Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/01/2018 | Actualizada ás 19:32
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) asegura que todas as altas médicas, "incluídas as altas voluntarias", van acompañadas dun informe clínico. Deste xeito, contesta a denuncia da Asociación de Médicos Interinos de Galicia (Asmig), que aseguraba que o Sergas non facilita informes clínicos de alta a pacientes que piden a alta voluntaria, o que podería incumprir varias disposicións de carácter estatal.
Segundo fontes da Consellería de Sanidade, estas altas voluntarias contan cun informe "conforme á lexislación vixente", que cumpre o Sergas.
Deste xeito, Sanidade pretende frear a queixa formal presentada pola Asmig ante a valedora do Pobo, Milagros Otero, para denunciar que o Sergas nega informes clínicos de alta a pacientes que solicitan a súa alta voluntaria.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.