Avalancha de críticas a Arrimadas por introducir o problema da obesidade infantil en Galicia no debate catalán

A líder de Ciudadanos recibe numerosas recriminacións por dicir ironicamente que Cataluña solucionará o problema de obesidade "se se deixa de vivir cos galegos". Con todo, o certo é que Galicia é unha das autonomías con maiores índices de sobrepeso e obesidade en menores e adultos: a cuarta parte da poboación sofre este problema. Pero, foi afortunado mencionalo no problema catalán?

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/10/2017 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

"A obesidade infantil? Se se deixa de vivir cos galegos seguro que iso mellora". Así ironizaba Inés Arrimadas, líder de Ciudadanos en Cataluña, para botarlle en cara ao presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, que defenda que unha Cataluña separada de España sería mellor. 

Inés Arrimadas
Inés Arrimadas | Fonte: RTVE.

Sucedeu este xoves, no pleno do Parlament catalán no que se debateu a resposta á aplicación do artigo 155 da Constitución para suspender a autonomía de Cataluña. As reaccións ás palabras da líder de Ciudadanos non se deixaron esperar. Políticos, líderes de opinión e cidadáns de Galicia mostraron nas redes sociais o seu rexeitamentio a esta parte do discurso de Arrimadas. Ana Pontón, portavoz do BNG, mesmo chegou a pedir que se declare a Arrimadas "persoa non grata" en Galicia.

Esta polémica lembra a que suscitou Rosa Díez cando lideraba UPyD e dixo: "Zapatero es gallego, en el sentido más peyorativo del término". Con todo, hai un matiz importante que diferenza ambos os dous casos: Arrimadas dixo algo que non falta á verdade, xa que Galicia é unha das autonomías con maiores índices de sobrepeso e obesidade infantil no Estado.

O PROBLEMA DA OBESIDADE EN GALICIA

De feito, o 25 por cento dos nenos e nenas galegos entre 6 e 15 anos ten sobrepeso, mentres que o 8% padece obesidade, segundo os datos que manexa a Xunta. Unha situación que levou á Consellería de Sanidade a chamar ás administracións e profesionais da saúde a "tomar cartas" ante este problema de saúde e de alimentación. 

O problema tamén é especialmente grave entre a poboación adulta galega. De feito, Galicia é a segunda comunidade autónoma con maiores taxas de sobrepeso e obesidade entre a poboación adulta (un 24,9%), segundo o Estudio Nutricional de la Población Española (ENPE) que publicou o pasado ano a Revista Española de Cardioloxía. Por diante só se sitúa Asturias, cunha taxa do 25,7 por cento.

Polo tanto, aínda que fóra de lugar polo contexto e a intención, Arrimadas non faltou á verdade ao sinalar ironicamente un problema real en Galicia. Pero, foi axeitado mencionalo no debate sobre a independencia de Cataluña e a aplicación do artigo 155 da Constitución para suspender a súa autonomía? 

REACCIÓNS

Estas son algunhas das reaccións en Twitter ao comentario de Arrimadas no Parlament catalán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 As verdades doen

Coma se fora mentira o que dixo. Temos un problema de saúde pública. Nenos co colesterol alto, con DM2 ou glucosa alta en xexún e con perímetros abdominais que rebentan estatísticas. Ofenderse no canto de mellorarlle a dieta e mandalos xogar fóra non vai solucionar nada. Ou ós 40 anos os nosos fillos non se poderán nin mover e andarán nesas minimotos tan simpáticas como o dos cursos que lle regalaba bolsos á Mato.

3 A verdade

Pois ten razón. Co mal que comen os cataláns que escatimanche ata 1 folla de leituga nunha ensalada, normal... Tivemos que ir os galegos ensinarlles a comer (empañada, pulpo, un bo cocido non como esa mixiricada madrileña, carne ao caldeiro,...). Que llo digan aos catalufiños que estaban na nosa residencia, nunca abriron tanto os ollos coas comidas que lle facíamos. Arrimadas di a verdade. Nacionalistos estades amargados macho.... comede un bo cocido e menso herba do Mercadona que é onde ides todos.

2 extension

decían de non traer o ave... chupadanos e miseria

1 Arrimao

Que pouco sentido do humor tedes os roxos ¿Cómo podedes ofendervos polo que dixo Arrimadas? Ademáis é tan riquiña ...

1 nostrus

A los neofascistas les vale cualquier cosa para sentirse ofendidos

2 Gordagalegadaldea

Deixadenos en paz e non veñades a sementar a disension entre nos. Por cert, que opinas Nostrus?

3 Gordagalegadaldea

E incrible o destes. E se se dixeran o mesmo de Asturias ou Andalucía, credes que non ían protestar? E nós en silencio e encima aturando aos "seus" que veñen defender a desafortunada e extemporánea utilización deste tema nese debate.