Miles de persoas en Vigo piden cambios na política económica do PP en dúas manifestacións separadas

UXT e CC.OO. convocaron por un lado e a CIG, polo outro. Entre os asistentes están os dirixentes do PSdeG Abel Caballero e Gonzalo Caballero e o líder de En Marea, Luís Villares, e a líder do BNG, Ana Pontón.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 01/05/2018 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

Miles de persoas percorren as rúas do centro de Vigo na manifestación principal convocada en Galicia por Comisións Obreiras e UXT baixo a lema 'Tempo de Gañar', por unha banda; e pola CIG, pola outra, baixo o lema "pola recuperación dos dereitos, contra a pobreza e a precariedade e por empregos, salarios e pensións dignas".

Manifestación convocada por UXT e CC.OO. en Vigo no 1 de maio
Manifestación convocada por UXT e CC.OO. en Vigo no 1 de maio | Fonte: CC.OO

As dúas marchas reclamaron unha reversión das políticas económicas do PP e unha maior distribución da riqueza, acorde coa recuperación económica. Na marcha da UXT e CC.OO. que saíu do cruce de Vía Norte e Urzáiz, participaron o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, entre outros, ademais dos secretarios xerales de UXT e CC.OO. en Galicia, José Antonio Gómez e Ramón Sarmiento.

Gómez chamou á mobilización para que este primeiro de maio sexa "un punto de inflexión" que cambie as políticas laborais e económicas, mentres que Sarmiento subliñou que "se dan as condicións para que a clase traballadora se movilice na rúa", porque non se está dando "un proceso de distribución da riqueza" pese ao crecemento económico.

CIG

Pola súa banda, o sindicato CIG presentará en próximos días o preaviso para convocar folga xeral o 19 de xuño, co fin de "avanzar un paso máis" na mobilización e "darlle a volta" á situación de precariedade e pobreza que viven os traballadores.

Así o anunciou, antes da manifestación convocada en Vigo con motivo do 1 de maio, o secretario xeral do sindicato, Paulo Carril, que apostou por "lanzar unha ofensiva" ante as políticas do PP que "cronifican" as desigualdades e a pobreza. Así mesmo, pediu a Comisións Obreiras e a UXT "que estean á altura" e sómense á convocatoria de folga, porque os sindicatos "deben dar exemplo" de rexeneración democrática.

A manifestación da CIG, na que participou o líder de En Marea, Luís Villares e a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, saíu do cruzamento de Urzaiz e Gregorio Espino, e discorre polas rúas do centro de Vigo baixo a lema 'Pola recuperación dúas nosos dereitos".

Manifestación convocada pola CIG en Vigo no 1 de maio
Manifestación convocada pola CIG en Vigo no 1 de maio | Fonte: CIG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

8 Xanc

Unión sí, pero entre galegxs Galeguistas, nacionalistas, independentistas. Cos Podemos, IU, CCOO etc pactos despois da Unión Galega. A dereita e o centralismo español son o problema de Galicia. Non é de hoxe, foi sempre. Cataláns e vascos sábeno de fai tempo, así teñen as pensións que teñen, nivel de vida, manteñen vivas a súa cultura e tradicións, etc etc etc

7 Mariñá

Galicia é un estado de ánimo (Villares dixit). CCOO e UGT asinan co PP pacto para xubilarse aos 67 (ser precario ata os 67 e pensións de m.rda despois! Menudo acordo!). CCOO di que a folga ten que pedirse dende Madrid..(son máis os madrileños ca os Galegos? Hai que obedecer sempre? Estou ata a c.na!). Villares CernaEn Marea, aclárense! Ou España ou Galiza, non hai máis. CiG e CUT do pouco que vale a pena no mundo sindical.

6 GzWarrior

Non se pode estar ao sol e á sombra á vez. Teño defendido a Villares porque é unha boa persoa, e con valía política. Pero debe escoller e deixalo claro...

1 Ja,ja,ja

A ver, ti es moi cándido ou falo? A ambigüidade ideolóxica e nacional é o caldo de cultivo de mareantes... Agora os de Podemos téñeno máis claro, seica anda o seu líder reclamando os valores republicanos pero non a república. Non nos tomedes por parvos. Algunhas aínda pensamos.

5 ex mareado arrepentido

O XEFE o chamado "vello -Vieiras" se entera do que o xuiz villanías foi a manifa do 18 de xullo da mao de CO.CO $ (comisions pepeiras) - terroríficas reaccions do -Vieiras, a xente con enfermedades cardiacas non pode velo, (nin con holter, marcapasos nin desfebriladores internos) os nenos e as mulleres parturientas tampouco... GRAN VIDEO DA REACCION DO -VIEIRAS EN VIVO - https://www.youtube.com/watch?v=MUL...

4 Amoxegador

Este homem não acredita no princípio de autoorganização do povo galego. Rendição perante o espanholismo.

1 O que queda do BNG

Falas de Lores da U? Vival´loh toroh y la diputación!