Localizada en Santiago a peregrina austriaca que desapareceu en Melide

Dúas mozas que acudían ao festival O Son do Camiño localizaron en Santiago de Compostela á peregrina austriaca que desaparecera na tarde deste xoves en Melide.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2018 | Actualizada ás 19:50 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Dúas mozas que acudían ao festival O Son do Camiño localizaron en Santiago de Compostela á peregrina austriaca que desaparecera na tarde deste xoves en Melide.

Peregrina desaparecida en Melide. GUARDIA CIVIL
Peregrina desaparecida en Melide. GUARDIA CIVIL | Fonte: Europa Press

Segundo informaron fontes policiais, a muller foi localizada en Santiago por dous mozos que acudían aos concertos, que a entregaron a unha patrulla da Policía Local. Posteriormente, foi trasladada á Policía Nacional.

Caroline Turk, unha muller austriaca de 72 anos, desapareceu na tarde deste xoves no municipio coruñés de Melide, mentres realizaba un tramo do Camiño de Santiago. A muller realizaba a ruta cun grupo de persoas da súa mesma nacionalidade.

A última vez que a viron, en Melide, a muller dixo que sentía indisposta e asegurou que pararía a tomar un café nun bar da zona do Couto e que, posteriormente, collería o bus de apoio que levaba a excursión, algo que non chegou a ocorrer.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta