a Biblioteca e Museo Morgan, finalmente Galicia acollerá temporalmente una das dúas 'cantigas' manuscritas do século XIII que sobreviviron coa súa música.

O texto, creado no século XIII, estivo desaparecido ata que foi atopado en 1914 por un libreiro, Pedro Vindel --que deu nome ao pergamiño--, cando desmontaba unha encadernación da obra De Officiis, de Cicerón. Vindel publicou varias reproducións ata que vendeu o exemplar, anos despois. O documento pasou por distintas mans ata que o adquiriu o libreiro Albi Rosenthal, que o gardou na súa colección privada. No entanto, en 1970 tratou de vendelo ao Morgan, aínda que non foi adquirido ata 1977.

"A Morgan está a facer realidade un soño", destacou Salustiano Mato durante o acto de recepción do manuscrito, incidindo nos valores literarios e sentimentais que rodea esta obra coas seis cantigas de amigo de Martín Códax.

"Esta obra, cargada de sensualidade e referencias a rituais pagáns, é unha das pedras angulares da lingua propia de Galicia", insistiu Mato, quen trasladou a súa "emoción contida" pero "desbordante" ante este acto de "xenerosidade" da Biblioteca.

"UNHA PEZA FUNDAMENTAL" PARA A LINGUA GALEGA

Román Rodríguez, pola súa banda, destacou que o Pergamiño Vindel está "en pé de igualdade" na Morgan con outras "das grandes construcións da cultura" humana, como as partituras orixinais de Mozart ou a primeira biblia de Gutemberg.

Segundo destacou a Europa Press, o documento "está considerado unha das grandes xoias culturais" da historia. Para Galicia, especialmente, "é unha honra e un privilexio" que "una das pezas fundamentais da lingua e a cultura" regrese á comunidade autónoma.

O titular de Cultura insistiu en que este texto representa unha lingua "que xa era musicada e culta hai 800 anos", e unha mostra de que os galegos deben sentirse "orgullosos" do seu idioma e do seu legado histórico.

A exposición permanecerá entre outubro deste ano e marzo de 2018 no Museo do Mar de Galicia, e completarase cun programa de actos que abarcarán desde simposios, ata talleres e actividades escolares, musicais e gastronómicas, entre moitas outras.

O obxectivo, engade Rodríguez, é "pór en valor a transcendencia histórica" desta efeméride, dando a coñecer o texto por toda Galicia. Así mesmo, destacou que Rei emérito, Don Juan Carlos I, acudirá á inauguración da mostra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

6 Sentidito

No hay que asustarse ni escandalizarse porque el gallego de hace 800 años se parezca al portugués. La humanidad progresa, y hoy ya se entiende el gallego en Madrid, en Sevilla o en Buenos Aires. Un verdadero idioma internacional, sin esclavismos del pasado!

1 Fada-raposa

Churcho, este confidencial non despunta nin con provocadores fascistas de nacemento nin de pago. Que baixo caestes. Abur.

2 Hz4T

O "idioma internacional" é o código morse, o outro son pallas mentais dos nacionalismos hispano e portugués que a mesma mer da é.

3 Sentidito

No os remontéis tanto, la TVG se ve mucho en Andalucía y en las Canarias y entienden todo todito. No hay que crear diferencias donde no las hay ni encerrarse en regionalismos suicidas. Salud!

4 teutonio

Tiña un amigo de Chaves que miraba as Bolas do Dragón sen ter ningún problema coa lingua, non hai que crear diferencias donde non as hai nin encerrarse en rexionalismos suicidas.

5 Sentidito

es que los de Chaves están muy bien entrenados a entender el español, porque la guardia civil de Verín no les quiere hablar gallego ...

6 Aterriza_como_puedas

Es verdad, el mundo progresa; pero España sigue siendo la misma guarida de cantidad de animalitos que se creen muy importantes por "inventar" la fregona o el chupa chups (cosas que producirían hernia cerebral a esos animalitos) y porque por el mundo adelante son objeto de interés (¿ por qué esos animalitos aún no entienden "El Quijote" a pesar de pasárselo leyendo años, décadas, siglos, gastándose millones de euros ?, ¿De qué les sirve tener 400, 500 millones de hablantes si al final tienen que nombrar todo lo importante en inglés?)

5 Ejjj que vamos

Eu falo galego dunha aldea da Estrada e.... Este galego portugués de los finos que antes hablaban castejano y en la uni pasan a ser "os galegos de verdade" nin me interesa nin me representa. Se quero oír portugués visito ese gran país, gozo coa sus xente e logo volvo e falo o que me peta non o que me impoñen catro nacionalistos.

1 Gallego Español Bueno

Na Estrada falamos gallego, e tamén castellano por supuesto, nadie di "galego" salvo tu e catro snobs presumidillos e petulantes, todos dicimos Dios, bueno, viernes, carretera, acera, bonito, amarillo, cerdo... E si, neso coincidimos usted e eu, somos muy nacionalistas españoles, que é a Nación verdadera e natural dos estradenses (o sufijo é correcto, pues somos españoles, entiendes).

2 teutonio

Mimá pros provocadores, o que hai que facer pra recibir visitas. Por certo, alguén coñeceu ao mítico universitario en Santiago que mudou de lingua e agora é inaguantable que se cre máis galego e que corrixe aos demáis?, sempre se utiliza esta figura pra atacar aos que en liberdade e pese a todos os problemas que isto implica, elixen expresarse en galego aínda que esa non é a súa lingua. Dos pouquísimos que coñecín todos mostraban máis inseguridades á hora de falar que orgullo e vontade de corrixir aos outros. Ademáis é unha maneira de criticar un galego perfectamente lexítimo unha conducta perfectamente correcta e con certeza menos sancionada socialmente que a contraria, os galegofalantes que ao chegar a Vigo ou Coruña esconden a lingua.

4 Marcianaaterrorizada

Moi interesante a chegada do Vindel, pero eu polo que estou agora preocupada é por buscar a ver se atopo un ruso debaixo da cama... Teño que deixarvos: sinto presenzas... Serán os rusos! http://blogs.publico.es/repartidor/...

1 Marcianaaterrorizada

Máis tranquila xa. Veño de comprobar que a prensa rexional non se fixo eco da nova... Ao mellor aquí non chegaron aínda. Os que estades na costa: vixiade! https://es.wikipedia.org/wiki/%C2%A...! Ai que falla nos faría falla unha María Pita aghora para esta grave ameaza... En fin, vede a película se queredes... Eu xa cheguei á conclusión de que a miña patria é o humor...

3 Leike

Fora o Borbón da inauguración!

2 Rgjky

Tampouco hai que esaxerar. Non é o Códice calixtino nin o Tumbo A da Catedral de Santiago. Está ben, é unha peza interesante pola súa antigüedade e rareza, pero hai moitas máis merecedoras de atención.