SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2018 | Actualizada ás 12:20 por EUROPA PRESS
Está previsto que o presunto parricida de Monterroso (Lugo) pase a disposición xudicial sobre as 12,00 horas deste mércores no xulgado de Chantada, que coordina a investigación e decretou o segredo de sumario.
O home foi conducido na mañá do martes desde as dependencias da Guardia Civil en Lugo até ao cuartel de Monterroso para que prestase declaración ante os axentes.
Fontes próximas á investigación indicaron que, após pasar a noite en dependencias da Benemérita, estaba previsto a media mañá deste mércores o traslado do presunto agresor para pasar a disposición xudicial ao mediodía.
O presunto parricida acabou coa vida do seu pai a "puñadas e patadas" na noite do domingo, segundo fontes da investigación, cando o fillo do agresor e neto da vítima, de catro anos, atopábase no domicilio que compartían o tres. No entanto, o menor non presenciou o crime, ocorrido nunha vivenda situada na parroquia de Esporiz, conforme sinalaron as mesmas fontes.
Após matar o seu pai, foi o propio agresor o que primeiro avisou a unha veciña e despois chamou ao 112. A vítima presentaba varias costelas rotas, polo que apuntan os investigadores que foi unha "malleira" a que lle asestou o fillo, de 51 anos, que se atopaba no paro e que traballara como vixiante de seguridade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.