Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2017 | Actualizada ás 10:37
Ourense segue ardendo. Aos lumes declarados a pasada semana e que superararon as 400 hectáreas, súmanse agora outros en varios concellos, destacando os de Vilariño de Conso, con 65 hectáreas queimadas e O Carballiño, con máis de 20 hectáreas. Unha situación que ten lugar logo de que a Xunta despedira máis de 430 persoas do operativo anti lumes do verán, quedando desprotexido o operativo de loita contra as lapas. Unha decisión que tentou solucionar contratando persoal sen experiencia polo aumento dos lumes.
Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o primeiro lume localízase na parroquia de Lobás, no Carballiño, onde comezou ás 20,02 horas do domingo e quedou estabilizado ás 3,20 horas deste luns.A provincia de Ourense rexistra outro tres incendios, dos que dous están controlados --Chandrexa de Queixa e Lobios--.
Así, segue estabilizado desde as 20,04 horas do sábado o incendio declarado ás 22,35 horas do venres na parroquia de Chaguazoso, en Vilariño de Conso, que queimou unhas 65 hectáreas.
Mentres, prosegue controlado desde as 20,10 horas do martes o lume rexistrado desde as 20,07 horas do luns 2 de outubro na parroquia Río Caldo do municipio de Lobios, que afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. As últimas estimacións sitúan a superficie afectada nunhas 20 hectáreas.
Tamén continúa controlado desde as 15,47 horas do venres o lume que se iniciou ás 22,45 horas do xoves na parroquia de Queixa no concello ouresano de Chandrexa de Queixa. Segundo as últimas estimacións, afecta a unhas 70 hectáreas, das cales 60 corresponden a monte raso e 10 a arborado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.