Por E.P. | PONTEVEDRA | 11/04/2018 | Actualizada ás 13:10
O patriarca do clan dos 'Charlines', Manuel Charlín, e o seu fillo Melchor Charlín Pomares foron trasladados na mañá deste mércores a un centro hospitalario após ser agredidos durante un asalto á súa vivenda no municipio de Vilanova de Arousa (Pontevedra).
Segundo informaron a Europa Press fontes da Guardia Civil e policiais, os feitos tiveron lugar sobre as 9,00 horas nunha vivenda dos 'Charlín' en Vilanova de Arousa.Fontes do Instituto Armado relataron que "uns encapuchados", supostamente con acente suramericano, agrediron a Melchor Charlín e ao patriarca do clan, que cumpriron condenas por narcotráfico e branqueo.
Por iso, ao lugar acudiu unha ambulancia do 061 que levou tanto a Manuel Charlín, de 85 anos de idade, e ao seu fillo Melchor, de 56 anos, ao Hospital do Salnés, confirmaron fontes sanitarias.
A Guardia Civil abriu unha investigación para esclarecer o sucedido e identificar os autores da agresión e asalto á vivenda dos 'Charlines'.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.