A voceira dos controladores galegos racha o silenzo e nega que houbese unha folga

Os controladores están militarizados, polo que non teñen dereito a sindicarse. Porén, a súa voceira en Galicia dá unha entrevista a título individual na que nega ter organizado unha folga. Audio no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 06/12/2010 | Actualizada ás 16:18

Comparte esta noticia

O magazine “Aquí Galicia” da Radio Galega anotouse hoxe un importante tanto informativo. Malia que os controladores están militarizados e, polo tanto, non teñen dereito a sindicarse, o programa logrou entrevistar a  Susana Romero, portavoz de USCA en Galicia. USCA é o sindicato de controladores, no que milita o 98% dos 2.400 especialistas.

None

A entrevista na web da Radio Galega, e polo seu evidente interese facilitamos tamén descarga neste enlace. Romero relata a "tensión" nas torres produto do control militar:


O locutor, Xusto López Carril, insiste en que Romero fala a título persoal. Os controladores levan dous días sen atender aos medios, pois temen as consecuencias da xustiza militar. Un post do voceiro estatal no Facebook pedindo desculpas aos cidadáns foi todo o pronunciamento á marxe de Romero.

A especialista insiste en que USCA non coordinou folga algunha o venres pola tarde. En torno as 17 horas centos de controladores abandonaron en todo o Estado o seu posto de traballo despois de que o Goberno aprobase unha nove Orde que lles aumentaba de novo o límite legal de horas que deben traballar cada ano.

A especialista di que “sen dúbida ningunha” pediría desculpas aos centos de miles de cidadáns prexudicados. “Non foi unha acción orquestrada, aquí en Santiago non sabiamos o que ía pasar”, insiste.

“O sindicato comezou a pedir calma e que se incorporarse ao posto de traballo (...) pero a xente estaba moi crispada”, argumenta a controladora para negar que USCA realizase unha "folga salvaxe", como asegurou o Estado para decretar o Estado de Alarma por vez primeira en democracia.

Romero relata de novo que os cambios legais deste ano arrebetaron o dereito de folga na práctica aos controladores, pois os servizos mínimos poden ser superiores ao número habitual de especialistas de guardia. A controladora cualifica de “demagoxia” as informacións que acusan ao colectivo de pedir máis cartos.

Tamén di que “dicir que un controlador gaña 200.000 euros ao ano é mentir”. Para Romero, o decreto do venres é “unha provocación” de Fomento para conseguir que os controladores saltasen e poder limitar os dereitos laborais dos técnicos.

Os sindicatos de AENA levan anos dicindo que Fomento tenta reducir os salarios do cadro de persoal para facer máis apetecíbel a empresa pública a investidores privados. ZP anunciou esta semana a privatización do 49% de AENA, rendíbel até o 'boom do ladrillo' no que se construíron aeroportos que hoxe prácticamente non se usan.

Máis información sobre os intereses na anunciada privatización de AENA aquí.

 

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 66 comentarios

14 Manoliño

"En el cómputo de este límite anual de actividad aeronáutica no se tendrán en cuenta otras actividades laborales de carácter no aeronáutico, tales como imaginarias y periodos de formación no computables como actividad aeronáutica, PERMISOS SINDICALES, LICENCIAS y AUSENCIAS POR INCAPACIDAD LABORAL." http://www.boe.es/boe/dias/2010/12/... Ou sexa, que unha vez acabada unha baixa, AENA pode facer que o controlador traballe as 1670 horas anuais (mais 80 extra), todas, tamén as que non fixo mentres estivo de baixa ¿Pero a alguén lle parece esto normal?

1 Enfin

Te recomiendo que leas tambien el RD 1001/2010, donde dice que el máximo de horas extras que pueden hacer es de 80 horas, y que tienen dos periodos distintos uno de trabajo efectivo de su labor real que es la de controlador, en esta no entra lo que tu dices, y la otra faceta llamemosla más administrativa. Por cierto el decreto que tu pones ya te indica a donde tienes que dirigirte para ver la regulación laboral, al decreto que yo te indico, y a la norma inglesa que regula los controladores de la Gran Bretaña, que según los controladores de aqui deben estar esclavizados.

2 Enfin

Por cierto te dejo un enlace y veras lo que dice algún compañero de estos controladores, y no podras acusar al medio de ser socialista por que es de los tuyos.Darle aqui

13 Pedro

Patética a controladora. O malo é que a conduta mafiosa e a falta de toda ética sindical logo a pagamos os traballadores e traballadoras que na vida real e non nos 600.000 euros da torre de control loitamos día a día pola defensa dos nosos dereitos laborais e por chegar a fin de mes.

12 Dani

Ojalá bajara Ronald Reagan y despidiera a todos los controladores aéreos jetas. Pero claro, aquí tenemos a Pepiño y a ZP.

11 FartodeFeyJons

Para gobernar facendo fascistadas é mellor deixar o goberno aos profesionais das fascistadas. ZAPATERO, DIMITE¡¡¡ XA ESTAMOS FARTOS DE VIVIR ALARMADOS¡¡¡

10 brasonar

Que capacidade de coordenación e sin falar, son incríbles. Non poden esixir os mesmos dereitos que os demáis traballadores coando eles nunca respectan os mecanismos de protesta que usan os demáis traballadores. Os Controladores aéreos son o único colectivo de "autoxestión": eles organizan os turnos, determinan as necesidades de servizo, forman aos novos controladores, etc. Nunca convocan folga prefiren a encuberta que cobras na casa e colapsas os aeroportos. Pois non unha cousa son dereitos laborais e outros privilexios que é o que teñen estes señores. Incluso contabilizaban as horas de guardas laborais (na súa casa quentiños)e de enfermidade como horas efectivas de traballo. Moito parado cualificado hay para o seus postos, pero claro non solicitan aumento de plantilla porque xa se sabe que os bens escasos son caros.