Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/09/2018 | Actualizada ás 15:04
A Mesa pola Normalización Lingüística iniciou unha campaña en redes para combater as mentiras pronunciasa por Toni Cantó —deputado de Ciudadanos— sobre a situación da lingua castelá en Galicia, sobre o que afirmou no Congreso, sen datos oficiais, que este idioma está "desaparecido" no noso país. "Es un hecho que el castellano ha desaparecido de lugares como Cataluña, como Baleares, como la Comunidad Valenciana, como el País Vasco o como Galicia", dixo sen pudor.
A súa afirmación, falsa, sobre a realidade idiomática en Galicia, xerou un terremeto de reaccións, ante as que o deputado de Ciudadanos quixo rectificar parcialmente, xustuficando que só se refería ao ámbito administrativo, tanto no acceso ao emprego público como na educación ou os trámites que os cidadáns deben realizar coa Administración Pública. Cantó mantén, con todo, que hai "imposición" nas comunidades bilingües.
As palabras de Cantó xerararon unha avalancha de reaccións críticas nas redes sociais, onde baixo a etiqueta #QueroGalego ducias de usuarios están reivindicando o uso normalizado da lingua propia de Galicia e criticando os posicionamentos contrarios ás linguas cooficiais non só de Cantó, senón de todo o seu partido, Ciudadanos, e do Partido Popular.
"Móstralle cos teus chíos a @Tonicanto1 e aos deputados e deputadas do @ppdegalicia onde queres galego e non hai co HT #QueroGalego", publicaron desde A Mesa para iniciar a campaña.
Estas son algunhas das mensaxes que se están a publicar:
#QueroGalego @Tonicanto1 Temos dereito a ser atendidos no noso idioma na administración pública. Si xa non vos vota nin cristo en Galiza, agora espero que incluso menos... Sodes noxentos.
— insaion (@insaionalaion) 28 de setembro de 2018
#QueroGalego sempre! pic.twitter.com/zjitWUM6p3
— Muller Vermella (@muller_vermella) 28 de setembro de 2018
#QueroGalego na @uvigo . Em 4 anos de carreira, 60 créditos/anos, 10 matérias/curso, 40 matérias em total e podo contar com os dedos de uma mão as matérias impartidas em galego pic.twitter.com/avXAxMOsOT
— ☭Paulo☭ (@PauloqcGZ) 28 de setembro de 2018
#QueroGalego na prensa escrita diaria, mais non consigo atopalo malia as cuantiosas subvencións que o @ppdegalicia lles dá a algúns medios supostamente para iso. @Tonicanto1 u-lo galego na prensa diaria?
— Susana M Punxín (@susanapunxin) 28 de setembro de 2018
#QueroGalego sen ter que dar explicacións nen pedir desculpas. O mesmo que a Constitución garante a @Tonicanto1 e ao @ppdegalicia pic.twitter.com/JV3JDEV0Ki
— Marcos Maceira Eiras 🎗 (@maceiragz) 28 de setembro de 2018
#QueroGalego na administración, no ensino, nos xogos, entre as crianzas e a xente nova, no cinema, nas apps... @Tonicanto1
— Μαρια (@MariaCandoCr) 28 de setembro de 2018
#QueroGalego nos medios de comunicación que reciben axudas públicas da Xunta para normalización lingüística https://t.co/ncCZnsXBZg
— Olalla Rodil (@orodil) 28 de setembro de 2018
A quen pretenden enganar os do PP? #querogalego en máis ámbitos! Estades matando unha lingua!@ppdegalicia #ToniCanto
— A.D.R.I. (@AdriMiguez) 28 de setembro de 2018
Ten razón @Tonicanto1: en Vigo síntome acurralada e míranme mal cd me atrevo a falar español nos comercios.
— Elsa Quintas Alborés (@elsa_quintas) 28 de setembro de 2018
Ao meu redor tod@s falando galego: as crianzas xogando nas prazas, os novos moceando entre si en galego, os vellos a botar a partida nos bares. Insoportável! #Querogalego pic.twitter.com/4bNVenVJsg
@anapastorjulian @MartaGlezVzqz @MLorenzo2018 @anadebande @Miguel_Viso @RojoNogueira @tomasfole @Quin1954 @jaimedeolano @TristanaMg @CelsoDelgadoOU #QueroGalego na administración Pública pic.twitter.com/2m1cmhDSMV
— Sara Seco ϟ (@SaraSecoRial) 28 de setembro de 2018
@amesanl @Tonicanto1 #QueroGalego en todas as materias do ensino
— Lucía Barreiro (@LuciaBarreiro91) 28 de setembro de 2018
Na reunión de país polo inicio do novo curso no IES Monelos da Coruña falouse en castelán #QueroGalego no ensino en Galicia https://t.co/wC7F0Gw4cW
— Juan Bonome Rodal (@Jbonome) 28 de setembro de 2018
A OBSESIÓN DE CIUDADANOS CONTRA A LINGUA GALEGA
"Esta iniciativa de Ciudadanos contra a pluralidade lingüística, e contra a lingua galega en particular, non é nova", lembra A Mesa. No Concello de Ferrol este partido xa quixo derrogar a Ordenanza de normalización Lingüística.
"Baixo o argumento falaz da obrigatoriedade pretende prohibir a utilización da lingua propia na administración. O avanzado neste dereito foi unha conquista da sociedade galega que se mobilizará ante calquera retroceso. Esta política agresiva no Estado contra as linguas propias é máis propia do século XIX que do XXI", defende A Mesa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.