Temas: BNG ANA MIRANDA UE

Ana Miranda: “O escano do BNG no Parlamento Europeo é o escano de Galiza en Europa”

Tras a toma de posesión do seu escano, a eurodeputada do Bloque avanzou que traballará “sen descanso” para que Galiza non sexa discriminada no reparto dos fondos de cohesión

Por Galicia Confidencial | Bruxelas | 28/02/2018 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, tomou este mércores posesión do seu escano no Parlamento Europeo, nun pleno celebrado en Bruxelas, que "permitirá ao Bloque Nacionalista Galego continuar o traballo en defensa do país pero pisando o acelerador con máis intensidade e con máis potencia, sabendo que vai ser o útil o noso traballo”, expresou o partido.

Ana Miranda (BNG), no Parlamento Europeo
Ana Miranda (BNG), no Parlamento Europeo | Fonte: Delmi Álvarez.

Ana Miranda afirmou que o escano do BNG no Parlamento europeo “é o escano de Galiza en Europa”. “É un día moi especial para agradecer a todas as votantes que no 2014 nos apoiaron, quero que saiban que non van quedar defraudados", manifestou a eurodeputada, que quere que os cidadáns "sintan que este escano será a representación do seu país na Eurocámara”.

Tras a sesión plenaria, Miranda asegurou que se deixará “a pel e o cerebro” traballando por Galicia, “con moita ilusión e sobre todo en beneficio das galegas e os galegos”.

A eurodeputada fixo fincapé en que desde o seu escano traballará “para evitar que Galiza quede discriminada nas negociacións dos fondos estruturais”. Ao respecto, explicou que unha das prioridades do Bloque radica en traballar para que o país non saia perdendo no reparto futuro dos fondos de cohesión, dos que mesmo podería quedar excluído cos criterios que baralla a Comisión Europea para o período orzamentario 2020-2027.

“Asumo este escano co firme obxectivo de defender os intereses de Galiza e evitar que sexa moeda de cambio”, avanzou a eurodeputada nacionalista, quen asemade sinalou que o escano do Bloque terá un “marcado carácter social” desde o que denunciará a precariedade laboral, o recorte de servizos públicos, da sanidade ou a reforma das pensións, que en Galicia son as segundas máis baixas no Estado español.

En España o gasto en pensións con respecto ao PIB é do 10,7%, mentres que a media da UE ascende aos 12,2%, case dous puntos máis. "Isto indica que o esforzo medio na Unión Europea para manter o sistema de pensións é maior que o do Estado Español, polo que o Estado ten marxe para incrementar o seu esforzo no mantemento do sistema", consideran os nacionalistas.

A eurodeputada do Bloque tamén avisou de que centrará a súa actividade en presentar iniciativas centradas na defensa dos servizos públicos e do emprego, posto que “a recuperación económica da que fala o Partido Popular é unha mentira, xa que non trae aparellada a recuperación social senón a pobreza nas traballadoras e traballadores”, criticou.

Outro dos aspectos fundamentais aos que fixo referencia Miranda foi a defensa dos dereitos e a denuncia do recorte das liberdades no Estado español, fronte que loitará desde Bruxelas.

Temas: BNG ANA MIRANDA UE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

6 Galegus

Vexo a foto e recordo a cita: o patriotismo é o último refuxio dos canallas. E tamén aquel que decía "estou en política para forrarme".

5 comunista independentista

Galiza=BNG, BNG=Galiza. Ten ben aprendida a doutrina iluminada, fanática e limitada da secta. Boa rapaza, obterá premio.

4 VNAC

Toda a parafernalia upegalla xunta nunha soa foto. Está claro que esta muller sabe o que ten que facer para que o politburó da UPG déixea en Bruxelas, cobrando 8.500 € ao mes do erario público e gozando de viaxes gratis en clase business.

1 marea de facistas

cala a boca macho, que todos sabemos e mira o que están facendo os teus xefes da marea podreira, o pasteleo podreiro da deputada da comunista a antivaciñas a bruxa APOCIMAS lidia siriza, moitos foron engañados pensando que votaban galiza e estaban a votar a izquierda comunista de expaña (IU ilusionistas unidos) engañaron moito a xente decía que votaba galego e non expañol, e resultou que antivacinas esta na lista da comunista podreira, xa basta de engañar asi comunistoides, ti si que sabes da boa vida "liberado da marea", escribano do alcaide CORUÑOS (77.208 EURO$), estades engañando os galegos entregando votos o ladroecio de expañol, estades a defender astaleiros de cadiz-cartaxeneiro contra Ferrol, asi son os resultados de votar o expañol de votar a comunista, o pobo xa deuse de conta de que ides, o pobo xa os fara pagar as vosas traizos destes anos, os engaños multipes e farisaicos... ides para o inferno as mentiradas e burradas que decides non os van salvar...

3 Breogán

Galiza é un pobo e un territorio que existe dende fai uns dous mil anos co invento da espanha. Que é un invento de fai tres días con pasado manham.

2 Becker

¿Qué es Galiza? Me dices mientras clavas mi voto en tu banco azul. ¿Qué es Galiza? E ti mo preguntas? Galiza é a U!

1 Zunhiga

Decirvos fatxa é pouco.