“Secuestro” da revista Retranca por rirse do Papa e da Igrexa

A chegada de Bieto XVI a Santiago está a causar problemas para a liberdade de prensa esquecidos en Galicia dende o franquismo. Primeiro foi a sorprendente desaparición dun artigo crítico coa Igrexa da web do Galicia Hoxe. Agora é a revista humorística Retranca, que denuncia dificultades para chegar aos quioscos ante a suposta censura "moral" da súa imprenta ao novo número sobre a visita do líder relixioso.

Por Galicia Confidencial | | 26/10/2010 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

Galicia Confidencial denunciou hai dúas semanas a estraña desaparición dun artigo da web do diario Galicia Hoxe despois dun comunicado de protesta do Arcebispo polas críticas que Fran P. Lorenzo facía ao “malgasto” de cartos públicos na organización da visita do papa.

None

Esta mañá é a Revista Retranca, que dirixe Kiko Da Silva, quen denuncia un suposto novo ataque a liberdade de expresión, o “secuestro” do número sobre o Papa desta publicación satírica galega.

“Os propietarios da empresa Imprenta Jiménez Godoy, radicada en Murcia, néganse a entregar os exemplares da revista para a súa distribución, aducindo o seu desacordo moral co contido da mesma”, explica o debuxante.

Na versión de Retranca, nunha conversa telefónica mantida con Kiko da Silva, director de Retranca, o dono de Imprenta Jiménez Godoy explicou que a revista, aínda que xa estaba impresa e lista para o envío á distribuidora, non se ía entregar porque a empresa que dirixe estaba en total desacordo “co ataque ao Papa e á Igrexa”.

Retranca deixa claro que “foi a imprenta a que acudiu á nosa empresa para ofrecerse a imprimir a nosa publicación, sabendo de sobra que se trata dunha revista satírico-política”.

None

Imprenta alternativa

A publicación informa aos lectores que o número secuestrado estase a imprimir xa noutra imprenta e que"chegará aos quioscos en breve". Ademais, prepara unha posíbel demanda no xulgado.

Retranca, “a primeira revista galega de humor que consegue sobrevivir sen subvencións”, recibiu na súa curta existencia o Premio do Público do Salò do Cómic de Barcelona e acaba de recibir o Premio Ourense á Mellor Iniciativa de Banda Deseñada. Kiko da Silva fundou Retranca hai tres anos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 61 comentarios

19 desde burgos

barsowia, bd banda, retranca... el tebeo gallego es todo un punto. espero que una mala noticia se convierta en buena si hace que un publico mas general se entere de lo bien que se hacen las cosas en el noroeste peninsular. mas pronto o mas tarde, estoy seguro de que leere este numero ahora secuestrado.

18 alexandre dadas

magnífica revista que lle da mil voltas ó "El Jueves".Galicia kanibal é boisima.E a portada das fusións das caixas con Frijolito caracterizado coma Pilaf de Songoku maxistral.Por certo teño case tódolos números.Non a coñecera ninguén agás polo boca-orella;pero xa recibiu premios no saló del comic en Barna.

17 Mas...

Que a Retranca se imprimisse em Múrcia também é umha questom de Retranca? Imprimi-la em Sacauntos e nom vos passaria isso ho! xD

16 Sinbad

Pois que se coman os exemplares os do prelo. Por carcóns!

15 Alfonso García

E van máis de mil meneadas! http://www.meneame.net/story/revist... Algún dos comentaristas di coñecer ao tal Godoy e fala do Opus... tamén a bo hospital se foron refuxiar os de Retranca! Agora só lles falta sacar un suplemento co alcalde de Valladolid, Sánchez Dragó e Pérez Reverte como "el bueno, el feo y el malo" e desta arrasan! Viva Retranca! viva a retranca!

1 Manoliño

Non hai que fiarse dos meneos filonacionalistas. Xa contei eu que cando hai meses os do PP levaron ao concello da Coruña a oficialización do topónimo La Coruña, La Voz fixo unha enquisa. Os votos a favor do si á cooficialidade mantíñanse constantes durante semanas no 60-70%, pero como a falta de apoios a estratexia é o engano, tiveron a ocorrencia de votar "non" continuamente (supoño que cambiarían de IP e tal) de tal xeito que nesa mañan de hora en hora o % de nones á cooficialidade subía un 10% de hora en hora. La Voz, tivo que retirar a enquisa. Esta revista non a coñece nin o gato, dígovolo eu. É un remake de El Jueves, que hasta se parece a esta revista no deseño de portada. Senón chega a ser pola subvención que chucharán, dígovos eu que xa tería desaparecido, que vos, moito galego e moito carallo, pero de ler, e ler en galego, poucos e pouco.

2 Verme

Boa noite PPredicador. Sei que xa atópache outro contubernio masónico filonacionalista. A ver si te enteras a revista Retranca non recibe NINGHUNHA subvención pública, e mantense só dos seus lectores, vas de CSI e non te enteras, mentes tanto como escribes. Quen come o diñeiro público e regala os xornais é ese medio do que falas da enquisiña que tan pouco che gustou polo resultado.Por certo a "viñeta do papa" da portada ademais de graciosa di verdades como mundos posto que a igrexa católica é maior potencia financieira, acumuladora de riqueza e propietaria de bens que existe e o maior corredor de bolsa do mundo. En canto saia Retranca xa a merco sen falta!

3 Alfonso García

Disque filonacionalistas. Manoliño, ti e os sete negros que escriben por ti perdestes a cachola. Imaxino que pensas que falo de Chuza! pero falo de Menéame, e alí filonacionalistas, escasos, moi escasiños, sabes? Saca as anteolleiras un cachiño, le con calma e logo dalle á tecla e predica con xeito. Se non fas así, perderás credibilidade ante os teus amos. Ante os que aquí adoitamos comentar non tes ningunha hai tempo.

4 Manoliño

¿Logo La Voz é filonacionalista porque os nacionalistas lle manipulen unha enquisa? Verme: a iso de que "Retranca non recibe NINGHUNHA subvención pública", cádralle ben aquelo de: afirmacións extraordinarias requiren probas extraordinarias.

5 Verme

Esa pregunta é unha rebuznancia que non vale a pena contestar. Ou estás xa de baixón a estas horas ou debes de ser o Manoliño da quenda da noite. Retranca non ten subvencións PPredicador, a ver si te enteras. http://revistaretranca.blogspot.com...

6 orgulloso do que son

Duas grande verdades, por calquera de nós claramente sustanciadas no diario, non no "xornal": LVG é filonacionalista e afirmacións son afirmacións ordinarias e extraordinarias. Para extraordinario xa temos o Sorteo de Navidad da Notería Nacional.

7 Manoliño

¿Que non ten subvencións? Dixen que afirmacións extraordinarias requiren probas extraordinarias. Xa sei que din que non reciben subvencións, pero eu non creo todo o que leo. A experiencia reiterada di que non hai nada que se publique en galego se carece da correspondente subvención, mais que nada porque sodes poucos, e ledes menos, sobre todo en galego. Vaia, que a vosa preocupación pola lingua non a amosades andando e mercando publicacións escritas total ou parcialmente en galego.

8 orgulloso do que son

Por tanto, análise simplista: Todo o que se publique en galego é malo. Malo, malísimo de necesidade, pois é sospeitoso de recibir algún tipo de subvención. Si non sei si reciben algunha subvención, eu tiro a pedra da desacreditación, por si acaso. Pedriñas veñen e van! En cambio, medios contrastados como LA Voz poden recibir durante 18meses de goberno do PP unha media de 20.000€ diarios pero son "la flor y nata de la información, jamás se me ocurriría criticarlos".

9 Manoliño

#8 Iso que fás chámase falacia retórica do home de palla, ou sexa, que pos na miña boca unha película que ti soíño te montas. Non digo que as produccións sexan mellores ou peores, so digo que a xente non as consume e senón chega a ser pola sangría das subvencións, non se publica unha páxina en galego. E nesto, tedes vos unha grande responsabilidade, porque en teoría estades preocupadísimos polo galego (eu penso que o galego impórtavos unha merda, o que ocorre é que apuntádevos a un bombardeo con tal de facer política, chamar a atención, facer unha posta en escea de adolescente, etc.), pero carallo, cando hai que abrir a carteira ou ler en galego, preferides o castelán.

10 orgulloso do que son

Manoliño, como podes mentir tanto e con tan pouco arroubo? Que teñas unha boa noite, vou de retirada, agora toca durmir. Sigue por aquí como o guardián de occidente, controlando que non se che desmande a tropa. Non me merece nin a pena contestarche, pero insisto en que afirmaste e negaste tan axina que da medo a bipolaridade ou a marxialidade de que eses son os teus principios pero si che convén os cambias por outras máis axina que tarde. Que soñes cos nacionalistas e ao mesmo tempo que teñas doces soños. Volveremos a vernos (a leernos) despois de despertar si non teño outra ocupación que non sexa vir por aquí.

11 Manoliño

Grazas pola palabrería. Todo o mundo sabe que as publicacións en galego non se venden e viven das subvencións. De feito, se falamos de revistas, Vieros, Gznacion, ANT foron polo río abaixo. As que sobreviven é pola subvención e teñen audiencias residuais. De feito, estou seguro que se desaparecesen as subvencións á prensa, so sobrevivirían La Voz e o Faro.

12 Verme

PPredicador, sabes cantos amigos ten Gloria Lago no Facebook?? Dígocho eu 18.

13 Manoliño

Pois eu visitei hai ben pouco o Face de GB e tiña dous mil e pico. Non todos deixamos entrar no noso face a todo o mundo. Non é desprezo, e salvagarda de determinados aspectos que pertencen ao ámbito do privado. Os teus amigos da comisión da memoria histórica da Coruña, grazas aos meus esforzos ao dicir que tiñan SETE, so SETE amiguiños, agora xa teñen OITO, so OITO.

14 Verme

Xa... e mirache ben a cantidade de amigos de GB de Valencia, Montevideo, Oviedo, Cantabria que teñen... por certo A Mesa Pola normalización lingüstica ten 4998.

15 Verme

E xa que a cousa vai de feisbuk os de Cambiar la calle "JUAN CANALEJO" por "DIEGO TRISTÁN" teñen 2688. Proba ti a facer unha a favor del ou do tarugho do Millán a ver se triunfas

16 un calquera

Que porcentaxe de xente sabe ler en galego en Galicia manoliño?. A que cres que é debido que sexa menos porcentaxe quen en castelán?. A la imposición del gallego?. A xente non le en galego porque un máis do 50% dos maiores de 18 anos non saben ler en galego e prefiren ler na língua do 99% das clases da escola, o castelán. É o froito da imposición do castelán que xentiña coma tí calades coma putas.

17 Manoliño

#15 Xa triunfei na rúa, rapaz. Ninguén entende que se lle saque a rúa a Juan Canalejo, e se conserve a adicada aos da Lixivia. Esto de apoiar á extrema esquerda, aos mesmos que lles cheira que unha praza da Coruña estea adicada a España ou ao Exército, e que tamén pedían a súa retirada, son tres, como todo o mundo sabe e á xente gustoulle tan pouco que por este e outros motivos, dan maioría absoluta aos do PP, con caídas do PSOE e moi acusada do BNG. A xente da rúa non os quere, por moita subvención que teñan, ou ao mellor por tirar os cartos en chorradas.

18 Manoliño

#16 Mira, non me veñas con milongas. Desde o ano 1979, houbo clases de galego como asignatura, non en todas partes, pero xeralizáronse a partir do ano 1983 coa LNL. Todos os que hoxe teñen case que 50 e menos anos, estudaron galego. Iso que dixera por aquí non lembro quen, que so o 10% da poboación sabe ler en galego, que llo conte a outro. O problema está en que a xente unha vez que acaba o bacharelato, ou é do bloque, ou é galego falante na casa, ou deixa o galego porque a sociedade urbana non o emprega. Como a lei do mínimo esforzo está aí, e na sociedade urbana emprégase mais o castelán, dalles preguiza usar o galego, e cada vez esquecen mais ortografía, gramática... e prefiren usar unha lingua na que se desenvolven de xeito cotián con mais soltura e seguridade. Logo estades moitos de vos como referente follonero, misturando compromiso co galego con nacionalismo radical, e quita, quita. Tedes moita culpa do que pasa e moitos perdóns que pedir.

19 Verme

Mañá na Coruña tremos un aumento progresivo das nubes durante a xornada, mesmo con posibilidade dalgunha precipitación feble durante a noite. Temperaturas mínimas en lixeiro ascenso (11º) e máximas (19) sen cambios significativos. Vento frouxo do sudoeste durante toda a xornada. Ata mañá PPredicador

20 un calquera

O que queiras manoliño. Ahí están as enquisas de coñecemento da lectoescritura en galego. A xente non sabe, e non sabe porque non o aprendeu na escola. Cantos galegofalantes escriben en galego unha carta, cantos galegofalantes din o seu número de teléfono en galego?. Se no 2010 están prohibidos os números en galego na escola que se ensinan nas asignaturas de ciencias, tí me dirás... Se o 99% das clases son en galego o que lles custaría sería ler en castelán, non crés?...

21 Verme

Concordo totalmente contigo, un calquera.Tamén O 99´9% dos recordatorios das tumbas dos galegos galegofalantes de calquer tempo, pasado ou contemporaneo están elaboradas en castelán. Seguro que o PPredicador lonxe de ir ao cerne da razón pola que isto é así, dirá que foi a elección da familia. .o