Cort, guitarras que soan a explotación laboral

Esta é a historia duns traballadores en loita dende hai case catro anos. Esta é unha historia que comezou o 9 de abril de 2007 en Deajon, Corea do Sur. Esta é a historia dos homes e mulleres que fabricaron durante anos, en condicións deplorabeis, milleiros de guitarras na factoría coreana de Cort/Cor-Tek.

Por Alberto Quian | Madrid | 13/01/2011 | Actualizada ás 18:19

Comparte esta noticia

Cort é o fabricante para as principais marcas do mercado —Fender, Ibanez e Gibson— que domina o 30% do orzamento do mercado mundial de guitarras e cuxo multimillonario presidente, Yung Ho Park, é un dos homes máis adiñeirados de Corea do Sur. Esta é unha historia de dereitos laborais, de abusos, de acosos e de vexacións, de mentiras, de despedimentos, de suicidios, pero, sobre todo, unha historia de dignidade. Esta é a historia negra de Cort Guitars e da loita dos seus traballadores coreanos.

Durante décadas, os traballadores de Cort/Cor-Tek en Corea fabricaron guitarras para todo o mundo en condicións lamentabeis, en espazos sen ventilar e expostos a gases e solventes, forzados permanentemente a traballar horas extras en troco dun salario mínimo, sufrindo lesións e enfermidades pulmonares, e o acoso e o abuso verbal dos seus superiores. Un bo día estes traballadores decidiron sindicarse para conseguir melloras. Pouco despois, para a súa sorpresa, atoparon a fábrica pechada e foron todos intimidados e forzados a asinar as súas dimisións. A empresa alegou dificultades financeiras. Pero o que pasaba en realidade era que Cort Guitars atopara man de obra aínda máis barata e sen sindicar en fábricas chinesas e indonesias.

Na última década, a empresa obtivera uns beneficios de 78.000 millóns de dólares e, tras botar á rúa a estes traballadores, aumentou os salarios dos seus directivos. En 2007, ano no que pechou a fábrica en Corea alegando dificultades financeiras, as vendas foron de 1.300 millóns (Cort) e 5.100 millóns de dólares (Cor-Tek), cun beneficio neto de 14 e 700 millóns de dólares, respectivamente. Non había razón obxectiva para pechar a fábrica e así o estimaron a Comisión Nacional de Relacións Laborais de Corea e a Corte Suprema de Seúl. Agora o caso está en mans do Tribunal Supremo coreano.

Estes son algúns testemuños dos traballadores en video:

None

Estes homes e mulleres defenden que a fabricación de guitarras era a súa identidade e o seu medio de sustento. Tentárono todo en Corea para resolver a súa loita: roldas de prensa, folgas de fame, sentadas, concertos solidarios coa colaboración de activistas culturais e músicos, a vía xudicial… Pero Cort non deu un paso atrás. Por iso levaron a súa loita por todo o mundo co apoio de músicos como Tom Morello e Zack da Rocha (Rage Against the Machine), Boots Riley, Wayne Kramer (MC5) e o grupo Ozomatli.

Para dar maior difusión ás súas reivindicacións, en novembro de 2009 abriron un blog que é símbolo da unidade e solidariedade internacional entre os traballadores que fabrican as guitarras e os músicos que as tocan: Cort Action. Os obxectivos son:

    * Presionar a Cort para que abra de novo a planta en Corea e contrate a todos os traballadores coreanos que foron ilegalmente despedidos.
    * Reunirse cos socios de negocios de Cort, que inclúen xigantes da industria estadounidense como Fender, Gibson, G&L e ESP, para esixir que deixen de comercializar guitarras de Cort.
    * Permitir aos afeccionados á música, aos medios de información e ao público xeral coñecer a verdade sobre guitarras Cort, asinar a petición para que se reabra a fábrica e apoiar a contratación de todos os traballadores que foron ilegalmente despedidos.
    * Facer crecer e fortalecer a solidariedade entre traballadores locais, organizacións de xustiza social, activistas culturais e músicos.


Traballadores de Cort/Cor-Tek, membros do Sindicato Coreano de Traballadores do Metal e traballadores culturais deste país visitaron neste tempo cidades como Los Ángeles, Tokio, Yokohama ou Francfort para dar a coñecer este caso e implicar na súa loita a outros traballadores, artistas, activistas, colectivos, xornalistas e cidadáns.

Case mil cincocentos días despois, a loita continúa e vai máis aló, para que non haxa máis guitarras saídas de fábricas onde se explota ao obreiro e ningunha música sen os traballadores que a fan posible.

Por segundo ano consecutivo, este colectivo volve a Los Ángeles para expor as súas reivindicacións no NAMM Show de Cort Guitars, Fender e Ibanez, que se celebra entre o 13 e o 16 deste mes. O pasado ano,  os traballadores coreanos reuníronse nesta cidade con representantes de Fender —socio comercial de Cort— para pedirlles unha investigación e as pertinentes medidas; a firma estadounidense prometeu unha investigación independente, pero seguiu mantendo vínculos contractuais con Cort Guitars e o seu compromiso limitouse a iniciar unha investigación de portas para dentro que está lonxe de rematar. Por iso este ano os representantes dos traballadores coreanos volverán reunirse con eles para pedirlles máis responsabilidade e compromiso.

Se ti tamén queres colaborar nesta causa podes:

    * Pedir xustiza ás empresas de guitarra que teñen contratos con Cort e aos comerciantes que venden os instrumentos Cort. Aquí atoparás unha lista.
    * Compartir esta ligazón http://cortaction.wordpress.com vía correo electrónico, Facebook, Twitter, etc.
    * Seguir e convidar a seguir a Cort Guitar Workers Action en Facebook y Twitter.
    * Pedir xustiza para estes traballadores nas webs e canles de Facebook de Cort, Fender, Ibanez…
    * En Twitter, enviar mensaxes a @Cort_Guitars ou a @Fender usando o hashtag #cortaction.
    * Difundir En Twitter as historias destes traballadores.
    * Crear calquera material artístico a prol destes traballadores e enviar os arquivos a cortguitar.action@gmail.com.
    * Enviar a seguinte carta en inglés a Cort Guitars, achegando os teus datos:

Dear Yung Ho Park,

I am writing to ask you to respect the basic rights of the Cort and Cor-tek workers who made your guitars and built your fortune over decades. They gave you everything they had; their health, their youth, their time with their families, and in the end, after all of their dedication, you only lied to them, forced them to sign resignation papers, and moved your production for cheaper labor overseas.

I stand with the Cort and Cor-tek guitar workers, who have struggled for over 1000 days to be heard by you and the public in Korea, in Germany, in Japan, and elsewhere, against their unjust mass firing.

As someone who (EDIT HERE: is a musician/ is a worker/ is an ordinary citizen), I will NOT buy a Cort or a Cort-made guitar or bass of another brand. I will tell my fellow citizens and my area music stores NOT TO CARRY your guitars or your production lines, not until you respect the demands and the rights of these men and women who made your guitars, the Cort and Cor-tek workers.

Re-open your factories in Korea, and restore the dignity and livelihoods of these workers.

Signed,

YOUR NAME HERE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta