Temas: BNG ANA MIRANDA UE

Ana Miranda: “O escano do BNG no Parlamento Europeo é o escano de Galiza en Europa”

Tras a toma de posesión do seu escano, a eurodeputada do Bloque avanzou que traballará “sen descanso” para que Galiza non sexa discriminada no reparto dos fondos de cohesión

Por Galicia Confidencial | Bruxelas | 28/02/2018 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, tomou este mércores posesión do seu escano no Parlamento Europeo, nun pleno celebrado en Bruxelas, que "permitirá ao Bloque Nacionalista Galego continuar o traballo en defensa do país pero pisando o acelerador con máis intensidade e con máis potencia, sabendo que vai ser o útil o noso traballo”, expresou o partido.

Ana Miranda (BNG), no Parlamento Europeo
Ana Miranda (BNG), no Parlamento Europeo | Fonte: Delmi Álvarez.

Ana Miranda afirmou que o escano do BNG no Parlamento europeo “é o escano de Galiza en Europa”. “É un día moi especial para agradecer a todas as votantes que no 2014 nos apoiaron, quero que saiban que non van quedar defraudados", manifestou a eurodeputada, que quere que os cidadáns "sintan que este escano será a representación do seu país na Eurocámara”.

Tras a sesión plenaria, Miranda asegurou que se deixará “a pel e o cerebro” traballando por Galicia, “con moita ilusión e sobre todo en beneficio das galegas e os galegos”.

A eurodeputada fixo fincapé en que desde o seu escano traballará “para evitar que Galiza quede discriminada nas negociacións dos fondos estruturais”. Ao respecto, explicou que unha das prioridades do Bloque radica en traballar para que o país non saia perdendo no reparto futuro dos fondos de cohesión, dos que mesmo podería quedar excluído cos criterios que baralla a Comisión Europea para o período orzamentario 2020-2027.

“Asumo este escano co firme obxectivo de defender os intereses de Galiza e evitar que sexa moeda de cambio”, avanzou a eurodeputada nacionalista, quen asemade sinalou que o escano do Bloque terá un “marcado carácter social” desde o que denunciará a precariedade laboral, o recorte de servizos públicos, da sanidade ou a reforma das pensións, que en Galicia son as segundas máis baixas no Estado español.

En España o gasto en pensións con respecto ao PIB é do 10,7%, mentres que a media da UE ascende aos 12,2%, case dous puntos máis. "Isto indica que o esforzo medio na Unión Europea para manter o sistema de pensións é maior que o do Estado Español, polo que o Estado ten marxe para incrementar o seu esforzo no mantemento do sistema", consideran os nacionalistas.

A eurodeputada do Bloque tamén avisou de que centrará a súa actividade en presentar iniciativas centradas na defensa dos servizos públicos e do emprego, posto que “a recuperación económica da que fala o Partido Popular é unha mentira, xa que non trae aparellada a recuperación social senón a pobreza nas traballadoras e traballadores”, criticou.

Outro dos aspectos fundamentais aos que fixo referencia Miranda foi a defensa dos dereitos e a denuncia do recorte das liberdades no Estado español, fronte que loitará desde Bruxelas.

Temas: BNG ANA MIRANDA UE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

11 chaca

Bonita foto la de feijoo apoyando a la politica de en marea con martiño al frente.Cediéndole el sillon??

10 carla

E triste comprobar como galegas e galegos odian ao seu Pais. Mais é unha ledicia ver que outra boa parte se sinte orgullosa de chantar á nosa bandeira en Bruxelas. Adiante BNG!.

1 Undopobo

Esa bandeira non é a nosa. É a bandeira dun partido que prostituiu a enseña de GALICIA cunha estrela comunista, que non representa máis que aos que votaron por ese partido, e dicir, menos do 10% dos cidadáns de GALICIA.

2 Lamportanselaros

Claro. O importante é se a bandeira leva ou nom a estrela. Nom se o eurodeputado aproveita pra trabalhar polo país ou pra ranhá-la. Logo a TVG venderá que a Galiza tem meia dúzia de eurodeputados galegos utilizando o critério Julio Iglesias, umha pinga de sangue galego diluído num pipote de espanholaria.

3 nostrus

Undopobo, esa bandeira merece o mesmo respeto e consideracion que a bandeira española co aguilucho ou a da Falange. Galicia non é renegada, agás os bloqueiros e unhos cantos mais da sua calaña que teñen na resta e na division o seu modo de ser e de aportar. O bloque loita por construir unha Galicia chea de galegos que teñan que cumplir unhos parámetros para selo. O nacionalismo deberia ser aquelo contra o que todas as personas decentes deberian loitar.

4 carla

Pois eu sinto unha inmensa ledicia ao ver os meus símbolos polo mundo adiante.

5 nostrus

carla. A saber cales son os teus simbolos. Ao mellor os teus simbolos son a cruz do cristianismo, a estrela vemella do comunismo ou a cruz gamada, as cores blaugranas do Barça ctr, pero eses simbolos só representan as personas que pertenecen a ese grupo, xa que os simbolos que nos representan a todos os galegos son a bandeira galega e a bandeira española, nas que vamos incluidos todos. Si ti non te sentes representada neses simbolos é porque sufres algunha crise de identidade.

6 Nomovascrer

Manda caralho o nível de arrogância combinada com fatuidade hai que ter pra que alguém se sinta com autoridade pra lhe dizer aos demais em que símbolos se podem sentir representados! Cousas veredes.

9 Celidonio

A min Ana Miranda non me cae mal, e seguro que traballa máis e non é máis aproveitada dos escandalosos privilexios dos eurodeputados... O que nunca aclarou o BNG foi o caso do seu antecesor, don Camilo Nogueira, partícipe da Sicav de Luxemburgo. Nunca pediu disculpas, e menos aínda devolveu o trincado. Aquí, no peto propio, é onde está o interese primordial do BNG, o lugar onde os que se din comunistas se confunden coa dereita rancia e casposa que ten montado o paripé chamado Europa. O máis triste, igual que os galegos do común seguen votando PPsoE sabendo que son corruptos, os sempre tan críticos servos do BNG miran para outro lado e asubían cando tocan "os nosos".

8 Teikisi

Tranquilidade fachorrio! Vós tamém tedes os vossos eurodeputados que estám a trabalhar muito e bem polo país. Som os grandes patriotas... como caralho se chamavam, e exactamente que tenhem feito estes anos? Bom. Seguramente o fascio neste foro tam elocuente, vai-no aclarar de seguido.

7 Undopobo

Esa bandeira representa só ao 8% dos galegos. Non se pode identificar iso con GALICIA. GALICIA (soa mellor así), non é comunista nin tampouco nazionalista.