Unha oportunidade para a xente, unha oportunidade para a esquerda

Despois da ilusión que xerou Podemos coa súa entrada no panorama político, e depois das súas continuas equivocacións, tanto externa como internamente, é necesario construír un espazo na esquerda que non teña nada que ver con PODEMOS.

Por Carlos González Armada | Vigo | 15/02/2018

Comparte esta noticia
Creo que é necesaria unha esquerda máis auténtica e radical que o PSOE pero máis sensata que podemos, unha esquerda que consiga recuperar aquel millón e medio de votantes perdidos entre as dúas eleccións xerais, e que dunha vez por todas levante do sofá a ese 15% potencial de votantes que non se ven representados polo actual panorama político.
 
Necesitamos unha esquerda que poña encima da mesa os problemas sociais por encima das bandeiras, unha esquerda que se preocupe do importante, do social, con medidas efectivas e non con fume de cores, unha esquerda que abrace o federalismo plurinacional e solucione o problema territorial, que aposte pola verdadeira separación dos poderes e por unha reforma integral da constitución, unha esquerda, en definitiva, que solucione os problemas reais da xente.
 
Esa esquerda debe ser diferente, afastada de formas de actuar do pasado da vella esquerda do PSOE, pero que evite todos os erros da nova esquerda de Podemos...sobre todo deben evitarse actuacións como as que existiron en PODEMOS. Se algo temos claro é que unha esquerda verdadeira e auténtica non pode parecerse ao PSOE pero moito menos a PODEMOS, de ningún modo pódese aceptar nin admitir un novo Podemos dentro da esquerda.
 
Finalmente necesitamos unha esquerda que aínda que non queira parecerse, nin deba facelo, ao PSOE nin a PODEMOS, si sexa capaz de sentar a pactar con ambos para botar á dereita rancia e casposa do poder, unha esquerda dialogante que coloque os problemas dos cidadáns por encima dos problemas dos partidos, unha esquerda que sexa capaz de seguir o camiño que nos marcou a esquerda portuguesa, de diálogo e de resolver os problemas económicos do país sen necesidade de recortes, nin de oprimir ao debil...unha esquerda de verdade 
Nese camiño estamos, construíndo ese espazo sosegado e pragmático que nos leve a que por fin a esquerda ocupe o espazo real que merece, e poida solucionar os problemas reais da cidadanía de forma efectiva...o camiño non é fácil pero o resultado poderá valer o esforzo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA