"Democracia para EH" suma nacionalistas de todos os ámbetos

O TC finalmente fallou a prol dos nacionalistas vascos. Carlos Aymerich, líder do partido galeguista Máis Galiza, súmase ao manifesto crítico coa á ilegalización de Bildu. Texto do manifesto no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 04/05/2011 | Actualizada ás 23:30

Comparte esta noticia

Este mércores 4 de maio presentouse na libraría Couceiro de Santiago de Compostela o manifesto Democracia para Euskal Herria, que denuncia a  “situación de suspensión xeral de dereitos fundamentais e excepcionalidade xurídica” que sofre o País Basco e cuxo último exemplo foi a anulación por parte do Tribunal Supremo das listas electorais da coalición Bildu, formada por dous partidos legais, EA e Alternatiba.

None

Neste acto participaron a xornalista Comba Campoy, a portavoz da iniciativa soberanista Causa Galiza Charo Lopes e a o catedrático emérito da USC, Xosé Manuel Beiras, ex-líder do Bloque. O escrito conta na  con máis de 100 apoios, entre os que se atopan diferentes personalidades dos campos político, sindical e social do noso país. Con todo, son maioría os representantes de organizacións próximas ao nacionalismo galego nas súas diferentes sensibilidades. Destaca a sinatura de Carlos Aymerich, voceiro parlamentar do Bloque e líder de Máis Galiza, partido que representa unha das visións máis moderadas dentro da fronte.

Na presentación desta mañá, a xornalista Comba Campoy definiu este manifesto como “unha iniciativa cidadá xurdida contra un atropelo aos dereitos e liberdades en Euskal Herria”, sinalando ademáis que “na Galiza hai unha masa crítica que considera que isto non pode quedar así”.

Finalmente, Xosé Manuel Beiras declarou ante os medios presentes que a ausencia de Bildu nas urnas o vindeiro 22 de maio fará que estas eleccións sexan “ilexítimas” e sinalou que neste caso “priman os intereses das cúpulas do PP e do PSOE” que contan co obxectivo de “facerse co control das institucións de Euskal Herria”.

O ex portavoz nacional do BNG apuntou que no País Basco “están exercendo a violencia mediante as institucións” e que realmente aos grandes partidos do Estado español “o proceso de pacificación non lles interesa”.

Pola súa banda, Charo Lopes salientou que Democracia para Euskal Herria ten a intención de “explicitar e difundir a reclamación de democracia e de liberdade para o pobo basco a todos os sectores populares galegos”. Lopes sinalou que “as estratexias que hoxe conculcan os dereitos de miles de persoas bascas” tamén se dan na Galiza, sendo algunhas desas fórmulas a “coacción aos movementos populares á hora de loitar contra os intereses da administración española ou de empresas privadas” ou a “criminalización e persecución da militancia soberanista e independentista”.

Velaquí o texto do manifesto:

As cidadás e cidadáns galegos abaixo asinantes, á vista do cesamento do fogo “permanente, xeral e verificábel” que a ETA anunciou no 10 de Xaneiro, achamos que decaeron totalmente as xustificacións que o Estado español viña empregando para perpetuar en Euskal Herria unha situación de suspensión xeral de dereitos fundamentais e excepcionalidade xurídica. Demandamos pois que se restabelezan con carácter universal e de urxencia todos os dereitos individuais e colectivos para todas as persoas en Euskal Herria e manifestamos:

1.- Conscientes do carácter negativo que teñen para a sociedade galega os actuais procesos de recentralización política e económica, desexamos alzar a nosa voz para que todos os pobos exerzan todos os seus dereitos e liberdades sen restricións.

2.- Que achamos inaceptábel a instrumentalización política que o Estado español fai da Xustiza para limitar ou suspender os dereitos e as liberdades democráticas da sociedade basca, como o dereito de reunión, a constituír partidos políticos e a concorrer nos procesos electorais. Na medida en que o Estado español mantiver a súa posición inmobilista no conflito vasco, será cada vez máis evidente a súa obstinada negativa a aceitar o dereito a decidir sobre o seu futuro, libre e democraticamente expresado.

3.- Demandamos ao Estado español a restauración en Euskal Herria de todas as liberdades e dereitos constitucionalmente recoñecidos, isto é, de re unión, manifestación e participación política legal, sen exclusións nin arbitrariedades, así como a adopción de medidas urxentes para restabelecer a seguranza xurídica no ámbito policial e penitenciario, e garantir o respecto dos dereitos humanos dos cidadáns vascos e vascas que foren detidos ou presos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

3 CranioF

Triste que non se sumen a unha petición de desaparición inmediata a ETA, primeiro de todo. Os malos sempre son os que teñen os mortos. Qué noxo. E volve o miserable de Beiras a ornear que aos dous grandes partidos non lles interesa a "pacificación". ¿Queren que PP e PSOE saian do goberno vasco? Pois é ben fácil: ETA disólvese de inmediato, os batasunos xa poden presentarse todos xuntiños cun partido propio e xa está. Como a maioría da poboación vota nacionalista, volven conseguir o goberno. Mira qué fácil. ¿Porqué non o farán así?. ¿Eh Beiras?

1 independentista

Venha totalitário vaite para umha caverna. O GAL que foi e a quem matou o Estado espanhol? Há victimas nos dous lados e um só povo que quer ser livre. Avante esta iniciativa e casposos para a corte (podedes eligir a do rei "campechano" que ganha 9 milhons de euros ou a dos seus amigos nos países árabes, jeques e demáis "defensores de la democracia y de la libertaz" (a das empresas, bancos recuperados, e demáis corruptos) Beiras vaite já do Bloco!

2 CranioF

Totalitario porque odio aos terroristas. "víctimas nos dous lados", mórrete tí, fascista!!.

3 Arenga

Pq se tem que disolver eta para que gente sem delitos nem condenas poda presentar-se a umha eleiçons?? Pois eu quero que desapareçam as organizaçons fascistas espanholas para que poda presentar-se o pp as eleiçons......

4 Arenga

Por certo aqui igoal aprendes algo. http://www.escolar.net/MT/archives/...

5 Roel

Cranio, esta vez falaches ben claro. Só unha pregunta: xa sei que non a vas a analisar nin nada parecido. A Lei de Partidos aplícase ao PP que NUNCA condeou os máis de 50.000 asasinatos do bando franquista nos seus 40anos, incluindo as penas de morte executadas e despois demostrado que foron erros xudiciais? Miserables hai moitos, e de dobre raseiro nin che conto... pero iso de estar coas maiorías é doado de defender, ainda que non sexa moi ético. Nin o entendes nin o entenderás, pero hai que dicilo.

6 opacanido

Parece que o Tribunal Constitucional non ten o Cranio Furado e non acepta as teses do PPsoe. Finalmente Bildu estará nas eleccións municipais en Euskadi e Navarra

7 independentista

Cranio, tu si que eres um nazi. O vosso tribunal constitucional deunos a razom. Ala, insisto, vaite com o teu rei a ver o futebol (do Barça, claro, vos sós nom sabedes fazer nada)

8 desfondacranios

Home que tal, nunca ben apreciado craniof, soio che quixera dicir que non eres totalitario porque odies aos terroristas, sinon porque tí chaval, vas a piñon fijo co da eta. Estás na auga dos ovos con este tema. Non tés remedio. Cambia de tema, home, cambia de tema e procura ser un pouquiño mais productivo...

2 Xoelho

Eu creo que Carlos Aymerich é dos mellores que ten o BNG. Mágoa que teña apoiado ao "Quin", que estragou o que o Beiras dos últimos tempos fixera (levando o BNG ao seu polo momento máximo teito acadado), e ao actual candidato á alcaldía de Vigo, o monicreque de Santi Domínguez. Non me cabe facilmente na cabeza que poida haber "sintonía" entre Carlos Aymerich e o tal Santi, que para desgraza do nacionalismo repite en Vigo.

1 saña

Xoelho, non esquezas que como a Santi, como a Aimerich e como a Beiras, os soberanos militantes do BNG os puxemos onde estan, a si que un pouco mais de respeto pola opinion e vontade dos demais e si non estas de acordo fai un partido a tua medida "democratica"

2 Xoelho

Saña: Claro que non esquezo que tanto Santi como Beiras e todos os demás cargos e candidatos no BNG están aí como consecuencia do voto dos militantes. Tamén é certo que teño dereito a expresar críticas, e non libro en absoluto desas críticas aos militantes que, dunha maneira realmente independente e con criterio propio ou ben manipulados pola UPG (verdadeira creadora e dona do BNG) ou por outros, en calquera caso están a levar o nacionalismo á catástrofe. Son precisamente os militantes os que deberían rebelarse contra esta situación e cambiala. Mentres tano, eu culpo en primeiro lugar a eses ineptos militantes. Santi Domínguez e Quintana son exemplos de dirixentes que están levando o BNG á merda. E, repito, considero a Aymerich infinitamente superior a alguén como Santi Domínguez, que dá vergoña que poida representar á principal forza nacionalista como candidato a alcalde de Vigo. Primeiro que se alfabetice en galego.

3 saña

Pois, "amigo" Xoelho, se non che gusta nada do que os militantes do BNG, e este como alternativa, ofrece a sociedade galega, hai campo de abondo pra montar outro tinglado con os que pensan como ti, e si a vosa practica e politica e a correcta, estarei disposto a cambiar de opinion pero dudo moito de que vos movades, saude e Patria

4 Xoelho

Non poñas "amigo" entre aspas, que o feito de que critique a desfeita do BNG e non queira votar por un nacionalismo reincidente en presentar para alcalde da maior cidade de Galiza esa calamidade de candidato, que non fala galego mellor que calquera pepeiro que só busca acabar co idioma propio, non significa que sexa inimigo do nacionalismo de esquerdas.

1 Galeguista

Outro galeguista máis que apoia unha democracia real no Estado Español