Constitucionalistas

Somos unha sociedade moi de bloques e de tomar partido, sen mollarse moito iso sí, pero tomar partido. Agora está en voga ser ou non ser constitucionalista, menúda parvada, como se quedase outra. O fondo é outro, poderíase definir tranquilamente como conformistas ou inconformistas. É así de sinxelo aínda que nolo vistan moito máis complicado.

Por Juan Carlos Piñeiro | Burela | 15/11/2017

Comparte esta noticia
O bloque dos conformistas, saben de feito, que conformarse non vende, por iso andan de forma tímida metendo unha idea: a reforma da Constitución. Medo me da, que sexán precisamente os que se conforman e veneran a Constitución quenes falen de cambiala. 
A realidade é que o blindaxe dos dous terzos, fai necesario, pasar por estes conformistas de PP, PSOE, C´S e se cadra de Podemos dependendo do día. 
 
Non é motivo de alegría para aqueles que acreditamos nunha Europa de Pobos e que recoñecemos as distintas nacións e pobos que conforman o Estado. Cheira moito a que vai haber reforma, queda bonito e práctico na política dos Homes de Estado, o problema e saber a que custe.
 
Dous principios básicos: descentralización e desconcentración están, na miña opinión, e serio perigo de extinción case como o Lince Ibérico. Coido que está a chegar un certo andazo centralista, que precisamente camiña no senso contrario ó resto de Europa, coma sempre. Penso, e penso ben, que ata Manuel Fraga estaría en garda diante do que está por chegar, non se pode obviar a forza desconcentradora que Fraga exercía sobre  Madrid, ó Cesar o que é do Cesar. A isto sumase un PSOE de mercenarios francotiradores que estan, con disparos selectivos, causando baixas na socialdemocracia, aínda que sexa a da tortilla de patacas e un Podemos que na súa esenza comunista é de facto centralista e leva consigo esa marea que só é unha onda. 
 
Mal panorama é o que chega para as competencias e as transferencias. A batalla de Catalunya é xa de todo o Estado, e Galicia vai quedar sen potencia e sen presenza, grazas ó noso Presidente apoucado e centralista, de galeguista nada.
 
Estou  dándome conta que vou camiño de ser un conformista real  coa Constitución, case mellor que non a toquen, máis val malo coñecido ... non vaia ser que a costrucción do Estado, aínda queda por facer e moito por transferir, retroceda e quede outros 40 anos ó servizo dos Partidos da moqueta para que nada cambie.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA