SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2017 | Actualizada ás 15:43 por EUROPA PRESS
A muller atopada morta este luns nunha praia do termo municipal coruñés de Porto do Son "levaba poucas horas falecida", segundo informaron fontes da investigación.
No entanto, a Guardia Civil explicou que a muller está sen identificar e espérase que realización da autopsia aclare as causas da morte.
Pasadas as 14,00 horas procedeuse ao levantamento do cadáver da muller que, aparentemente, ten uns 50 anos, segundo estiman as mesmas fontes.
O corpo foi atopado na mañá deste luns na praia da Aguieira, en Nebra. Foi un alertante quen, sobre as 11,00 horas, avisou do achado e indicou que el fora alertado por un veciño que aseguraba ver a unha persoa afogada nesta praia, cara á zona do río.
Tras recibir o aviso, o 112 Galicia alertou ao persoal do 061, a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Tamén, a Guardia Civil e os efectivos de Protección Civil de Porto do Son foron avisados.
En concreto, o 061 desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial e un médico de Atención Primaria que confirmou no lugar o falecemento da muller.
A Guardia Civil abriu unha investigación para identificar e esclarecer as causas da morte desta muller. Ademais, fontes da investigación sinalaron que non consta a desaparición na zona de ningunha persoa recentemente.
O corpo da persoa falecida estaba espido e semienterrado na area. Consideran as mesmas fontes da investigación que a marea arrastrou o cadáver á terra.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.