O alcalde de Santiago denuncia ameazas de morte polo pregón de Entroido que amolou a PP e Igrexa

Noriega enmarca "dentro da sátira e a crítica" e "dos límites do humor" o pregón e considera que as críticas son parte dunha "onda represiva que tenta regular a liberdade de expresión e os dereitos fundamentais".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 15/02/2018 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, enmarcou "dentro da sátira e a crítica" o pregón do humorista Carlos Santiago no Entroido de Compostela, así como "dentro dos límites do humor", logo das crítica recibidas polo PP de Zaragoza e de Compostela, e a propia Igrexa católica, polo que consideran un "acto de desagravio" ao Apóstolo e a virxe do Pilar.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, en rolda de prensa
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

"Moita xente está a falar pero pouca xente tivo oportunidade de escoitar o pregón de Entroido. Está contextualizado dentro da sátira e crítica dun espazo de Entroido e dentro dos límites do humor, que non sempre teñen que gustar, ás veces mesmo molestar", manifestou o rexedor compostelán.

Neste sentido, Noriega insistiu en que o pregón, criticado por representantes do PP e da Igrexa, "está contextualizado dentro dunha onda represiva que tenta regular a liberdade de expresión e os dereitos fundamentais". "E que eu, desde o Concello, non estou disposto a alimentar", apostilou.

Neste sentido, defendeu que "a persoa que fixo o pregón neste caso é unha persona con moito vínculo ao mundo do teatro e ten unha longa traxectoria". "Estase a criminalizar un pregón nun contexto do que é o Entroido e a sátira e a crítica. Paréceme terriblemente perigoso", subliñou.

"Eu non vou ser cómplice do que entendo que é unha manipulación e que, mesmo, pode levar a situacións que vivín estes días desde esta polémica", manifestou, para engadir que desde o mércores recibiu "ameazas de morte", a pesar de non ter nin asistido ao pregón, así como "a propia persoa vinculada ao mundo do teatro".

"ENTENDER OS CONTEXTOS"

"Fago un chamamento a entender os contextos, a entender o humor, a entender as sensibilidades, todas as que sexan, e a entender a que no Entroido se critque a este alcalde, a relixión ou a outras cousas porque somos os que estamos no día a día e forma parte da expresión do pobo no momento do Entroido", reivindicou.

"Non vou facer outra declaración que poida alimentar algo que vai máis aló de sensibilidades", abundou, para comentar que "aos que impulsan isto lles gustaría regular todo, até a expresión do Entroido". Respecto diso, lembrou que "na Ditadura era o único espazo en liberdade para que o pobo se expresase". "Non vaiamos converter o Entroido no único espazo sen dereito á crítica na democracia", aseverou.

Neste sentido, resaltou que "Santiago é un espazo de liberdades e de expresión cultural e de liberdade de expresión no contexto do Entroido", ao ser cuestionado sobre se o Concello coñecía de antemán o texto do pregón. "Cónstame que o que se está dicindo en moitos casos é falso", apostilou.

Finalmente, preguntado sobre se tivo contacto co Concello de Zaragoza a raíz do malestar expresado, o alcalde de Santiago admitiu que se lles "pediu información". "E dixémoslles que defendan á Pilarica por enriba de todo. E que non se preocupen por nós, que somos homes e mulleres concienciados na trincheira para aguantar calquera tipo de situación", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

8 Con Mahoma non hai c*llóns

Manda carallo que o alcalde fale dunha "onda represiva que tenta regular a liberdade de expresión e os dereitos fundamentais", cando os progres coma el son os creadores do concepto de "delito de odio" co que queren censurar calquera opinión contraria ao seu catecismo particular. En calquera caso, meterse cunha relixión en devalo e que xa poucos practican coma o catolicismo non ten nada de transgresor. Animo ao señor Noriega a que demostre o seu compromiso coa liberdade de expresión no pregón do 2019 atrevéndose a molestar ao Islam e os musulmáns, por exemplo...

1 Hodor

Pois veña! Ofrézase vostede para elaborar e intepretar o pregón do 2019. A ver se é vostede, con tanta testiculina, mellor que C. Santiago.

2 Con Mahoma non hai c*llóns

O meu pregón non pasaría a vosa censura progre, paspán. E ademáis, qué ten que ver a testiculina co meu comentario? Vés da Mongolia profunda ou que?

7 catolico blasfemo herexiarca

o paisaso do catedralicio, pero señores si o golfiño merendiño e o monaguillo e o meapilas do catedralicio sempre esta con estas ratas PPestiferas... Señores DEUS NON TEN NAI, o catalicismo e un.ha herexia e un gargallo escupido contra o corpo de xesus torturado na cruz, tiña razón Lutero cando decía que o catolicismo era a prostituta babilonia non ven a casuia do papa (dictador romano) e os cardenais obispeiros e en homenaxe do deus babilónico dagon onde os seus oficiantes ian con pelexos de grandes deixes mariños... señores quen esta soterrado en santiAGE, e O GRANDE PATRIARCA GALEGO PRISCILIANO, o cristianismo ten que ser galego, ten que ser protestante e o catolicismo sefardista expañol apátrida debe ser erradicado!

1 MaikelborrachoideNoia

Gonzalo, que sexas un enfermo mental mantido polo Bloque non xustifica que mintas. O alcalde de Compostela é un laico de manual, que incluso sufre ataques do fanatismo dereitoso por iso. Se queres sinalar monaguillos mexapilas olla para os alcaldes que quedan no teu partido, comezando por Lores. Lembras a Bello e a Castrillo o "laicos" que eran destacando en todas as procesións de Ferrol e Vigo? Igual é que tes tamén memoria selectiva.

2 Currosiana

E logho os laicos que non son de manual coma veñen sendo? A vos estas polemicas veñenvos ben porque asi non se fala do voso REcambio.

3 Laika a cadela

O alcalde de Santiago é laico menos para celebrar o p*to ramadán con cartos públicos

6 anpg

O máis esperpéntico de todo é que os fachas estades "ofendidos" por unhas presuntas "ofensas" a unha "virxe" que tivo un fillo con outro e a un apóstolo galileo que xamais pisou Galiza, e moito menos Compostela. Coma sempre, os dereitosos sodes sinónimo de fanatismo, superstición e ignorancia. [Outra cousa: os Reis Magos non existen, son os vosos papis, panda de ridículos].

5 anonimo9083

Si hay alguien que no entiende de contextos es el señor Noriega. El acto de pregón de unas fiestas de carnaval no es el programa del Wyoming; y el pregonero en ese momento actúa como pregonero, no como humorista. Por eso, lo hecho en el pregón no es de recibo, mientras que lo mismo en el programa de ese humorista sí está dentro de los límites de la libertad de expresión, así como del mal gusto y el humor gastado y facilón.

1 sermos mantidos

Será que o señor Noriega non fai censura previa. Cantas añoranzas dos fascistas de onte e dos herdeiros franquistas de hoxe! O ridículo é un pregón institucional no Entroido, a festa da inversión de valores organizada polo Concello... Seguro que a ti non che molestou a presentadora do Telexornal mediodía hoxe dicindo toda alterada "estamos ofendidos", confundindo ser funcionaria con ser criada do PP, ou en TVE falseando comunicado da ANC e Omnium cambiando violencia por valentía... A sensibilidade atrofiada do servil!

4 Anti..

Ameazas de morte? Os fascios franquistas non teñen o que gai que ter senon son cen contea un e co xo.