Monte Seixo, o olimpo celta de Galicia

Hai un monte en Galicia onde as pedras falan e o vento chora. É un lugar onde conviven os mouros, as bestas, menhires e santuarios sagrados. Un monte mítico, un santuario celta, onde ían e aínda van os veciños de Cerdedo a falar cos seus mortos.

Por Xurxo Salgado | Monte Seixo, Cerdedo | 14/03/2011 | Actualizada ás 16:36

Comparte esta noticia

Carlos Solla, o neto de Isolina da Raposeira, é o bardo deste espazo mítico; o Monte Seixo, no concello de Cerdedo. Un lugar máxico que garda historias lonxanas de mouras de loiros cabelos, do rato rabisaco e de galiñas de pitos de ouro.

Todo no Monte Seixo ten un por que. As pedras falan cos vivos e os vivos cos mortos. O vento xoga e marca o tempo do máis alá. Solla asegura que o monte todo é un espazo mítico no que cada elemento xoga o seu papel; hai unha cadeira para o rei, un altar de pedra, un camiño de pitas e mouros, castros, un menhir que divide lugares e tempos e un chan con tres lagoas e mámoas que delimitan espazos fantásticos onde o real se mestura co fantástico.

Pero, sen dúbida, se algo marca todo este lugar cargado de simbolismo é Portalén, a porta ao mundo dos mortos. Un conxunto pétreo que se abre a través dunha porta simbólica de pedra. As xentes do lugar atribúenlle poderes de verdadeiro oráculo, ademais de porta dimensional. "Segundo a crenza, esta porta permite o paso ó reino dos mortos, á terra dos defuntos", sinala Solla con quen percorremos este espazo acompañados polo profesor Manuel Gago e o arqueólogo André Pena Graña.

"Experiencias persoais que non se poden contar"


Para que os vivos poidan falar cos mortos, hai que cruzar Portalén de leste a oeste e regresar ó noso mundo desandando os pasos e nunca saíndo do espazo ritual, pois do contrario a alma da persoa quedaría atrapada no outro lado. No lado dos defuntos. Pero para falar con eles, os vivos teñen que levarlle unha pequena ofrenda en forma de pan, viño ou candeas. "O que cada un vive aí son experiencias persoais que non se deben contar. Aquel que as revele queda rouco de voz para a fin dos días", suliña Solla, que ten escrito varios libros sobre a mitoloxía deste lugar.

None


Decidimos atravesar Portalén por primeira vez. Ceremoniosos, reflexivos e mesmo temerosos do que imos atopar no Máis alá. Acompañanos o bardo Solla, que dirixe o ritual. Primeiro imos cara a pía natural para lavarnos coas súas augas que, segundo a tradición popular, son medicinais. E logo damos a volta a todo o conxunto pétreo por unha especie de deambulatorio, perfectamente delimitado entre as fendas da rocha, para saír polo mesmo lugar polo que entramos. Miramonos... Queremos saber que sentimos pero preferimos non falar. O que cadaquén falou cos seus mortos ten que quedar en segredo. É a lei do santuario.


Nós cruzamos Portalén en marzo, pero é no mes de Santos, especialmente na antiga festividade céltica do Samaín --do 31 de outubro ao 1 de novembro--, cando a xente da contorna subía ao Monte Seixo para cumprir coa tradición e falar cos seus mortos. Nesa noite é cando os dous mundos, o dos vivos e o dos mortos, están máis preto e o contacto cos do Alén é máis efectivo.

Un marco para parar o vento

Xusto ao pé de Portalén atópase "A legua do Santo", un espazo no que en épocas antigas se celebraba unha feira vinculada ao horáculo pétreo e que está delimitado por un enorme menhir de 6 metros de alto. É o chamado "Marco do vento", onde "chegan e dan volta todos os ventos". Precisamente, esta pedra fincada marca o límite natural de catro freguesías da comarca.

O "ara solis"

O Monte Seixo tamén ten outro espazo sagrado ao que só van os vivos para rendirlle tributo aos mortos e pedir por boas colleitas. É "A cruz do Seixo", un pequeno santuario cun altar de pedra no que, aínda hoxe, se segue a dar misa. Unha auténtica "ara solis", hoxe cristianizada. Segundo conta Solla, a pequena cavidade sobre a que está a cruz "contén unha grande acumulación de enerxía telúrica".

Cada 25 de xullo os veciños soben o Santo Antón e diante do altar e da cruz, o cura bendí as terras e pide a intervención divina para garantir un clima propicio para as boas colleitas. Se a intervención non é adecuada, os veciños emprenden o camiño de volta co santo cabeza abaixo no caso de que a súa intervención non fose a adecuada.

Seres míticos

Pero, ademais de cruces, altares e santuarios, o Monte Seixo garda, tamén, seres míticos. "No Castro ghrande, no interior da Oca Peneda, baixo tella e viga de ouro, están a moura de loiros cabelos, o rato rabisaco e a ghaliña dos pitos de ouro", conta Carlos Solla. Paramos onde a pedra da moura para "medirnos". Se a pedra coincide coa estatura dun, pouco hai que facer. "Quedas preso polo meigallo da moura". E non é mentira. A moura de cabelos louros tomou forma humana para atrapar a máis dun que, ousadamente, se mediu na pedra encantada e daba perfectamente a talla.

A este espazo simbólico se chega por unha especie de camiño labrado no chan e rodeado de fitas de pedra caídas. "Isto chámase 'As pedras guiadas' e éra un camiño de pedras que ía desde o Castro ata o chan de mamas". Un auténtico aliñamento de pedras de case 500 metros que remata noutro espazo fantástico que ben podería ser parte do mundo máxico del Tolkein.

None

Aliñamentos de pedras

Nese "chan", hai varias mámoas aliñadas e tres lagoas míticas; a Laghoa Pequena ou Laghoa da Muller Morta, Laghoa Media e a Laghoa Grande. E coronando o conxunto, a "Pedra Mosqueira", á que acuden as bestas en peregrinaxe durante o verán para buscar ventos frescos. Un feito tan curioso e inexplicable que mesmo foi recollido polo Padre Sarmiento.

No Monte do Seixo tamén está o "almatraque da Pilocha" no que está a moura papahomes; a cadeira do rei, perfectamente labrada na pedra e de onde se divisa toda a Ría de Pontevedra ou a Pedra da Cama, onde ían probar xeitos e formas os matrimonios da vila. De feito, aos pés desta pedra atopouse xaspe vermello, unha rocha vinculada á fertilidade. E como non podía faltar en todo este espazo mítico, tamén hai unha vila asolagada, a de Trentinán, coas súas mouras e pedras faladoras.


Feridas de morte

Hoxe toda esta mitoloxía está ferida de morte. Unha gran navallada de muiños de vento corta e divide en múltiples anacos todo o monte, danando irreparablemente a concepción mítica que os veciños tiñan do lugar. De feito, desde que instalaron o parque eólico, a comezos deste século, moitos deixaron de subir. E non é para menos. Segundo reza unha dito popular "o día que o Monte do Seixo estea sementado de estradas e os homes cheguen a lúa, será a fin do mundo". "E senón, que llelo pregunten a Josefa, cando veu da emigración e viu o estado actual da serra, estivo tres meses enferma a punto de morrer de pena", lembra Carlos.

Menos mal que aínda quedan bardos coma el para evitar que este Olimpo Celta desapareza entre ventos de diñeiro e políticas de papel.

None
None
None
None
None
None
None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 56 comentarios

7 umm

horáculo vai sen "h"

6 Manoliño

Estes son uns cachondos como aquel que conectaba con Raticulín, ou o papa Clemente, que tiña montado un chiringo que se inventou perto de Sevilla; ou outro moi popular na Coruña dos anos 30, Cirilo, que fora dúas veces andando a Roma e levaba aínda vendados os pes, disque ía cheo de medallas e dicía: ¿Veis en mis ojos al papa? Pois eso, que como dicimos na Coruña, no me creo nada, neno.

1 kaliel

por aquí dicimos q Galicia remata onde comenza a Coruña neno...provincia menos coñecedora do seu pasado na vida vin...neno

2 suevia

Kaliel, non nos metas a todos no mesmo saco... estás a caer no erro de descalificar toda unha cidade por mor dun "individuo" que no GC todos coñecen, se ti non, agora xa sí! na Coruña hai e sempre houbo galeguismo e persoas non tan galeguistas que igual defenden a cultura e idioma da Terra... e logo están algúns coma Manoliño...

3 Teresa

Veña suevia, enténdese ben o que quixo dicir kaliel, os coruñeses temos moito que rascar na casa. Xa dimos quitado os Cantóns.....de José Antonio?

4 Carmiña

¡CLON-CLÓN! ¿Pódese? Como todo o mundo sabe, para os nacionalistas A Coruña ten a tiña. Co cal resulta de auténticos gilipollas ser coruñés e á vez nacionalista. Por outra banda, cando eses penedos teñan algún outro interés distinto do paisaxístico, por exemplo evidenciado coa súa inclusión no inventario do patrimonio cultural de Galicia, crerei que o circo do que se fala na nova non é un puro invento a engadir á historia nacionalista ao uso. PS: de seguro que neses penedos facíase a entronización real celtoatlántica na trebopala, crougintoudadigo ou coudopalandaigae, da que tanto falan os celtistas cos do Nacional Geographic cando os invitan a comer unha riquísima tortilla (española, of course) na de Carmiña en Narón XD

5 Teresa

E eu que pensaba que tí tiñas dabondo co Seixo Blanco e coa tortilla feita nun ¿antro? de Teo!

6 CantoFato

Carmiña, só o que aparece no "Patrimonio Cultural de Galicia" é digno de ser coñecido? Iso é o que me rebenta de vós: renunciades sistemática e fachendosamente a coñecer aquilo do que non tedes nin idea, non vaia ser que descubrades cousas que vos deixen tocadas as vosas tres ou catro ideíñas preconcebidas. Por esa regra de tres, desfeitas como a que se fixo no castro de Punta Cociñadoiro, na Coruña, débenvos deixar ben satisfeitos. Se ves que tal, un día que teñas tempo e vagar, colles e ves o documental "A montaña máxica", sobre o Seixo, onde queda de manifesto que ese lugar ten un valor que trascende o "paisaxístico". Xa sei que, normalmente, coa xente coma vós é unha parvada perder o tempo achegando probas ou dando argumentos, porque por un ouvido vos entra e polo outro vos sae. É o que ten de malo iso de se comportar en función de tres ou catro prexuízos. Mais, así e todo, mira o documental, que botas un anaco entretida e aforras de andar amolando.

7 Carmiña

Eu para penedos, quédome coa Pena Branca en San Pedro de Visma; e no que a tortillas se refire, tómoas fora de casa en O Freixo, na Espenuca, perto de Betanzos, onde so teñen sota cabalo e rei: tortilla, ensalada, troitas, raxo e non lembro se algo mais. Por certo, xa que estamos, a ver se alguén chama a atención de quen correspoda polo feito de que o mirador da Espenuca leva xa anos rodeado de eucaliptos, e claro, non se ve nada da magnífica paisaxe betanceira.

8 Carmiña

Canto, hai anos nas feiras e mercados adoitaba haber señores que gañaban a vida como charlatáns, que tiñan mais rollo ca ti. Uns picaban, e outros non (por moito rollo que lles botaran). E polo de agora, como non caín dun guindo, sei que o común na historiografía nacionalista é o puro invento, e non trago.

9 CantoFato

Carmiña,grazas por me dares a razón.

5 Uno de Pontevedra

Pero que tontería de noticia. Que pasa, que el periodista tenía que hacerle la pelota a alguien. ¿A los celtas, a lo mejor?, al supuesto bardo de pacotilla ese. Pero quien se cree la chorrada esa de los celtas. Esa la utilizan los nacionalistas y algunos progresistas para sembrar odios y cizañas, como la tontería esa de país de breogán que algunos querían meter en el estatuto. Que por muchas letras que escribas no hay vuelta atrás. Las historias de piedras son eso, historias de piedras. En el futuro ni hay celtas, ni países de breogán nin tonterías por el estilo.

1 os de sempre

chamalle como queiras pero os nacionalistas estan gobernando no concello onde ti vives,se non che gusta xa sabes,a rañala.

2 CranioF

Eu pensaba que todo iso xa pasara á historia do nacionalismo, pero parece que aínda non. Para mín o único celta galego é o Celta de Vigo.

3 kaliel

espero q no futuro haxa poucos coma ti e moitos con orgullo polo seu pasado diferenciiador deixando a política a un lado.

4 CantoFato

Guau, CranioF, QUE ORIXINAL co do Celta de Vigo... que gracieta máis ben feita, nunca a oíra, machiño, QUE ORIXINAL, insisto. Igual se botases un par de lecturas e baixases un pouco das alturas do teu ego, igual así chegábamos a algures. Non hai peor ignorante có que pensa que nada hai alén da súa ignorancia. A Uno de Pontevedra... filliño, hoxe hai terapeutas moi bos e con prezos económicos que poden curarche o problema. E se non, o mesmo que lle digo a CranioF: le un pouquiño. E dar un par de paseos máis alá da ría de Pontevedra igual tampouco che viña mal. Fliparías co que se ía ensanchar o teu mundo pequeniño, por moi "cosmopilito" que queiras parecer.

4 Xavier

Calros Solla é o bardo da Terra de Montes. Un abrazo desde Corcubión, sije na loita meu home. Cando queiras alí estaremos no Seixo.

3 Costadamorte

O Olimpo celta galego é o Monte Pindo en Carnota, sen ningún xénero de dúbidas... E en menor grao, os Penedos de Traba, que deron nome a formación descrita por Parga Pondal...

1 Vicente

Si, pero o Pindo non ten Portalén.

2 Lorenzo

Certo é o que dis pero deberías dar unha volta polo Seixo e deixarte levar pola súa maxia. Como nos pasou a todos.