Por Lage Tuñas | Noia | 07/02/2011
Parece que o Partido Popular rexeita a proposta aínda que ningùn dos seus voceiros dou a cara para explicar as sùas razóns. Cabe recordar que a nosa proposta está dirixida a fomentar a transparencia e combatir a opacidade, a mellorar a relación de confianza entre a cidadanía e os representantes pùblicos e a incorporar ao marco normativo galego disposicións xa existentes noutras Comunidades Autónomas.
Tamén teño que recordar aquí que a semana pasada o PSOE anunciaba no Congreso dos Deputados e no Senado a presentación dunha proposta semellante para que os deputados/as e senadores/as tiveran que facer pública a súa declaración de bens, actividades, intereses e patrimonio como xa fai o Goberno de España dende o ano 2009.
O Presidente da Xunta ata o de agora evitou pronunciarse de forma explícita, a pesares de que o Sr. Nùñez Feijóo lle adica màis tempo à sùa vocación de tertuliano que à tarefa que ten como màxima autoridade de Galicia.
Por qué o “tertuliano” Feijóo està mudo diante dunha proposta que mellora a transparencia na política e permite unha maior calidade do noso sistema democràtico?
Que teñen que ocultar aos galegos Feijóo e o seu goberno?
Por qué non apoian a proposta para que sexa pùblica a Declaración de Bens, rendas, intereses, actividades e Patrimonio? Eu tal e como vos anunciaba fai uns días neste blog, fago hoxe público un resumo da miña declaración de patrimonio.
Resumo declaración de patrimonio cargo público
:
É unha decisión libre e voluntaria, comprometida coa transparencia e en liña coa proposta que presentamos o pasado 19 de xaneiro na que lle demandamos ao goberno galego que impulse unha normativa autonómica que obrigue aos cargos pùblicos a facer pùblica a declaración de patrimonio (actividades, intereses, rendas e bens) de xeito anual.
Penso que a transparencia é boa para a democracia e por iso comprométome a facer pùblico a través deste blog, de xeito anual, un resumo da miña declaración de patrimonio.
Que temen Nùñez Feijóo e o seu goberno?