Atribúenlle ao autor confeso do crime de Diana Quer un intento de secuestro e agresión sexual a outra moza

A xuíza indica que o relato da vítima e das testemuñas que a valeron corrborouse pola identificación sen dúbida do investigado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2018 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

A titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número dous de Ribeira deu por finalizada a investigación do caso contra José Enrique Abuín iniciada en 2017 e conclúe que é sospeitoso dun "delito de agresión sexual en concurso cun delito de detención ilegal", ambos en grao de tentativa. Esta investigación propiciou a detención do autor confeso de Diana Quer e que se atopase o cadáver da moza desaparecida na Pobra.

O autor confeso da morte de Diana Quer, o Chicle, acode ao xulgado.
O autor confeso da morte de Diana Quer, o Chicle, acode ao xulgado.

Nas súas conclusións, segundo informou este martes o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a xuíza sinala que a análise das circunstancias e elementos que rodean o caso conducen ao "sólido indicio de que a finalidade do móbil" de Enrique Abuín "vai máis aló do simple roubo". "Xa que os indicios dirixen cara a unha vontade clara de detención ilegal como instrumento dunha posterior agresión sexual", engade.

A xuíza indica no seu auto que o relato da vítima e das dúas testemuñas que a socorreron cando supostamente o sospeitoso trataba de introducila no maleteiro do seu coche o 25 de decembro de 2017 nunha rúa de Boiro (A Coruña) "viuse corroborado pola identificación, sen xénero de dúbidas, do investigado", así como do seu vehículo.

Ademais, as lesións da vítima en brazos e pernas tamén ratifican as versións dadas. "A finalidade inicial pretendida era deixala ilocalizada e introducila no maleteiro do seu vehículo", sinala a xuíza no seu auto, no que sostén que había unha "clara vontade" de "atentar contra a integridade sexual da vítima".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta