Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2018 | Actualizada ás 17:46
Un almacén con material de pirotecnia en Tui (Pontevedra) estourou e comezou a arder na tarde deste mércores, deixando polo menos unha persona ferida, segundo confirmaron fontes dos servizos de emerxencias a Europa Press.
De acordo coa información do 112 Galicia, sobre as 16,25 horas deste mércores varios particulares alertaron da columna de fume e apuntaron que podía estar a arder un almacén con abundante material pirotécnico en Baldráns.
Foron alertados os Bombeiros de Baixo Miño e de Vigo, Garda Civil e Policía Local do Porriño. Tamén se informou a Urxencias Médicas, que desprazou ao lugar seis ambulancias e dous helicópteros medicalizados, o 'H3' e o 'H4'.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.