Extinguido o incendio forestal de Cualedro tras queimar case 43 hectáreas

Por E.P. | OURENSE | 21/09/2018 | Actualizada ás 09:55

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural dá por extinguido o incendio forestal que afectaba desde a madrugada do mércores ao municipio ourensán de Cualedro, e que calcinou unhas 42,8 hectáreas de monte raso.

Segundo a información da Xunta, o lume iniciouse pasada a medianoite do mércores na parroquia de Montes e quedou extinguido sobre as 21,30 horas do xoves.

Nos labores de extinción deste incendio participaron cinco axentes, 16 brigadas, oito motobombas e unha pa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta