Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2018 | Actualizada ás 17:25
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este xoves que aproveitará o seu encontro co xefe do Executivo central, Pedro Sánchez, o próximo 17 de xullo, para pedirlle que cumpra os prazos de infraestruturas pendentes en Galicia, como o AVE, e lembrou que o compromiso é que haxa trens de alta velocidade "entrando en proba" a finais de 2019.
Aínda que garantiu que non lle esixirá "máis" do que reclamaba ao anterior Goberno do PP, subliñou que "ao PSOE parecíalle que se podía" axilizar. "Exporei ao presidente se é posible facelo", sentenciou Feijóo, quen explicou que quedou coa ministra de Administración Territorial, Meritxell Batet, en remitirlle esta mesma semana a listaxe de asuntos a comentar co xefe do Executivo.
Na súa reunión con Sánchez, tamén prevé abordar "propostas e calendarios concretos" para a AVE a Lugo, así como para a AVE a Vigo desde Ourense; e a mellora da vía para un tren "de velocidade alta" entre A Coruña e Ferrol. Tamén abordará co presidente estatal a situación das autovías pendentes e da conectividad do tren ao Porto Exterior da Coruña, cuxa financiamento "estaba comprometida por Adif".
TRASPASO AP-9
O traspaso da AP-9 tamén estará na súa listaxe de temas a tratar. "O PSOE sempre estivo a favor, esperemos non ter que discutir no que estamos de acordo", reflexionou, antes de incidir en que a transferencia "ten que vir financiada". Tamén aludiu á ampliación e obras "comprometidas para mellorar a permeabilidade", e ao "inmediato levantamento" da peaxe de Redondela.
Do mesmo xeito, serán obxecto do encontro o financiamento autonómico e as posibilidades das comunidades á hora de acceder a recursos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.