Galicia rexistrou máis de 1.200 raios en apenas catro horas este sábado

A zona sur e o interior foron as zonas máis afectadas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2018 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou máis de 1.200 raios este sábado en apenas catro horas, entre as 14,00 e as 18,00 horas, situados en especial, cara á zona sur e o interior da comunidade.

Raios en Galicia. METEOGALICIA
Raios en Galicia. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Así o indica a información de Meteogalicia nunha xornada na que estaban previstas tormentas e chuvascos no sur de Galicia, e na que desde as 00,00 até as 18,00 se rexistraron un total de 1.754 raios.

Concretamente, Meteogalicia indica que a maior incidencia deste fenómeno meteorolóxico produciuse entre as catro e as seis da tarde, con 853 raios en Galicia. Entre as dúas e as catro xa se percibiron até 394 en toda a comunidade.

Tormenta
Tormenta
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta