SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2018 | Actualizada ás 20:50 por EUROPA PRESS
A circulación ferroviaria interrompida desde a pasada medianoite en Pantón (Lugo) por mor dun descarrilamento quedou restablecida sobre as 18,15 horas.
Segundo informaron fontes de Adif e do 112, as retroexcavadoras enviadas polo administrador de infraestruturas concluíron os seus labores pasadas as 18,00 horas, tras retirar da vía a máquina do convoi.
Foi un desprendemento de terras o que, sobre as 1,30 horas deste venres, fixo descarrilar á locomotora do tren hotel que circulaba pola vía férrea Ourense-Monforte, con destino a Pontevedra, ao seu paso por Pantón.
O 112 relatou que a bordo viaxaban unhas 47 persoas que resultaron ilesas e que permaneceron no interior do convoi até a chegada dunha nova máquina locomotora que conduciu os vagóns a Ourense.
MAQUINISTA ATENDIDO
O maquinista necesitou asistencia, xa que presentaba algunhas lesións, aínda que de carácter leve, polo que foi atendido no punto sen que fose necesaria a súa evacuación.
En concreto, o 061 enviou unha ambulancia asistencial e un médico do Punto de Atención Continuada de Monforte para atender ao home L.A.C.V., de 41 anos, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.