S.O.S. do Concello das Neves

Desde este municio piden axuda. Reclaman voluntarios, desde electricistas ata avogados e enxeñeiros para axudar nas tarefas de recuperación logo da vaga de lumes.

Por Galicia Confidencial | As Neves | 22/10/2017 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

Colectivos do Concello das Neves acaban de mandar un S.O.S a todos os galegos. Piden axuda para reconstruir o pouco que quedou neste concello logo do terrible domingo negro da vaga de lumes. Por iso fan unha chamada de "axuda concreta". Nada de axuda humanitaria como a auga embotellada que trouxeron os neonazis de Hogar Social de Madrid.

Efectos dos incendios que arrasaron parte do Concello das Neves durante a vaga de lumes en pleno mes de outubro de 2017
Efectos dos incendios que arrasaron parte do Concello das Neves durante a vaga de lumes en pleno mes de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Reclaman voluntarios con habilidades concretas, desde fontaneiros ata avogados. Así, piden electricistas, enxeñeiros, arquitectos, fontaneiros, programadores informáticos ou avogados que "poidan botar unha man de xeito altruísta".

Así, indican que "hai problemas de todo tipo" e que os máis inminentes son o subministro eléctrico e danos estruturais, principalmente, en naves industriais e agrícolas. Fan fincapé, sobre todo,  na necesidade de agrónomos, forestais, biólogos e avogados para que axuden, tamén, a tramitar axudas e denuncias.

Agustín Caldas pasea co seu cadelo pola zona da Pousa en As Neves, totalmente calcinada trala vaga de lumes que asolou Galicia en outubro de 2017
Agustín Caldas pasea co seu cadelo pola zona da Pousa en As Neves, totalmente calcinada trala vaga de lumes que asolou Galicia en outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta