Por Lage Tuñas | Noia | 24/03/2011
A sesión foi interrumpida para comer ás 15:15, reanudándose o pleno ás 16:30. Habitualmente hai cando menos hora e media de interrupción para que @s deputad@s vaian a comer e ademáis poidan preparar asuntos que se tratarán ao retomarse a sesión plenaria. Onte non foi así, só tivemos unha hora e 15 minutos.
Habitualmente os plenos do parlamento duran todo o día. Comezan ás 10 horas e rematan entre as oito e as nove da noite. Onte non foi así. Por qué?
Que se saiba non houbo ningún acordo da Xunta de Portavoces nin da Mesa do Parlamento para acortar o horario das sesións plenarias.
O que sí se sabe é que onte ás oito da tarde celebrouse en Pontevedra a presentación de Telmo Martín como candidato do Partido Popular á alcaldía desa cidade.
Póñense os horarios dunha institución ao servizo dun partido político?
Pódese relegar a actividade do Parlamento, a principal institución de Galicia, e supeditala aos intereses do Partido Popular?
Cómpre unha explicación, non sí?