Temas: TAXI FOLGA

A Xunta ordena reforzar os servizos de bus nos aeroportos da Coruña e Santiago ante a folga de taxis

No caso de Peinador, o Goberno galego di que depende do concello vigués ao realizarse este servizo mediante unha liña urbana.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2018 | Actualizada ás 13:03

Comparte esta noticia

O Goberno galego dirixiuse ás compañías concesionarias das liñas de autobús interurbano, que unen a cidade da Coruña co aeroporto de Alvedro e o centro de Santiago coa terminal de Lavacolla, para pedirlles que reforcen a súa frota para minimizar os prexuízos aos viaxeiros pola folga do taxi.

Cola De Pasaxeiros Para Facturar Na Nova Terminal De Lavacolla. EUROPA PRESS - Archivo
Cola De Pasaxeiros Para Facturar Na Nova Terminal De Lavacolla. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

No caso de Peinador, ao realizarse este servizo mediante unha liña urbana, depende do Concello de Vigo, segundo subliña a Xunta nun comunicado.

Ademais, subliña que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda participará este mércores na Conferencia Nacional do Transporte convocada polo Ministerio de Fomento.

"A Xunta mantén o seu compromiso para seguir traballando, como até agora, na defensa da competencia leal e da seguridade dos usuarios no sector do transporte público en vehículos de turismo", afirma no comunicado.

Temas: TAXI FOLGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta