Sor María Blanca, monxa de clausura: "Por qué la mujer tiene que ser una mártir toda su vida?"

O mundo a través das reixas dun mosteiro vese moi diferente. Sor María Blanca leva máis de media vida no de San Paio, en Santiago de Compostela. Tal como di, recibiu a chamada de Deus aos 17 anos, e dende aquela, vive entre esas paredes de pedra: "Todo lo que yo ansiaba por dentro lo encontré aquí".

Por Uxía Iglesias | Santiago de Compostela | 29/08/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Ía unha calor abafante en Santiago, e dalgunha maneira, entrar naquel espazo interior rodeado de pedra era un respiro. Nunca antes pisara o mosteiro de clausura de San Paio nin nunca antes me fixara nel. Aínda que está emprazado na mesmísima Praza da Quintana, no corazón da capital galega, é un lugar que pasa facilmente desapercibido, coma outros tantos polos que cadaquén anda a cotío. Mais se o contemplas con detemento, comezan a chamar a atención esas reixas que se entrecruzan e que blindan cada unha das ventás. Convérteno nun lugar illado, aínda que a través desas reixas se tivo que ver e escoitar de todo. Pola Quintana pasou Fangoria, as Nancys Rubias, o hard rock de Wolfmother, o rap de La Mala Rodríguez... E noutras ocasións as manifestacións ateigaron a praza: contra as violacións e a Xustiza inxusta, contra os lumes, pola lingua...

Sor María Blanca lendo nunha sala do mosteiro
Sor María Blanca lendo nunha sala do mosteiro

Alí me atopo eu, pero desta vez para entrar no convento. Agardo a miña quenda nunha cola chea de turistas que se forma tras o torno. Unha monxa que de seguro levaba o día enteiro trasfegando con biscoitos e galletas convídame a entrar e subir ao primeiro piso. Alí me espera Sor María Blanca, a madre superiora do mosteiro. Tranquila, solemne e agradable. O seu hábito gris condúceme ata o lugar da entrevista: o auditorio. De primeiras coméntolle que este sitio é moi novo para min, que queda moi lonxe do que é a miña vida. "Es lógico que esto os quede lejos a la juventud, os movéis en otros ambientes. Aunque nosotras salimos de vez en cuando, no estamos tan en contacto como vosotras con el mundo de ahora y con los lugares en donde os reunís: la discoteca, el botellón...".

"LA LLAMADA"

Pregúntolle que a trouxo ata aquí. O son das campás, enérxico e perseverante, escóitase nun segundo plano, pero para min adquire unha presenza sobresaínte. Sor María Blanca, acompañada por esta sonoridade eclesiástica, compasou as súas palabras: "He sentido la llamada de Dios igual que tú puedes sentir la llamada al matrimonio. Seguro que tú te planteas la vida del matrimonio, piensas que tu vida será ser madre de familia y tener unos hijos, pero... de golpe y porrazo, te encuentras con esto". Neste momento, na miña cabeza era inevitable non tararear a Leiva. É o que ten a diferenza interxeracional e social entre ela e mais eu. La llamada... pensei que iso só acontecía nas películas. Entón choquei coa realidade. Como é esta chamada? "Es difícil de comprender. No todas la concebimos a la misma edad ni de la misma manera. Para cada una de nosostras, Dios se vale de una cosa".

"El matrimonio, la maternidad...”, siguen resoando en min. É a chamada máis digna que a Igrexa presupón para as mulleres. Mais quizais eu, unha rapaza de 20 anos que está estudando, teña outras moitas chamadas que recibir: a de aprender, a de rematar a carreira e seguir formándome, a de atopar un traballo... Serán infinitas. Cada unha de nós sente sinais moi diversos máis alá do matrimonio e a maternidade, que poden non chegar nunca. No medio desta miña reflexión aturullada, soa o móbil da madre superiora. Era unha chamada de Whats App.

Sor María Blanca no convento de San Paio
Sor María Blanca no convento de San Paio

Continúa a conversa. Sor María Blanca cóntame que chegou a San Paio con 18 anos. “Fue una decisión que no se discierne en un momento, y quieras que no, necesitas un equilibrio psicológico especial. Nunca salimos por evasión y la vida de comunidad te atornilla. Da mucho pero también exige mucho”. Sor María non bota nada en falta da súa vida fóra. Todo o que ela ansiaba por dentro atopouno aquí: “armonía conmigo misma, ser feliz. Me gusta la oración litúrgica, el canto, las celebraciones... y los ratos de soledad. Esta es una vida de familia y sientes que formas parte de un puzzle”. Un puzzle formado só por mulleres que se organizan a si mesmas... Nun primeiro momento veume á cabeza a verba "matriarcado", pero no fondo, están supeditadas á palabra de varios homes. "Se nos invita a organizarnos", así mo explica ela.

“Los hombres siempre serán hombres y las mujeres siempre serán mujeres, así debe ser. Y son iguales, nadie es menos que nadie. La mujer, será porque yo soy mujer, - di riseira - tiene unos valores que a mí me gustan más: la ternura, la entrega, el sacrificio de una madre... es mucho más completa. El hombre tiene menos tacto, es más egoísta, yo creo. Tú no lo ves así?”. A madre superiora tiña algo que me chamaba a atención: interpelábame logo de ela expresarse. Interesáballe o que eu pensara, aínda que fose totalmente oposto á súa maneira de ver a vida.

OS VALORES DA XUVENTUDE

É a quenda da xuventude. Pregúntolle polos valores que ve nela. Sor María Blanca pensa con detemento, e di: “la sinceridad y la generosidad”. “Sois capaces de grandes cosas, pero a veces no las veis. Es una lástima que no os encauceis bien”, coméntame. Entón dígolle que que hai que facer, segundo ela, para encauzarse ben. “Contar con Dios, no lo releguéis de vuestra vida”. Semella que as palabras lle saen do fondo da alma, pero non sei se conseguen entrar na miña.

A Sor María Blanca non lle gusta que todo se faga polo fin do pracer momentáneo. Ve e vive a vida a longo prazo, dedicándose tempo a ela mesma, porque – di - nela comeza o cambio: “Soy consciente de que si tú y yo cambiamos, el mundo comienza a cambiar. Desde aquí podemos mejorarlo orando por gente que no sabe que Dios existe y lo necesita. Estoy segura de que les llega”. Sinto un certo respecto cara a esas fes, inquebrantables e acríticas, que poden nacer dentro dun.

Fálolle tamén da felicidade e gústame a súa maneira de entendela. “No es que no tengas sufrimiento o dificultades. La felicidad es estar donde tienes que estar, en tu sitio, haciendo algo que te realice y que sea lo mejor para ti. La felicidad no es estar siempre en el quinto cielo. Aquí dentro tienes que tomar decisiones que comportan sufrimiento, pero cuando tomas perspectiva, comprendes que te ayudaron a madurar. Es así como verificas que el lugar en donde estás es el correcto”. 

A SEXUALIDADE E A MULLER

A madre superiora coméntame con preocupación que hoxe hai menos vocación e que a comunidade de monxas avellenta porque nacen menos cativas. A Igrexa quizais siga defendendo uns valores que non concordan cos tempos nos que vivimos. Pregúntolle se pensa que quedou atrás en algo. “Quizá evolucionó más lentamente en el tema de la sexualidad. Pero date cuenta de una cosa: el cambio cultural fue brutal en muy poco tiempo. Ahora se lleva esto de vivir en pareja. Si yo me voy con un chico que me dice que lo nuestro no es para siempre, para mí no vale. Lo que le da valor a una relación es lo que dice el sacramento: ‘en las alegrías y en la enfermedad’. A las duras y a las maduras”.

Non podo non pensar en todas esas mulleres que agora mesmo, neste momento, están sufrindo violencia de xénero. Entón exprésolle o meu pensamento e a madre superiora contesta con seriedade: “La mujer siempre sufrió, pero antes pienso que no tanto como ahora. Tengo la sensación de que la gente se respetaba más. La mujer aguantaba mucho y yo no bendigo eso: por qué tiene que ser una mártir toda su vida?”. Neste tempo no que eu estaba facendo a entrevista, a praza 8 de Marzo, a uns cantos pasos do mosteiro, estaba ateigada de mulleres berrando pola súa liberdade unha vez máis.

O libro de referencia de Sor María Blanca é o Evanxeo. Cre que é necesario revisar a xustiza no mundo. “Dios creó la tierra para todos”. Pensa, igualmente, que o diñeiro nos empobrece e nos cerra a mentalidade. “Acumular, tener, el capitalismo... No nos importa jugarnos las vidas de las personas”. Coida que Europa ten que abrirse e Cataluña tamén. “El independentismo no me gusta. Por qué no podemos estar todos unidos? A ti te gusta?”.

A conversa vai rematando e eu pídolle que, se non lle é molestia, me permita facerlle unhas cantas fotos para ilustrar a entrevista. Sor María Blanca, con temperanza bondadosa e próxima, proponme que deixemos a cámara na mesa e que saiamos as dúas retratadas, mais ao final decidimos que fose por un libro e posara lendo, unha das súas maiores afeccións. Revisamos as fotos xuntas e escollemos as que máis lle gustan. Unha delas está sacada en contrapicado e non lle acaba de convencer: “Salgo muy altiva”, acha a dicir. Despedímonos amablemente e asegúrame, logo de explicarme os horarios das misas, que rezaría por min. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 anonimo

Bonito traballo. O problema da nosa sociedade é a proteción ao vicio e o desamparo á virtude. Unha sociedade non ten futuro cando as mulleres non se realizan tendo fillos. Non pasa nada, importaremos estranxeiros pobres que non teñen eses refinamentos, pero debe quedar claro que a nosa cultura vai desaparecer.

1 Gamela

Non sei se a entrevistadora escoitounas cantar na igrexa de San Paio de Antealtares... ás veces era unha delicia entrar e escoitalas, especialmente nos días de chuvia, cando Santiago se volve pedra e semella que non vai sair máis o sol... Aí están elas cantando en latin coma se non pasara o tempo... Hai unha frase que salva a entrevista: Soy consciente de que si tú y yo cambiamos, el mundo comienza a cambiar Ogallá !!!