Así se celebrou o máxico San Xoán en Vilanova de Arousa; cacharelas na praia e música da orquestra Aché

Temas urbanos de última actualidade e sesións de vals para os maiores fixeron as delicias da localidade pontevedresa nunha zona moi próxima á praia do Terrón, onde as cacharelas de San Xoán poñían o acento á tradición galega.

Por Ángela Precedo | Vilanova de Arousa | 24/06/2018 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

A noite do 23 de xuño, San Xoán, é unha noite máxica e á vez mística para os galegos. raíces celtas fan que a chegada do solsticio de verán, durante a noite máis curta do ano, se celebre con tradicións milenarias. Así, préndense fogueiras, sáltanse as cacharelas e cóntanse contos, lembrando que, por moito que cambien os tempos, as herdanzas non cambian.

Momento público, orquestra Aché.
Momento público, orquestra Aché.

E ese foi o caso da parroquia arousana de Vilanova, na que o concello organizou unha noite de festexos para todos os gustos. Deste xeito, dende primeira hora da tarde, en Punta Airiño, unha zona costeira á que se accede a través dunha ponte de madeira de recente construcción --a coñecida como pasarela de O Terrón--, a xente disfrutaba do sol nun entorno idílico: tres praias rodean este espazo --praia de O Airiño, praia Rabandeira-Terrón y praia de O Terrón--. A zona está acondicionada con diversos atractivos turísticos, como un emblemático banco, un extenso peirao para o paseo, un campo de fútbol no seu interior e tamén varios 'campings' e bares a pe de praia nos que disfrutar dunha sesión 'chill-out' ao caer a noite.

Xusto nesa zona, había este sábado de San Xoán dous espazos habilitados para os festeiros, xa que o máis importante era que a noite do 23 de xuño puidese ser disfrutada por todo o mundo, non só organizar actividades para atender aos gustos duns cantos. Así, os máis mozos  disfrutaron dunha sesión de Dj a pe de praia, na que organizaron as súas tradicionais cacharelas arredor de aperitivos e botellas que dende recén chegada a noite foron desprazando cara os seus respectivos asentamentos.

Por outra banda, xusto ao lado do campo de fútbol acondicionouse unha zona de aparcadoiro e outra asfaltada que acollía á orquestra Aché, unha especie de barra de cócteles –nada da habitual cantina das festas, senón unha especie de caseta cun diseño moito máis moderno e estético—e uns baños portátiles para evitar imprevistos aos propios asistentes ao evento.

ACTUACIÓN DE ACHÉ

Neste ambiente, a xente foise achegando pouco a pouco e xa chegada a medianoite deu comezo a actuación da orquestra Aché que, ademais, é nativa da propia localidade de Vilanova de Arousa, onde tamén residen moitos dos seus integrantes. Abriuse o telón e comezou unha sucesión de cancións de actualidade con trinta segundos de cada unha –‘Lo que tengo yo’, de Los 4 e Charanga Habanera; ‘Scooby Doo Papa’, de Dj Kass;  e ‘X’, de Nicky Jam; entre outros-- nos que un bailarín, Fer Sánchez –un dos vocalistas principais do grupo e recente incorporación para a xira deste 2018, 'Más vale bueno conocido...'--, facía un espectáculo de movementos que deixou a todo o público boquiaberto dende o primeiro momento pola súa flexibilidade e elegancia á hora de executar os pasos.

Actuación de Fer Sánchez, orquestra Aché.
Actuación de Fer Sánchez, orquestra Aché.

Pouco despois, na grande pantalla central do escenario apareceu unha sombra coa que Fer se puxo a facer mímica –como se dunha verdadeira película de cine mudo se tratase, mirando de cando en cando para o público para introducilos no diálogo escénico que estaba recreando-- e a imitar os seus pasos de baile, con cancións de Bruno Mars.

Así, tras tres minutos de actuación en solitario, saíron ao escenario os seus compañeiros, os outros cantantes masculinos da formación: Miguel Ángel Márquez --procedente da orquestra Ritmo Joven (2016 e 2017) e ex compoñente da orquestra Ledicia (2016)-- e Noel Vázquez Castillo, máis coñecido como Lucky –cara 100% recoñecible para os seguidores de Aché, xa que leva toda a vida prácticamente (dende o ano 2009) nas filas desta formación e moitos dos xóvenes que seguen cada noite o seu espectáculo creceron acompañados da súa voz nas verbenas de centos de pobos galegos, tras o seu paso pola orquestra Olympus (2007 a 2009) e polo grupo Máster (até o ano 2006)--, na compaña da voz feminina, Karmen Martín Edreira –que é dona da orquestra e integrante da mesma entre os anos 2008 e 2013 e muller de Lucky--.

Precisamente ela, Karmen Martín, foi a encargada de dar inicio ao espectáculo, cunha canción moi actual e que leva meses pegando en todas as festas e discotecas galegas, ‘Mayores’, de Becky G. Mentras a galega actuaba os cantantes masculinos demostraron que non só teñen unha bonita voz, senón que ademais a súa sangue latina serve tamén para o baile, realizando toda unha combinación de pasos ensaiada e perfectamente coordinada entre os tres.

Logo da interpretación dese primeiro tema, como soe ser habitual, o cantante e presentador da orquestra Aché, Lucky, fixo unha introducción na que agradeceu ao concello a localización que lles facilitou tras a alusión a algún problemas da tarde para situarse na zona inicialmente habilitada para o espectáculo. Así, lembrou que Aché xa encadena catro anos consecutivos celebrando as festas de San Xoán neste muncipio da comarca arousana. Nesa presentación tamén se mostrou orgulloso de poder actuar na súa casa, “na localidade máis fermosa do mundo enteiro”. Tamén aproveitou para darlle as gracias a Óscar, un dos membros da comisión, ao que aludiu como “o responsable de que esta festa se organice todos os anos”.

Tras este breve anuncio continuou a festa a ritmo de ‘Échame la culpa’, de Demi Lobato e Luis Fonsi, interpretada por parte de Karmen Martín e Fer Sánchez. Sen embargo, para atender a todos os públicos, pese a comezar con temas máis de actualidade e próximos aos ritmos urbanos e reggaetón, introduciron no repertorio una sesión de valses para os bailadores de maior idade.

Así, Karmen Martín interpretou dous temas: ‘No te creas tan importante’, de El Bebeto, na compaña de Miguel Ángel Márquez; e ‘Háblame de ti’, xunto a Fer Sánchez. Seguidamente, Lucky decantouse pola interpretación da canción de ‘El Baño’, de Enrique Iglesias e Bad Bunny. Ademais, nun intre da actuación, Lucky invitou aos rapaces dun equipo de fútbol da zona que estaban entre o público a subir ao escenario, onde se divertiron a ritmo de ‘Scooby Doo Papa’.

Pouco a pouco fóronse sucedendo os temas, a ritmo de ‘Y para qué’ e ‘Que ya no me llame’, do grupo Ráfaga, interpretada por Miguel Ángel Márquez, cunha entoación e potencia que deixou a máis de un abraiado; de ‘Quiéreme’, de Johnny Sky, e ‘Número equivocado’, de Grupo 5, a cargo de Fer Sánchez Cuba; e de ‘Será que ya no volverá’, por Lucky; ou de ‘La isla del amor’, actuación conxunta.

A zona foise enchendo de xente e todos eles tiñan dentro o espíritu festeiro propio dunha noite de San Xoán, polo que imperou o baile, as risas e a boa música entre a calidez dunha noite estival e o cheiro a fume das cacharelas. Por iso, a orquestra rematou o seu primeiro pase da noite cunha praza abarrotada e a ritmo do tema propio ‘Acherízate’ e do grito e coreo do público con "yo soy del Aché, del Aché, del Aché...".

Integrantes da orquestra Aché.
Integrantes da orquestra Aché.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta