Galicia prepárase para o cambio climático

Tras invernos anormalmente cálidos e veráns cambiantes, a Xunta instalará 12 estacións meteorolóxicas para reforzar a rede de observación oceanometeorolóxica galega e porá en marcha de 13 analizadores de gases contaminantes.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/09/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Galicia quere estar preparada para o cambio climático que xa é unha realidade a nivel mundial. Esta semana o DOG recollía xa a contratación por máis de 300.000 euros da subministración, configuración e instalación de 12 estacións meteorolóxicas para reforzar a rede de observación oceanometeorolóxica galega. Unhas estacións que teñen como obxectivo controlar os cambios metereolóxicos que está sufrindo o país.

Estación metereolóxica. Entre outras funcións realiza medicións para estudar o cambio climático
Estación metereolóxica. Entre outras funcións realiza medicións para estudar o cambio climático | Fonte: meteorologiaenred.com

De feito, diversos metereólogos e investigadores teñen alertado de que Galicia está xa inmersa nun cambio global do seu clima. Outonos anormalmente secos e cálidos como o dos últimos anos, invernos máis fríos e con cambios bruscos de temperatura e veráns cambiantes e con acumulación de numerosas treboadas eléctricas, como o deste ano, din, son os indicios de que as estacións están mudando e de que o cambio climático é unha evidencia segundo os expertos.

Na actualidade a rede de observación meteorolóxica dependente da Consellería de Medio Ambiente está integrada por máis de 150 estacións meteorolóxicas de superficie, por un sistema de detección de raios, un radar meteorolóxico e un equipo receptor de datos do METEOSAT. 

Polo súa banda, a rede de calidade do aire de Galicia, confórmana unha serie de estacións de medida de contaminantes no aire ambiente, deseñadas para garantir que as concentracións dos contaminantes non superen os obxectivos establecidos e informar á poboación sobre a calidade do aire na comunidade autónoma.

Reforzo

 

Raio nunha treboada nocturna de verán
Raio nunha treboada nocturna de verán | Fonte: EP

Este sistema permite prever a ocorrencia de adversos meteorolóxicos, así como realizar un seguimento das variables atmosféricas. Pero os sistemas comezaban a quedar obsoletos. Por iso, a Xunta quere reforza estes sitemas de medición e, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, licitou xa catro actuacións destinadas a mellorar e actualizar a rede de observación meteorolóxica, así como os sistemas de control de calidade do aire e das augas naturais da comunidade autónoma. 

Grazas a estas novas estacións metereolóxicas e a posta en marcha de 13 analizadores de gases contaminantes, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático quere actualizar os seus equipos para prever posibles incidencias climatolóxicas adversas que poden ter importantes efectos na economía de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Laura

Y más que nos tocará prepararnos para el cambio climático si no cambiamos nuestros hábitos :( https://comoeliminare.com/acaros-de...

2 Colapsista

Que bem! Vamos ter o colapso civilizacional melhor documentado da história.

1 Las termitas

Madre mía, regresamos a las lluvias que no nos dejan salir. A mi se me hizo nido de termitas en los muebles por la humedad, terrible. https://erradica.com/termitas/