Temas: XUSTIZA FOLGA

CSIF Xustiza nega ter asinado ningunha proposta coa Xunta

O sindicato acepta e dá por válidos os resultados das votacións en Xustiza celebradas o 27 de abril aceptanto o Non á proposta do goberno galego.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 30/04/2018 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

A central sindical CSIF Xustiza, nun comunicado de prensa onde enumera seis puntos, declara no primeiro deles non ter asinado ningunha proposta co goberno autonómico. Tampouco apoia nin deixa de apoiar a dita proposta. Para confirmar isto copian unha das claúsulas da proposta da Xunta: “13. CLÁUSULA DE PECHE: As cláusulas contidas no presente documento serán válidas, de ser o caso, con posterioridade ao refrendo polo persoal da Administración de xustiza.”  Con isto queren sinalar que algúns sindicatos tentaron enganar aos traballadores e traballadoras da xustiza.

Reunión Folga Xustiza
Reunión Folga Xustiza

O sindicato tamén sinala que logo de oitenta días de folga, “co sacrificio que isto supón CSIF considerou necesario levar a proposta da Administración a votación dos traballadores tal e como nos comprometeramos con eles, cumprindo co acordado pola maioría do Comité de Folga”. Se non se fixese así, din desde a central sindical “suporía secuestrar a voz dos funcionarios e funcionarias de xustiza apropiándose da súa vontade en favor doutros intereses”.

Ademais de respetar os resultados da consulta, “porque respetalos supón confiar nos nosos compañeiros”, din que “aquelas forzas que falaban de fraude nas votacións quedaron en evidencia diante dos compañeiros demostrando unha enorme inseguridade sobre as súas propias conviccións” e que isto os levou a comportamentos violentos que se “traduciron nunha clara incitación ao odio”. Condentan os incidentes do día 27 de abril tanto por inxustos e pola mala imaxe que se deu da administración de xustiza. Acusan o comportamento dos sindicatos que non estaban de acordo coa proposta da Xunta de “suscitar dúbidas sobre os seus verdadeiros intereses neste conflito”.

O sindicato anuncia que seguirá no Comité de Folga aínda que dá por rota a unidade sindical “tras os insultos, coaccións e ameazas ocorridas o día 27”. Por iso, CSIF terá, dentro da negociación, a posición que considere oportuna “exclusivamente para a defensa dos intereses lexítimos dos funcionarios da administración de xustiza”

Por último, sinala que seguirán traballando para buscar unha soclución definitiva ao conflito e piden “ao resto de sindicatos, explicitamente aos que tentaron obstaculizar e impedir a consulta aos traballadores” que propoñan inciativa serias “en busca dunha saída definitiva ao conflito, salvo que  so usen a súa agudeza sindical en clave política por outros intereses”.


Temas: XUSTIZA FOLGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta