Así se meteron no pozo as caixas galegas

Até que punto son responsábeis os directivos de Caixa Galicia e Caixanova dos investimentos no ladrillo que agora parecen condenar a privatizar NCG nada máis nacer? GC repasa as frustradas operacións inmobiliarias das caixas galegas.

Por Walter Burns | O Irixo | 25/01/2011 | Actualizada ás 21:23

Comparte esta noticia

O PSOE galego anunciou este martes o seu apoio ao plan de ZP de bancarizar as caixas. Os socialistas argumentan basicamente que o polémico plan o único xeito de garantir a solvencia das entidades e que así estas poidan dar créditos a PEMEs e familias.

None

Imposible atopar 1.500 millóns?

En todo caso, en  Novacaixagalicia (NCG) recoñécese que a entidade galega terá moi difícil cumprir cos novos criterios de solvencia para evitar a nacionalización e a posterior venda a un gran banco. NCG necesita captar 1.500 millóns de aquí a setembro, desafío titánico tal e como está a economía.

Feijóo cala, Guillerme ataca

A liorta política está servida. A Xunta, gobernada polo PpdeG, xa acusou ao PSOE de “cambiar as regras de xogo”. Feijóo evita tomar unha postura clara, pois o PP estatal está a prol da bancaraización. 

No BNG xa preparan a batalla na defensa da galeguidade de NCG. O voceiro dos nacionalistas Guillerme Vázquez escribiu hoxe no seu Facebook que “agora veñen a pola caixa galega, queren facerse co aforro deste País. Lembrade que fomos quen de parar o primeiro asalto, cando desde o BNG impulsamos a fusión e a lei de caixas. Agora hai que parar o segundo asalto. Imos tomar a iniciativa, como sempre facemos. Contra a privatización e a favor do carácter social e do compromiso territorial da caixa galega.Tomar a iniciativa significa abrir unha rolda de contactos coas forzas políticas e sociais para chegar a unha Posición de País, unha posición galega en defensa do noso sistema financeiro frente aos que pretenden apoderarse dos nosos aforros e levalos fóra de Galiza”.

O certo é que hai anos que as caixas galegas levan investindo os aforros xerados no país lonxe de Galicia. Fixérono en centos de operacións inmobiliarias de dubidosa solidez. Investimentos que se desfixeron como castelos de naipes en canto comezou o previsíbel pinchazo do boom do ladrillo.

Velaquí unha escolma da participación das entidades semipúblicas galegas nas constructoras que acabaron pedindo concurso de acredores, a antiga suspensión de pagamentos:

  • A quebra máis importante foi a de Martinsa-Fadesa no inicio do verán de 2008. A caída desta inmobiliaria tivo ademais un forte impacto psicolóxico, pois desatou o comezo da caída da burbulla do ladrillo. En Martinsa-Fadesa, Caixa Galicia era a cuarta maior inversora, con 270 millóns en créditos que só agora comezará a cobrar parcialmente tras superar a compañía o concurso de acredores. Para cubrir os riscos destas operacións, a entidade que dirixiu José Luís Méndez tivo que 'provisionar' (apartar os cartos e non facer uso deles) polo menos 78 millóns. Caixanova tiña créditos recoñecidos con esta compañía por 69 millóns. Caixa Galicia tivo que aceptar 404 vivendas en Sanxenxo para cancelar 25 millóns da débeda.
  • Caixanova investiu 3,2 millóns no valenciano Grupo Llanera, que acudiu á suspensión de pagos a finais de 2007 e que superou a crise a finais de 2009.
  • O grupo andaluz Tremón tamén quebrou en 2008 deixando un burato de 1.000 millóns. Caixa Galicia era o oitavo máximo acredor, con 47 millóns.
  • Caixa Galicia prestou unha cantidade que GC non puido determinar ao Grupo Lábaro, que quebrou en abril de 2008. A entidade tivo que mercar 156 inmóbeis en Tenerife. Entre os acredores da viguesa Exconsa estaba Caixanova, nunha cantidade que GC non puido determinar.
  • Euskadi era a base da inmobiliaria Urazca, na que Caixa Galicia era a maior investidora cunha débeda de 74 millóns.  A cambio de cancelar parte da débeda a entidade galega quedou coa urbanización La Manjoya en Oviedo.
  • En setembro de 2009 entrou en concurso a aragonesa Nozar. Caixa Galicia era un dos sete maiores financiadores da empresa da familia Nozaleda. A entidade tivo que cambiar parte da súa débeda de 26,57 millóns por accións de filiais do mesmo grupo.
  • A constructora catalana Pedralbes entrou en concurso de acredores no verán de 2009. Caixa Galicia quedou pillada cunha débeda de polo menos oito millóns.

Esta lista só abrangue grandes constructoras que tiveron que acollerse ao concurso de acredores. As caixas galegas tamén teñen investido en empresas do ladrillo que, ante a imposibilidade de devolver os cartos, lograron finalmente refinanciar a débeda a un maior prazo.

Por exemplo, Superficies Comerciales (Superco)  -dona dos centros comerciais Ponte Vella (Ourense), Cuatro Camiños ( A Coruña) e Pontiñas (Lalín)- ten entre en Caixa Galicia o seu principal acredor canda o Banco Pastor. A entidade coruñesa e Caixanova tamén participaron na refinanciación da débeda o ano pasado do Grupo San José, editor de Xornal de Galicia e ANT. Parte da débeda cancelouse con accións do grupo.

None

0 40% do investido en pisos pode non recuperarse

Ante a incertidume creada, Novacaixagalicia remitiu un comunicado a CNMV sobre os seus investimentos no ladrillo. A entidade presume de ter menos implicación que a media das entidades no sector da construción.

Con todo, NCG admite que ten investido en constructoras e inmobiliarias 33.000 millóns, dos que o 40% son de dubidosa recuperación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

3 Andamolho

Parecerá que as unicas razons para a intervencion son os problemas polas malas inversións,moi ben, xa que logo porque fai escasamente un par de meses se avaliou por parte dos responsables a fusión das duas caixas?Animense senhores de GC e investigue cales son as verdadeiras razóns qe levan a PP e PSOE a deixar as comunidades sen sistemas financieiros,porque se a culpa a tenen as malas inversions igual seria bo que todos ponhan as cartas cara arriba tamén o banco de espanha que algo terá que ver o asunto.

1 trecola

Que din agora os mantidos da UPG que foron de ganchete co PP? Non lembran que Beiras e máis xente lles anunciaron que o tema ía por aí e que a estratexia era outra?

2 Andamolho

Ilustranos trecola,cal era esa outra estratexia?

3 Ricardo

Pois engolir as Caixas. Cando en 2003 as caixas de aforros superaron en investimentos crediticios aos bancos, Botín e Glez atinaron a maneira de facer desaparecer a competencia mais expoliando os activos e con eles todos os aforros dos pequenos e medianos clientes. Para iso aproveitan ao ultraliberal MAFO que deixa que as caixas sigan a xogar a ser bancos e a esquecer a verdadeira natureza xurídica destas entidades financeiras; non esquezamos que unha caixa serve para financiar a particulares e Pemes orientando os beneficios cara a obra social. Mais ZP vende a súa alma no Ecofin e prégase á onda liberal e centralizadora dos mercados e da caverna de Madrid. Alemaña ten máis de 390 caixas de todo tamaño e medra a un 3,6%. Se cadra alí non hai xestores como Méndez e Gayoso, aplaudidos e reverenciados durante anos por uns e por outros...menos por Beiras que xa en 1997 quixo reformular a Lei de Caixas autonómica para os controlar máis e mellor.

4 Andamolho

Moi boa explicación Ricardo coa que concordo basicamente,mais tamén seria xusto facer referencia a lei de caixas onde se non me trabuco se introduce por primeira vez a representacion parlamentaria,endurece as incompatibilidades dos conselheiros e determina que calquera fusion teria que ser autorizada por facenda,lei que propuxo o BNG,ter unha liorta interna pode ser ate saudable por iso do debate mais cargar sempre contra unha parte,que lembro e maioritaria dentro do BNG parece mais que debate,obsesión,na minha opinión buscar culpables que resulten rentables para as opcions persoais non parece moi xusto, non coa UPG, senon co proprio pais.

5 oficios varios

Imos ver, hai políticos nas caixas? Si, mesmo do BNG en Caixanova. Hai sindicalistas nas caixas? Si, mesmo da CIG. Logo seguimos preguntando, onde estabán eses espabilados nacionalistas para non denunciar o burato? Moi sinxelo, estabán ao quente, ben mantidos e cobrando. Hai responsables, hai culpables da UPG e do BNG -que igual dá-, e son como os demais(PP e PSOE, CC.OO. ou UGT) uns inútiles pagados polo pobo traballador.

6 Black Crow

"oficios varios" : Guau, una respuesta inteligente ... ¡Y en gallego! Parabienes

7 Andamolho

Buf!! os "parabienes" do corvo venhen cargados de xenreira,o que parece esquecerse e de donde ben o problema,cal e o fin de toda esta cuestion,no canto de facer recaer as culpas nos politicos nacionalistas por unha banda e nos politicos dunha tendencia nacionalista pola outra, e por certo esquecerse dos politicos "nacionalistas espanhois"digo o actual problema e o de convertir as caixas en bancos,e centralizar o poder financieiro,e xa que logo apartar a Galiza dunha ferramenta indispensable para axudar o seu crecemento.Isto ven de onde ven,e faise coas intencions que se fai,ou e que alguen e tan inocente para crerse que nas decisions dos bancos non influen os politicos?acaso as decisions que se esán a tomar con respecto as caixas tomanas os politicos sen complicidades?onde queda a culpabilidade do banco de espanha(MAFO)en toda a liada ladrilheira das caixas?,non é poltico MAFO?de que estamos a falar.

8 Teresa

A mín pareceme máis interesante ler ésto que facerlle caso a ningún corvo http://www.elpais.com/articulo/opin...

9 Andamolho

Teresa a ligazon da erro,volve subila por favor

10 Teresa

http://www.elpais.com/articulo/opin... Se ainda da erro vai a El pais, opinion, José María Vallés.

11 Andamolho

Coma acostumas moi interesante ligazón Teresa,paga a pena entrar neste foro con opinantes coma ti,grazas.

12 un calquera

Onde estaban os políticos do BNG e sindicalistas da CIG?, pois denunciando que as caixas invirten fóra de Galicia, teñen moitas ligazóns co ladrillo e buscan o máximo beneficio tal que parecen bancos. O nacionalismo sempre se queixou disto. Pero só ten un 15-20% do poder. Con iso só pode denunciar. Xa está ben de esixirlle ós nacionalistas como se tivesen maioría absoluta cando non a teñen. Aquí quen tivo a maioría absoluta case sempre foi o PP¡¡

13 ferrolterra

Estaban os do Bloque e Ciga tomando café e mirando como chove detrás do cristal, iso seguro, e non denunciando como di o calquera, por iso non pasamos, o que estaban era pedindo máis postos para liberar amigos nos consellos de administración, igual que os do PP e Psoe, que cando se trata de trincar son da mesma calaña: postos nas administracións, altos cargos, pluses, seguros e xubilacións de ouro. ¿Retirouse algún da Ciga ou do Bloque das caixas por non estar de acordo coa liña destas? Nunca tal se viu, por que o prioritario é o peto. Tanto falar de dignidade, diferencia e alternativa para participar na mesma merenda.

2 un calquera

Fan falla 1500 millóns. Só o pufo de Fadesa con CaixaGalicia son 270 millóns de euros, máis o grupo tremón 47 millóns, máis urazca 74 millóns. Aínda hai coruñeses que pensan que CGalicia tiña algo que dicir na fusión. O tempo é amigo da verdade e todo se acabará sabendo. O triste disto é que hai xente que lle chama financeiro ó señor Méndez na vez de pufero e ladrón, expulsado de CG, presidente da fundación caixagalicia sen cobrar nada. E membro do consello de dirección de Sacyr-Vallehermoso por unha millonada. Señores de GC, canto lle deben a CG de Sacyr-Vallehermoso?, e canto lle debe en préstamos un coñecido xornal chamado La Coz de Galicia?.

1 Teresa

Non son 1.500 millóns. Agora á esixencia é do 9 ou 10% de core capital.

1 Canario inmigrado

Gallega o valenciana, lo importante es que sea razonable con las inversiones solo para empresas solventes. Este artículo revela que los gallegos no fueron capaces de gestionar bien su dinero, igual ahora se rentabiliza mejor.

1 MacBert

E quen decide a solvencia? O que teñen que ser solventes son os proxectos, non só as empresas. Baseándose na solvencia dos gurús, seméntase o camiño do desastre ou da indolencia. Insisto, o importante son os proxectos que defendes e/ou pensas, non de quen ves sendo.