Eu non o faría, e non teño claro que un falanxista non saiba que as flechas son cinco... pero cada quen recolle o que sementa. Como sempre, primeiro empezaron os partidarios da memoria histórica esnaquizando e pintarraxeando pracas e monumentos, as fotos, aquí:
E a cousa, como se fai mal... Non é o primeiro caso
Acabo de ler noutro tema que pides condena para uns rapaces acusados de reventar un acto de Galicia Bilingüe e sen embargo agora xustificas un acto vandálico. Que fácil é quedar co cu ao aire e demostrar o pouco demócrata que poden ser algúns! O que tal fai o fanatismo ideolóxico!
Non sabes do que falas, sacas conclusións precipitadas porque entras so a provocar ¿Estás doente polo que dixen outros posts, verdade? Se os collen, por suposto, caiga sobre eles o peso da lei.
Manoliño, as frechas eran cinco... non si? pois vainas metendo unha a unha por aí. Que haxa persoas dunha ou doutra ideoloxía que teñan feito pintadas non xustifica o vandalismo e a apoloxía do fascismo por parte de ninguén. Se isto chega a pasar na Alemaña os autores xa terían a policia detrás implacable.
Na terminoloxía de Internet, un troll é unha persoa que busca intencionadamente interromper as discusións en Internet ou anoxar os seus participantes, para o que adoita empregar mensaxes groseiras, ofensivas ou fóra de tema coa intención de provocar a reacción dos demais.... Adoita crerse que é un diminutivo da frase trolling for suckers (aproximadamente, ‘pescando pailáns’), que á súa vez deriva da expresión inglesa trolling for fish, alusiva a unha técnica de pesca na que se vai deixando tras un bote unha sedela con cebo ou chamarices para atraer os peixes.....Para moita xente, a característica distintiva do comportamento dun troll é a percepción do intento por trastornar a comunidade dalgún xeito: escribir mensaxes incendiarias, sarcásticas, disruptivas ou humorísticas destinadas a arrastrar os demais usuarios a unha confrontación infrutuosa. Canto maior sexa a reacción da comunidade, máis probable será que o usuario volva a comportarse coma un troll.
Pois eu penso que é bastante razonable o que di Manoliño. E tamén creo que uns cantos mantidos aos que so lles interesa que se coñeza a súa versión e desprestixiar ao case que único que non vos di a todo amén-amén. E tamén é un truco moi vello acusar a alguén de troll para eliminar a quen non se pode tumbar con argumentos.
Manoliño...agora te trasvistes?? Primeiro helenita/manoliño: de razoable non ten nada. Segundo: O que tes que ir manoliño é ir ó oculista. Basease en que teñen 3 frechas en vez de 5. Iso xa indica o coñecemento que ten da simboloxía feixista. A algún dos trol-eiros que anda por aquí cre que caben 5 frechas co trazo gordo que empregaron? Mirade a fotografía de novo coas gafas postas. E non o vexo tan raro que os feixistas fagan iso: iso recórdalles que son uns asasiños e que provocaron a vergoña de España no resto do mundo durante 40 anos. Ou como dicía Carmencita Franco: La finca de papá.
Rayleigh, é tan sinxelo como preguntar aos administradores de GC se a miña ip coincide coa de Manoliño. O que che pasa, neniño, é que eres algo pesadiño, algún polo que se ve pasa de ti, e non llo perdoas.
Eu non lle teño nada que perdoar a ninguén. Nin facerme perdoar e menos por un negacionista que se estivéramos nun país serio estaría dando explicacións na comisaría por exaltación do feixismo. E se pasa de min, pois que pase. Que non por elo vou calarme. Máis ben demostra que non pode rebatirme. E se te molestou o de travestí, perdoa muller. É que a verdade como pensades todos o mesmo a pé da letra, e sodes tan simples pois prodúcense confusións. Por certo, os que fan pintadas, se os pillan, fanlles limpalas. Que pena que non pillaran o imbecil das frechas obrigándolle a limpar a súa estupidez, non cres helenita?
Ray, entras a trapo... podes ler o comentario do #4 e decatarte do significado de "pescar pailáns"...
Manoliño non é un troll, sempre da razóns. Trollazo é ése que cae ás veces por aquí a insultarnos a todos os que amamos o idioma galego, ese sí. E pola súa culpa pecharon unha noticia qe saíu hai uns dias. Non entendo por qué, total cadaquén se retrata a sí mesmo...
Grazas Isabel. Xa sei que entran a provocar. Pero considero que de vez en cando, hai que atizarlles coa realidade para que non se crezan e deixalos en evidencia, xa que a xente non avisada pode interpretar que teñen razón, cando non a ten. Tampouco te creas que esta xente, pensa moi distinto dos vómitos que poñen aquí. Considero que grupúsculos de trolls como GB e ultras varios, están activos pola permisividade dos demáis. E como Helenita, a troll femia, di: "algún polo que se ve pasa de ti". O manoliño xa non me contesta :)
CranioF, a ese contesteille como se merecía, perdeu os papeis e dende entón leva 2 semanas sen entrar. Debe estar recuperándose para a próxima. E Manoliño non da razóns. Sempre di o mesmo: Corrupción do PP? Todos os políticos son iguais. Memoria Histórica? Están ben "eliminados"....
Meu Ray querido, se pensas que cos teus argumentos de palmero do BNG convences a algún despistado, andas aviado... Es un simple, para ti só existen os bos e xenerosos (do BNG, por suposto, que son o mellor entre os malos onde escoller), e os malos-malísimos do PPSOE (onde estamos -por que ti o dis- todos os que criticamos o clientelismo dos vendidos do Bloque de dereitas). Que aburrido ser taparrabos do BNG, tratando de guiar ás ovelliñas descarreiradas. Deixanos equivocarnos, non queremos ver o camiño...
Canta muller hai hoxe por aquí! Iso está ben. Muller! A verdade é non se pode chamar bo a un partido como o PP leva gobernando 75 anos en Galiza (Si, puxen os anos ben) e estamos no furgón de cola de España. Non dirás que non tiveron tempo!! E do SOE, pois que queres que che diga...Tanto din unha cousa como din outra. E sempre bótandolle unha mán o PP cando perde o poder. Pasou en 1989 e volveu a pasar no 2009. Todo o que poño, son as miñas opinións. Como fan varias deceas de persoas deste confidencial. Leo todas, recoñezo a validez dalgunhas e ríome doutras polas tontadas que poñen. Sobre estas últimas non teño que dicir de quenes son, verdade cari?