Un falecido en Ferrol, tras unha saída de vía do seu vehículo, que acabou calcinado

Unha persoa resultou falecida tras a saída de vía do vehículo no que viaxaba en Ferrol e que acabou calcinado. Segundo a información facilitada polo servizo de Emerxencias do 112 Galicia, os bombeiros tiveron que excarcerar ao ocupante do vehículo, aínda que xa falecera no punto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2018 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

O 112 tivo coñecemento do sinistro ao redor das 23,00 horas da noite a través das chamadas de varios particulares, que indicaban que había un coche ardendo, con persoas no seu interior, na estrada de Catabois, na rotonda de ligazón coa AG-64.

Enseguida, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, puxéronse os feitos en coñecemento do persoal sanitario, dos Bombeiros da cidade e dos axentes de Tráfico.

Tamén, foron alertados os Bombeiros de Narón, os efectivos de Protección Civil de Ferrol e a Policía Local que nada máis chegar ao momento, confirmaron que a persoa estaba falecida e que eran necesarios os medios de excarceración para a súa liberación.

TRES FERIDOS NA LARACHA

Por outra banda, este luns, ás 07,45 horas, os xestores do 112 recibiron o aviso dun particular que informaba dun choque entre dous turismos que circulaban pola AC-552, ao redor do punto quilométrico 21, en Cabovilaño, no concello coruñés da Laracha.

Ademais, persoal do 061 comunicaba ao 112 Galicia que tres persoas resultaron feridas por mor dun accidente. A partir de aí, desde o CIAE pasouse aviso á Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Carballo e aos efectivos de Protección Civil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta