Estudan trasladar 'o Chicle' de cárcere para afastalo doutros presos do clan 'Os Fanchos'

José Enrique Abuín Gey permanece no módulo de ingresos de Teixeiro baixo o protocolo de prevención de suicidios. O xuíz de Ribeira deberá autorizar a decisión se Institucións Peninteciarias aproba o traslado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2018 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

Instituciones Penitenciarias está pendente de decidir se traslada a José Enrique Abuín Gey, 'o Chicle', suposto autor da morte de Diana Quer, do cárcere de Teixeiro (Curtis), para afastalo de presos pertencentes ao seu antigo clan 'Os Fanchos'.

Centro penintenciario de Teixeiro.
Centro penintenciario de Teixeiro.

Segundo explicaron fontes penais, esta petición, que parte do propio centro, foi analizada nunha xunta de tratamento extraordinaria celebrada o luns. Agora, será a dirección da Administración de prisións a quen lle corresponda tomar a decisión sobre o destino do 'Chicle'.

Con todo, as mesmas fontes precisan que, se a dirección de Instituciones Penitenciarias aproba este traslado, "ao ser un preso preventivo" é necesaria a autorización do xuíz para proceder ao seu cambio de prisión, un visto e prace que, como apuntan, "adoita chegar cando acaban as dilixencias".

En concreto, en 2015, a Audiencia Provincial da Coruña condenou a Abuín Gey a dous anos e seis meses de prisión por un delito continuado contra a saúde pública. Fíxoo despois dun operativo antidroga que levou a cabo en 2007 polo que foron xulgadas unha decena de persoas pertencentes ao clan dos 'Fanchos', liderado polo tío do 'Chicle'.

Segundo recolle o fallo, ao que tivo acceso Europa Press, dous dos acusados desprazáronse até a provincia de Valladolid para recoller 608 gramos de cocaína que trouxeron a Galicia. Con todo, á altura do termo municipal de Guitiriz (Lugo), en xuño de 2007, foron interceptados por efectivos da Garda Civil.

Como resultado desta operación, detívose, entre outros acusados, a José Enrique Abuín Gey. A el e a outro procesado incautáronselles diversas cantidades de cocaína, cun valor no mercado de 706.429 euros. Sobre esta droga, Abuín asegurou que non sabía o que contiñan as bolsas intervidas e que llas dera un tío seu para que llas gardase.

MÓDULO DE INGRESOS

Á espera de que se autorice o seu traslado de prisión, o autor confeso da morte de Diana Quer, desaparecida o 22 de agosto de 2016 na Pobra, permanece no módulo de ingresos de Teixeiro. En concreto, nesta zona do cárcere só residen algúns presos de confianza das autoridades que realizan tarefas auxiliares.

Alí, Abuín Gey permanece nunha cela só, cunha fiestra que o comunica cun compañeiro que o observa xa que, como lembraron estas fontes, o 'Chicle' continúa baixo o protocolo de prevención de suicidios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta