O cura de Xestoso acusa a Pablo Casado de racista e lémbralle que “os que nos invaden son os especuladores”

“Espero que non te convertas nun político monstro”, dílle. “Personalmente, dásme medo, moito medo, porque estás alimentado o odio e quen fomenta o odio fomenta a violencia”, engade.

Por Galicia Confidencial | Guitiriz | 02/08/2018 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

Luís Rodríguez Patiño, o cura de Xestoso, coñecido por ter pedido a “expulsión” da Igrexa católica de Rajoy ou Feijóo por “usureiros”, de pedir a excomunión dos corruptos, de facer un Belén reivindicativo ou de realizar unha misa no medio dunha estrada para pedir o seu arranxo , critica desta volta ao novo presidente do PP, Pablo Casado, e asegura que as súa forma de pensar é “antievanxélica e anti doutrina social da Igrexa”.

Patiño acusa a Casado de ser un racista polas súas declaracións contrarias á chegada de inmigrantes a España e contra a política migratoria do Goberno de Sánchez. “Non pode pertencer á Igrexa Católica, e atrévome a pensar isto polo seu discurso cheo de racismo, de xenofobia e rexeitamento e desprezo ao pobre. Sabes que para o Deus de Xesús de Nazaret os inmigrantes son fillos e fillas de Deus.Queredes ocultar a vosa corrupción co discurso racista? Recoñezo que o estades conseguindo”, suliña.

Nun comunicado, o cura de Xestoso destaca que os inimigos non son os empobrecidos.“Non nos invaden, sinxelamente foxen do horror da violencia, do fame a “expulsión” da Igrexa católica de Rajoy ou Feijóo por “usureiros”e a sede”. “Os que nos invadiron e conquistaron son os inversores, os especuladores, os financeiros e os banqueiros que puxeron o noso país de xeonllos. Estes si nos conquistaron coa débeda”, indica. Neste sentido lembra que a débeda pola corrupción que teñen que pagar os españois é de 87.000 millóns de euros ao ano e que isto supuxo privatizar os servizos públicos elementais e rescatar empresas privadas “que logo se sanean” para “devolverllas aos mesmos donos”.

PABLO CASADO PRESIDENTE DO PP. PP
PABLO CASADO PRESIDENTE DO PP. PP

"E OS DEREITOS DAS PERSOAS DESAFIUZADAS?"

“No voso discurso falades da vida e a familia, falades do aborto e da eutanasia, do principio e do final da vida; pero, que pasa durante ese tempo de vivir? Que pasa durante os anos de existencia? Dicides que defendedes a vida e a familia, entón por que vetastes leis que impedían que as familias fosen desafiuzadas?”, pregunta ao novo líder do PP.

Ademais, lembra que a moita xente nova gustaríalle formar unha familia, ter fillos, “pero non poden polas condicións laborais, sen obviar os miles novos que se han ir a outros países”. Por iso, critica duramente a Casado. “Non defendedes a vida e a familia, defendedes ás élites sociais e económicas...Por que non apoiades os corredores humanitarios demandados polas ONG para garantir as súas vidas e que non teñan que utilizar ás mafias?”, engade.

Finalmente, aconsellalle que “se mire ao espello” e non se converta “nun político monstro”. “Personalmente, dásme medo, m excomunión dos corruptosoito medo, porque estás alimentado o odio e quen fomenta o odio fomenta a violencia”.

Luis Rodríguez, cura de Xestoso, en Guitiriz
Luis Rodríguez, cura de Xestoso, en Guitiriz
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Vic

Coiden o seu galego: EXCOMUÑÓN e EXCOMUNGAR
Coiden a súa edición porque hai partes que repiten o texto das ligazóns; PARÁGRAFO 3: foxen do horror da violencia, do fame a “expulsión” da Igrexa católica de Rajoy ou Feijóo por “usureiros”e a sede” PARÁGRAFO FINAL: Personalmente, dásme medo, m excomunión dos corruptosoito medo, porque estás alimentado