Denuncian a vertedura de augas fecais a un espazo da Rede Natura na ría de Corme

A Asociación Petón do Lobo critica que as augas fecais do núcleo urbano de Neaño, no concello de Cabana de Bergantiños, verten directamente á ría e á beira do paseo marítimo do litoral cabanés.

Por Galicia Confidencial | Cabana de Bergantiños | 20/09/2018 | Actualizada ás 10:56

Comparte esta noticia

A falla de saneamento de boa parte do núcleo urbano de Neaño, no concello cabanés, ten consecuencias directas sobre a ría de Corme –Laxe. É a denuncia que fai a Asociación Petón do Lobo que asegura que isto provoca que haxa verquidos de augas fecais ao litoral.

Augas fecais no núcleo urbano de Neaño, en Cabana de Bergantiños, na ría de Corme e Laxe
Augas fecais no núcleo urbano de Neaño, en Cabana de Bergantiños, na ría de Corme e Laxe | Fonte: Petón do Lobo

Así, critican que unha tubaxe duns 30 cm de diámetro disposta ao longo da cuneta dunha pista, que conduce á primeira liña do litoral, e xusto á beira do paseo marítimo cabanés,  dirixe os residuos fecais de boa parte da poboación cabanesa directamente á Rede Natura e aos bancos marisqueiros da ría de Corme –Laxe. 

“Alí oculta entre os xuncais, á fin da tubaxe amosa os residuos fecais; entre eles, os máis consistentes, son obxecto de disputa das gaivotas que frecuentan o espazo atraídas polo depósito contaminante”, indica a entidade nun comunicado.

Neste sentido, apunta que as verteduras directas á ría de Corme –Laxe, a 600 metros aproximadamente da praia da Urixeira e en dirección á praia do Curro, ao remate do paseo martítimo, afectan directamente á enseada da Ínsua, un espazo natural protexido único e ao esteiro do Anllóns, un lugar moi produtivo en canto ao marisqueo, e con gran biodiversidade e valor paisaxístico.

Ademais o espazo está catalogado como Zona de especial protección para as aves (ZEPA) e forma parte do LIC Costa da Morte, da Rede Natura 2000 Europea.

Imaxe da ría de Corme e Laxe
Imaxe da ría de Corme e Laxe | Fonte: Petón do Lobo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta