Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/10/2017 | Actualizada ás 08:00
As redes sociais e os grupos de whatsapp, como en moitas outras ocasións, forons case os únicos medios que milleiros de persoas tiveron este domingo en Galicia para informarse da vaga de incendios que azoutan o país.
Nin a TVG, nin a RG decidiron interrumpir a súa emisión habitual para dar conta da gravidade dos incendios que este domingo arrasaron centos de hectáreas en Galicia, principalmente, no sur de Pontevedra. Así, a TVG procedeu á reemisión do Luar e de Land Rover, mentres que a RG emitiu a súa habitual programación deportiva durante a tarde. Só pola noite, e ante a grave situación, estes dous medios públicos decidiron comezar a informar en directo do acontecido.
Feijóo cambia o discurso
Tamén o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, decidiu modificar a axenda informativa e decidiu, pola noite, saír nos medios de comunicación a tentar contrarrestar o caos. Así compareceu en directo por teléfono nos informativos da TVG e no programa especial de La Sexta sobre os lumes. Tamén facía o propio Alfonso Rueda, desde Baiona, na Radio Galega.
Tamén algúns dos grandes medios, incluídos algúns de Galicia, decidiron cambiar xa pola tarde as súas portadas, adicadas a Cataluña, para informar da gravidade do que estaba acontecendo no país.
As redes sociais
Por iso, e a través, precisamente, das redes sociais, foron moitos os galegos que se mobilizaron para chamar á RG e TVG e pedirlles que informen sobre o acontecido. “A radio galega colapsada de chamadas de protesta”, informaban nestes grupos de Whatsapp.
Tamén a través das redes galicias crearonse cancelos específicos como #ardegalicia, no que numersoas persoas foron publicando fotografías e vídeos dos incendios e moitos comentarios críticos pola descoordinación e falta de medios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.