Para que serve a Xustiza?

Fai uns días e neste mesmo medio, facía alusión ás causas que estimaban os cidadáns como a orixe da delincuencia. E me refería ao mal funcionamento da xustiza como unha delas.

Por José Freire | Pontevedra | 25/04/2011

Comparte esta noticia



Ao expor qué é o que a sociedade pide aos poderes públicos para preservar a súa seguridade, que non lle rouben, asalten ou lle perturben a súa convivencia pacífica, aparece xunto ao servizo público que presta a policía, o servizo público que prestan os xuíces e fiscais.

Policías e xuíces como os encargados de protexela comunidade dos delincuentes. Dúas entidades  moi distintas en moitos aspectos, que dependen de poderes distintos do Estado e, nembargante, deben prestar xuntos un so servizo: a seguridade cidadá, unha das preocupacións que declaran ter os españois. O servizo público que basicamente axuíza e dita as sentencias, non é senón un trámite máis, despois dos realizados pola policía, polo que sorprende a separación duns traballos e outros.

O certo é que, a cotío, ponse de manifesto a pouca confianza que os cidadás teñen na Xustiza. Das Institucións sufragadas polos cidadás é unha das menos consideradas, e esta consideración ven decrecendo ano tras ano.

O feito que a opinión dos cidadás, sobre o xeito en que funciona a xustiza, sexa maioritariamente negativa, profunda máis na idea da inseguridade cidadá, que xa non exerce presión sobre a policía exclusivamente, senón tamén sobre o sistema xudicial no seu conxunto.

Calquera outro servizo á comunidade, como o educativo ou  sanitario, incluso algúns dos que presta a policía, poden ser desenrolados por empresas privadas. O da xustiza non pode ser substituído por ningunha instancia alternativa, nin pública nin privada. Velaí a peculiaridade deste servizo público, no cal a comunidade acumulou unhas formas de poder extraordinarias, e unhas atribucións peculiares que distingue a quen o exerce de calquera outro servizo público.

Cando se analiza a función da xustiza acostumase a facer dende a consideración dun poder do Estado e dende uns prexuízos onde prima, aínda hoxe, unha visión impoñente e intocable da organización e na que se ve ao xuíz como un funcionario seco, severo, malhumorado, pouco tratable, que máis que servir ao cidadá serve a unha abstracción chamada xustiza. Posiblemente teña que ser así, pero ilo contribúe ao seu distanciamento da comunidade á que serve.

As formas de traballo e a relacións cos administrados aínda manteñen certos rituais, de xeito que os cidadáns non poden relacionarse directamente con esta administración, de non ser coa mediación de intermediarios expertos nestes ritos, que asemade utilizan termos arcaicos incomprensibles para o común dos mortais.

Non é estraño pois que a visión que teñen os cidadás sexa a de distanciamento e hermetismo, dunha administración á que moitos teñen que acudir en demanda de múltiples servizos.

Naturalmente o traballo de xuíces e fiscais non se esgota no eido da seguridade cidadá, como tampouco o dos policías e que remata sendo so unha parte das súas tarefas, pero socialmente ten máis resonancia xa que é o que máis importa os cidadás.

De aí que a demanda que estes fan aos xuíces como figuras que desenrolan un servizo exclusivo non admita alternativa algunha.

Ou o fai ben o xuíz ou quédase sen facer.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
José Freire Funcionario do Corpo Nacional de Policía dende septembro de 1976, entón Policía Armada. Estivo destinado en Pamplona, Bilbao e na actualidade en Pontevedra. En 1981 formou parte da 1ª Xestora do Comité Local de Pontevedra do Sindicato Unificado de Policía na clandestinidade, ata a súa legalización no ano 1986. Desenvolveu os cargos de Secretario Local e Provincial de Pontevedra, de Organización do Comité Federal de Galicia, e dende o ano 2002 Secretario Xeral do S.U.P. en Galicia.