Estás a favor de que España e Portugal se unan nunha confederación ibérica?

Unha enquisa sinala que case a metade dos españois estarían a prol da unión de ambos os países.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/09/2018 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

A metade dos españois terían o mesmo soño que o premio Nobel de literatura José Saramago, a creación dun país novo chamado Iberia que resultaría da unión de España e Portugal. Segundo os resultados do último ElectoPanel realizado polo portal especializado Electomanía, a metade dos españois estarían a favor da unión ibérica cos nosos veciños.

ElectoPanel realizado polo portal especializado Electomanía.
ElectoPanel realizado polo portal especializado Electomanía.

Os datos indican que "hai unha clara maioría de españois favorables a que os lazos que nos unen con Portugal se fagan máis estreitos", aseguran os autores da enquisa.

A metade dos cidadáns de España mesmo estaría a favor de constituír directamente unha confederación ibérica, mentres que outra cuarta parte dos españois, aínda que prefire que se manteña a separación entre Estados, cre que España e Portugal deben ter unha relación especial de maior vinculación que a que existe actualmente.

Só un 11% dos consultados cre que se debe manter o estatus actual, sen cambios.

"Non se aprezan diferenzas significativas nestas opinións cando comparamos os resultados das distintas comunidades autónomas nin cando nos fixamos na posición ideolóxica ou a simpatía por uns partidos políticos ou outros", engaden os autores da enquisa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 outromais

Primeiro que _España se confedere con Cataluña, galiza e Euskadi, cando sexa asi e mostren respeito polas suas linguas, culturas e xentes e recoñezan o dereito a irse se asi o quixer a inmensa maioria da povoacion, pois tal vez, pero como os protugueses saben que iso é unha utopia, non queren saber nada, de feito xa tiveron que botar tres veces aos castellanos, aultima en 1680

2 Francisco Santos

A imensa maioria dos portugueses não quer qualquer relação "íntima" com a Espanha. Nem com a Espanha borbónica, nem com uma republicana nem qualquer federação ou confederação hispânica ou espanhola. A "Península" é pouco mais que uma concidência de localização geográfica nas relações entre Portugal e o Estado Espanhol. Para nós é positivo que os espanhois esquecem constantemente Portugal.

1 José

Nin de coña, pero toleastes? se fose Galicia e Portugal aínda, pero España Cañí..? a ver se encontrades algún portugués a favor....

1 Rios

Saramago, nada menos.

2 José

Saramago non vale, ou vas ir buscalo á pataqueira?