Temas: RAG

Samaín, brigadista, transfobia ou eucaliptización, palabras ausentes no Dicionario da Real Academia Galega

Até o 20 de decembro está aberto o concurso Neoloxismo do Ano 2017 para elixir a voz máis popular entre os galegos e non incluídas no léxico oficial da RAG.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/12/2017 | Actualizada ás 15:22

Comparte esta noticia

Por incrible que pareza, palabras como Samaín —a tradicional festa de orixe celta— ou voces tan actuais e de actualidade como transfobia, brigadista ou eucaliptización non están incluídas no Dicionario da Real Academia Galega. Co próposito de recoñecer os neoloxismos xurdidos ou popularizados este ano, está en marcha un concurso popular en Internet para elixir o Neoloxismo do Ano 2017.

O noso Samaín, libro ilustrado editado por Galaxia nunha imaxe de Lorena Britrott
O noso Samaín, libro ilustrado editado por Galaxia nunha imaxe de Lorena Britrott

A idea, impulsada por Jorde Diz Pico —cientista computacional e néologo— busca que os galegos escollan unha palabra dunha listaxe de voces, ben porque resulta bonita, porque resume ben o ano ou porque se pense que representa un concepto importante.

As palabras que entran no concurso son as seguintes:

SAMAÍN m. Celebración realizada na noite do 31 de outubro na que se adoita decorar con motivos de mortos, baleirar calacús e repartir doces aos cativos.

EMPODERAMENTO m. Acto de se dotar de ferramentas para vencer os obstáculos propios. Úsase especialmente no caso de grupos sociais en desvantaxe, como as minorías étnicas, LGTB ou as mulleres.

BRIGADISTA m. ou f. Membro dunha brigada. En particular, das forestais que combaten os incendios.

VELUTINA f. Avespa de orixe asiático e patas amarelas considerada especie invasora en Europa.

MICROMECENADO m. Sistema de financiación no que moitos patrocinadores individuais adiantan unha pequena parte do orzamento a cambio de se beneficiaren do resultado final.

TRANSFOBIA f. Prexuízo ou discriminación contra as persoas transxénero.

EUCALIPTIZACIÓN f. Expansión rápida da presenza de eucaliptos nunha área.

XORNALIXO m. Xornalismo de mala calidade, falso ou nesgado.

PANQUEIQUE m. Masa frita en tixola ao estilo americano, que se acostuma comer coberta de doces ou xaropes tales como nata, caramelo ou chocolate.

OSIÑO LAVADOR m. Pequeno mamífero norteamericano coñecido pola súa característica máscara facial e o seu hábito de rapiñar no lixo.

Temas: RAG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

2 Fumedecarozo

Nacionalisto: dise do que por ser de ideoloxía nacionalista se cree máis listo e de moral superior que o resto do planeta aos que cree alineados, felóns, parvos, paletos, atrasados, fascistas, españolistas.

1 nostrus

El nacionalismo es un estado de enajenacion mental que produce alucinaciones y mania persecutoria, se inventa enemigos y distorsiona la realidad y a la vez se desorienta en el espacio y en el tiempo. Los nacionalistas, a causa de su dolencia, deberian estar inhabilitados para manejar maquinaria pesada.

2 Eduardo_a_Inda

Así me gusta, nazionalistas españoles: "alineados" de dos en dos.

3 Fumedecarozo

Nacionalisto resentido e frustrado facendo referencia a palabras militares para defendense. Diagnóstico: demagoxia crónica con síntomas de febre franquista.

4 Señor_no_señor

Nacionalismo español insultante, patético e iletrado. Diagnóstico: le a diferenza entre "alineado" e "alienado", e verás por donde lle sae o fume ao carozo.

1 anonimo

Samaín es una palabra del irlandés antiguo, por lo que es imposible que recibiese ese nombre en Galicia, y más imposible aún que entre los ritos célticos se encontrase el agujerear calabazas americanas... Aquí se llamaría magosto. Lo del samaín es un invento nacionalista, uno de tantos.

1 Parvos máximus

Non sei se a necedade é un invento do necionalismo español, mais sempre anda a usar. Samain existe en galego e en castelan, foi a igrexa católica quén cristianizou os ritos antecristianos, pasando o día de todos os santos (que se celebraba o 13 de Maio) ao mes de Samois, para cristianizar as celebracións do ano celta e o remates das colleitas. Do mesmo xeito a verba do inglés antigo "jalogüai" significa "todos os santos". Non sei de onde ven o poñer veas nas cabazas e outros ritos, mais no meu bairro xa o facian hai mais de 100 anos.

2 Roya

Sólo se puede decir una cosa Anónimo es tu Pi do es pa ño l de mi er da y envidioso que en España no tenéis una Pu ta tradicion

3 Aos provocadores de GC

Antes das cabazas había nabos (igual que en Irlanda), logo deixámolos de comer para darllos aos porcos españolistas! Por iso lles encanta chupa-lo nabo!

4 anonimo

Que inteligentes y despejados, oye. Queda demostrado por lo que se dice en las inteligentes respuestas de forma implícita, que samaín es un invento nacionalista de hace dos días, de ahí el cabreo.

5 Misha

Sigo diciendo que el peor nacionalismo es el español porque los españoles siempre sois cobardes

6 Torrente Ballester

Acábanche de explicar que se utilizaban cabazas autóctonas, nabos, melóns, etc., e ti dálle que dálle. Se foses un país serías Mongolia. Déixoche una cita de Gonzalo Torrente Ballester, militante do Exército Guerrilleiro como todo o mundo sabe: “Nosotros, los muchachos de mi tierra, hacíamos con calabazas fingidas calaveras, y les metíamos dentro un cabo encendido de vela: bien instaladas en una encrucijada, no ponían miedo a nadie, porque los transeúntes de mi tierra tienen más miedo de los vivos que de los muertos”. “Cotufas en el golfo” (1986), Ed. Destino, páx. 212 Fala da súa infancia no Ferrol, e a cita pertence a unha recompilación de artigos publicados no xornal españolísimo ABC, moitos anos antes de que segundo ti, cacho sucnor, os nacionalistas galegos “inventasen” o de baleirar cabazas.