Temas: PP NARóN

O PP de Narón denuncia a existencia dunha colonia de ratas na zona de Xubia

Non é a primeira vez que a esta formación política denuncia a existencia de ratas en diversos puntos do municipio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2018 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Narón (A Coruña), Marcos López Balado, denunciou a existencia dunha colonia de ratas na zona de Xubia, nas proximidades da desembocadura do río que leva este mesmo nome, limítrofe co municipio de Neda.

Rata.
Rata.

O mandatario popular incidiu en que non é a primeira vez que a súa formación política denuncia a existencia de ratas en diversos puntos do municipio, pero estimou que agora "o asunto está completamente fóra de control". "O que era un problema pola desidia do tripartito, agora é un problemón", advertiu.

Para apoiar a súa tese, trasladou un vídeo da zona que segundo o popular, "deixa case sen alento a calquera que o vexa". "Obsérvanse zonas onde as ratas corren sen que ninguén faga nada", sinalou.

O PP de Narón conta con cinco edís nunha corporación de 21 concelleiros. Nesta localidade, o goberno tripartito está formado por Terra Galega (dez concelleiros) e BNG e PSOE (con dous concelleiros cada un deles)/deles).

Os populares aseguran que a esta situación se chegou "pola desidia e pola inacción de quen goberna en Narón" e así lembran que "cando empezaron as primeiras denuncias, desde o tripartito dixeron que era unha visión moi negativa do Concello e que era mellor que fose ver os patos ao río".

López Balado manifestou que "agora o problema está sen control, porque o goberno local o tomou de broma e porque desatenderon todas as advertencias". Por último, asegurou que "hai zonas onde as ratas se contan por decenas e están a xerar un problema de salubridade".

Temas: PP NARóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta