Lores, camiño de converterse no Fraga do BNG

O alcalde de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, preséntase a un sexto mandato porque "aínda ten moito que achegar a Pontevedra". Defende a figura de Pontón e critica a Rajoy de quen di que é "doutra Galaxia". Preguntado se fai falla máis autonomía ou máis independencia, asegura, que "esa non é a cuestión".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2018 | Actualizada ás 17:17

Comparte esta noticia

O alcalde de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, vai camiño de converterse no Manuel Fraga do BNG. Logo de 21 anos no cargo, aspira a presentarse ao que sería o seu sexto mandato. O BNG tivo que cambiar parte do seu regulamento interno para permitir máis de oito anos no mesmo cargo público. Unha decisión acertada para o rexedor que se amosa "convencido" de que tanto el como o seu equipo teñen aínda moito que achegar e que "son necesarios, non imprescindibles, pero si necesarios".

Miguel Fernández Lores
Miguel Fernández Lores | Fonte: Europa Press

"Eu creo que hai un argumento futbolístico que é o que máis se entende, se funciona un administrador ou un adestrador, imos cambiar mentres se gañan ligas ou Champions e as cousas funcionan?", argumenta, para engadir a continuación que na defensa da limitación de mandatos o que existe, "no fondo", é unha "mala conciencia de certa xente" que cre que "o poder corrompe". E puntualiza: "Eu creo que o que se quere corromper corrómpese en tres ou seis meses, e non fai falta estar dez ou 20 anos para corromperse", "é un erro a limitación de mandatos".

Lores defende así a súa candidatura a un sexto mandato alegando ademais que aínda ten moito que achegar a Pontevedra. "Teño ese compromiso de seguir mentres vexa que se poidan facer cousas interesantes e que se poida avanzar, mentres lle sigamos subindo a paletilla á xente, eu seguirei achegando o que poida, cando perciba que a xente que me rodea me diga que é mellor que che vaias de viaxe por aí para traer información do que se fai, espero saber marchar a tempo", admite.

Desde o inicio da súa etapa como alcalde á fronte do concello de Pontevedra Lores non contou con maiorías absolutas, liderando entre 1999 e 2015 gobernos de coalición e un con minoría desde as últimas municipais, pero se amosa favorable a "dialogar" e a unha situación de minoría que obriga a "repensar as cousas".

CRÍTICAS A RAJOY

Lores non aforrou críticas contra o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, co que asegura ter unha relación "inexistente" porque entende que está "noutra galaxia" e ignora aos pontevedreses e ao seu goberno local. Nunha entrevista na Cadena Ser recollida por Europa Press, Lores mostrouse tallante ao afirmar que Rajoy "se estivese calado, sería mellor" e contrapuxo a ausencia de trato con el á "relación normal" que mantén, en cambio, coa exministra e presidenta do Congreso, Ana Pastor.

"Cando aquí só vén de vacacións, ou só aumenta a concesión de Ence, ou cando se lle convida a visitar o seu concello e di que xa veremos. Teño unha relación normal con Ana Pastor, pero con este señor é imposible, debe estar noutro mundo, ou noutra galaxia, como é que o presidente dun país non chame ao alcalde da súa cidade", remarcou.

En cambio, confronta esta situación coa relación non só con Ana Pastor senón tamén co seu marido, José Benito Suárez, presidente da Autoridade Portuaria de Marín e un dos nomes que soa como posible candidato do PP á cidade de Pontevedra. Unha posible candidatura que a Lores "lle parece estupenda", por ser "unha persona afable coa que se pode falar", aínda que desliza que non lle ve "moito ánimo de enfrontamento electoral", pero "alá el".

O BLOQUE, NA "LIÑA CORRECTA" CON ANA PONTÓN

O triunfo nos case últimos 20 anos do BNG en Pontevedra non se trasladou, con todo, a outros puntos da xeografía galega, aínda que Lores cre que "todo se andará", coa formación na actualidade avanzando "na liña correcta" e facendo as cousas "ben". "Sinto moi ben representado por Ana Pontón como portavoz nacional", engade con rotundidade.

Lores enlaza o discurso de defensa da política do BNG co impulso nos últimos anos de Pontevedra, e a necesidade dunha maior "confianza" nas posibilidades de Galicia. "Canto máis viaxo, máis orgulloso estou disto, pero se a xente que goberna non ten confianza e o de fóra é mellor, isto non sae adiante", asegura, para engadir que, a "sétima cidade de Galicia, triste" que era Pontevedra ao comezo dos seus mandatos como alcalde, transformouse en "referente do Estado e referente mundial". "E fixémolo os pontevedreses", agrega.

"Iso de que o nacionalismo é excluínte, dáme a risa, porque a metade da xente que vive en Cataluña é de fóra", prosegue. Nesta liña de defensa de teses soberanistas, critica que Madrid teña o "17% da poboación e o 40% dos ingresos do Estado", e insiste en que o actual sistema prexudica a Galicia. Con todo, evitou declararse independentista ou autonomista porque "iso non toca".

"Eu creo que hai que ter capacidade de decisión sobre aspectos importantes para que a xente poida vivir dignamente neste país, non é todo UE, temos mercados en África, América Latina, estamos apapanatados, encolleitos, o problema de fondo é que non temos confianza en nós mesmos, necesitamos levar por diante o orgullo de ser galegos".

E conclúe, arremetendo contra o sistema actual: "O problema é que hai alguén que nos está a foder, está a fodernos o sistema, o capitalismo, a concentración de capital que multiplica beneficios sen preocuparse da xente".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 37 comentarios

10 Lorista SI SI SI

Quen me dera no meu concello un equipo traballando tan ben coma eses concelleiros/as, cunha idea ben clariña de cara onde ten que tirar a cidade. Volvela unha cidade europea no bo sentido, con actividade cultural, humanizada, parques e orgullosa da súa cultura. Se quitaran ENCE facían unha cidade aínda mellor. Polacontra, poe exemplo, Santiago, vemos un equipo que traballa pero non saben cada onde tirar, vai cada concellería ao seu cunha idea confusa e moi tímida.

1 García de Paredes

Quitar Lores, si, si, si, xa quitou os autobuses urbanos, incumprindo uha obriga que debe manter polo número de habitantes, para a ti os veciños que se fastidien, iso non che importa? A cultura da tauromaquia subvencionada, a dos casposos ultraespañois na Peregrina, iso é a túa cultura? As ideas claras, Lores teno clarísimo: cada dúas palabras en galego coloca unha en castelán. Valentía española, con Lores si, si, si y olé! Dos orejas y un rabo de toro!

9 Carmen Lastra

Todo o mundo lembra a triste figura de Paco Vázquez, como mantiña o concello e perdía o PsoE todas as eleccións galegas e estatais na Coruña. Repiten erro, o mesmo camiño están levando co exaltado lider Caballero. Pois ben, co caudillo Lores acontece o mesmo: uns poucos votos nas municipais para o BNG, a cambio de arrasar o PP nas galegas e nas do parlamento español. A continuidade de Lores hoxe é unha trampa para o BNG e un valor para o PP. Unha mágoa que non o comprendan no BNG, ou que non se atrevan a recoñecer o que calquera galego crítico co sistema sabe.

1 Galeguiña critica

Evidentemente todo galego e galega critica co sistema sabe que gran haltenartiba implican os alcaldes das cidades do recambio e os deputados mareantes con escasa actividade parlamentaria. Que pasa danvos mal as enquisas e puxeronvos a traballar aos do equipo de propaganda? Que peniña, a ver se vos saen callos nas mans do esforzo.

2 Vox

Que propanda falas, a do ABC, TVG, La Coz do voso amo ou do Semóns Paliza cos que andades todos os días a baselina.

8 Xanc

Hai varias diferencias, só hai que ver a serie Fariña... Tamén a transformación de Pontevedra, Fraga arruinou Galicia. Fraga quería a Ence na ría, Lores e o BNG son os únicos que a queren fóra. Creo que a comparación é propia de medios coma o ABC ou OKDiario

1 Vox

Esqueces a La Voz. Vese que Lores os ten moi untadiños e que agora tamén é La Voz do BNG. Non sei eu se dará tanto o voso pasteliño das deputacións e concellos para pagarlle a La Coz e o Diario Galego ao mesmo tempo.

7 sermos mantidos

A cuestión é manter o poder local en Pontevedra, e polos galegos que chova! Que os señoritos queren touros, subvención do concello! Que o ultrafacha Bertín Osborne atrae facherío, traémolo, e para o ano seguinte a ídola dos fascio, Alaska, ración dobre! Que o galego perde faltantes, a quen lle importa en Pontevedra! Que o Partido Podre arrasa na cidade nas autonómicas e estatais, se nós conservamos a alcaldía! Celebremos cos militares españolistas, non incomoden os co nome das rúas, a cuestión é ter contentos os paisanos! O noso nacionalismo non entende de autonomía ou independencia, iso non toca! E a esquerda era manter preitos herdados contra os comuneiros, os comunistas non podemos aceitar a esixencia de que os terreos fosen sempre de uso público, qué ousadía! E o do bus obrigatorio, para que o queren, que ridículo! Que chova por nós e viva o lorismo!

1 Loisin

Os galegos votaron en masa partidos estatais (PP, Podemos e PSOE suman máis do 80% dos votos). Hai ter culpa o BNG de que o País estea así ? Co 10% dos votos non se pode transformar moito... Onde o BNG ten maiorias consolidadas vaia se se notan ás transformacións... Allariz, Pontevedra, Combarro-Poio, Muras(luz case gratis..), etc.

2 Komuniztacuñaooooo

Caro comunista porque non probas a irte a Corea do Norde para vivir conforme os teus principios e nos deixas ao resto en paz? Seria de agradecer que antes de te ir pedises perdon a familia de Nin.

6 Soliño da Silva

Cando se meten con Lores, métense conmigo. A miña Carme forma parte, logo eu defendo contra vento e mare o modelo Pontevedra, o negocio e a continuidade. Hai moito que contar de modelo Pontevedra, de momento calo, todo se andará... O tempo vai acabar destapando, agora sexamos recatados, e gardemos as fotos comprometidas para o intre preciso.