CUT, STAJ e CIG levan ás manifestacións de Vigo as súas críticas aos sindicatos de xustiza "vendidos"

As centrais CUT, STAJ e CIG levaron ás manifestacións do primeiro de maio as súas críticas aos sindicatos "vendidos" no conflito da xustiza galega, e evidenciáronas nas marchas que percorreron as rúas do centro de Vigo este martes.

VIGO | 01/05/2018 | Actualizada ás 20:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

As centrais CUT, STAJ e CIG levaron ás manifestacións do primeiro de maio as súas críticas aos sindicatos "vendidos" no conflito da xustiza galega, e evidenciáronas nas marchas que percorreron as rúas do centro de Vigo este martes.

Funcionarios de xustiza manifestándose en Vigo
Funcionarios de xustiza manifestándose en Vigo | Fonte: Europa Press

Así, varias decenas de traballadores, ataviados coas súas camisetas azuis reivindicativas, saíron en manifestación xunto coa marcha convocada polas centrais minoritarias (CUT, CXT, Prosagap, etc.), e que partiu desde a Praza de Fernando o Católico.

Cando os funcionarios de xustiza chegaron ao cruzamento das rúas Vía Norte e Urzáiz, onde varias decenas de representantes de UXT e CC.OO. agardaban a que chegase a hora de partir na súa propia manifestación, increpáronlles ao berro de "Vendidos!" e "Traidores!".

Ademais, antes de chegar ao final do percorrido, á altura da coñecida como 'farola de Príncipe', esperaron a que pasase a marcha de CC.OO. e UXT para mostrarlles o seu rexeitamento, volvéndolles as costas.

Finalmente, agardaron á chegada dos manifestantes convocados pola CIG, que lles dedicaron varios aplausos, e aos que se uniron entre berros de "ante a indiferenza, resistencia", ou "aquí está, aquí se ve a xustiza galega en pé".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta